Este xoves o Teatro Principal, ás 20:30 horas, acollerá a terceira edición da Festa das Palabras na que se entregaran os premios do III concurso de micropoemas e microrrelatos.
A Festa das Palabras é a única actividade que organizan e na que participan conxuntamente todos os centros educativos da Estrada. Trátase dunha actividade organizada polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega, de cada un dos centros, que teñen como finalizade a dinamización do uso da nosa lingua, e o aumento das actitudes positivas cara a mesma, a través da organización de actividades diversas de xeito transversal e integrador entre os diferentes elementos que compoñen a comunidade educativa. Esta é unha mostra. En realidade este proxecto abrangue un abano máis amplo de persoas dentro do profesorado, alumnado e familias, e tamén se achega a outras institucións como o Concello, neste caso.
Estamos falando dunha actividade ambiciosa, coa que se pretende unha forte incidencia, dentro e fóra dos centros educativos e que xira arredor da dinamización da nosa lingua. Valoramos moi positivamente que esta suma de esforzos trate de incidir na mellora da consideración social do galego, e mesmo, no aumento do seu uso cotián nos ámbitos educativos e fóra deles tamén.
Celebrar por terceiro ano consecutivo a Festa das Palabras é, por si mesmo, un éxito. Conseguir achegar ao alumnado de todas as idades e de todos os centros á creación literaria en galego, é un éxito aínda maior. Comprobar ano tras ano a calidade, mérito e creatividade dos nosos rapaces e rapazas é unha enorme satisfacción. Promover que ese esforzo creativo se realice na nosa lingua, é case unha obriga.
Desde esta edición o conxunto de Equipos de Dinamización Lingüística da Estrada, que organizan este e outros eventos conxuntos, adoptaron a o nome de DINAMIZAESTRADA, no que se conxuga o aspecto dinamizador do idioma a través da organización de Sigue leyendo











































