Labores, antigüídades e artesanía, danse cita no Recinto Feiral Estradense

13177087_1057789857647547_8760330040344757920_n• Onte, ás dez da mañan,o recinto feiral estradense abría as suas portas ao público cunha nova edición da Feria de Labores, Antigüidades e Artesanía.

• Para a xornada de hoxe, o número de Asociacións e Agrupacións participantes no encontro de palilleiras, supera a vintena. Mais dun centenar e medio de palilleiras de toda Galicia, daranse cita no recinto feiral.

• A doble mostra, presenta un total de cincuenta firmas expositoras directas.

• Na xornada vespertina do domingo procederáse ao sorteo de lotes promocionais entre as participantes ao encontro de palilleiras. Acto seguido, terá lugar un desfile de tocados por xentileza da firma local “El Taller de Tus Labores”.

• Malla, frivolité, pasamanería ou bordado ao aer, fiado tradicional e autoestima, serán os obradoiros que se impartirán dentro do recinto feiral.

O recinto feiral estradense, abría na xornada do sábado a súa tradicional 5ª Feira de Labores conxuntamente coa 50ª Feira de Antigüidades e Artesanía. Si ben a xornada da mañan foi relaxada, a maior afluencia de visitantes tivo lugar á media tarde.

Os visitantes poden recrearse cunha mostra doble, na que participan medio centenar de Sigue leyendo →

Publicado en Portada | Deja un comentario

Xosé Magariños esixe ao alcalde explicacións convincentes do que está a pasar coa Variante

Magariños no plenoEste novo contratempo demostra o nulo interese que ten a administración central en executar esta obra importante para A Estrada

O concelleiro do BNG, Xosé Magariños, pregúntase se “o castro de Aguións apareceu onte ou xa estaba alí cando proxectaron a Variante, porque non se entende este novo despropósito, un de tantos, que persegue a esta ansiada infraestrutura”.

“Este novo obstáculo”, explicou Magariños, “demostra o pouco interese que ten a administración central en facer a Variante, definindo un traxecto ao lado de elementos arquitectónicos que están á vista de todo o mundo, sen prever que iso sería un problema para a aprobación do e execución do proxecto”. “Claro que tamén pode ser que haxa meigas que van de noite a mover os marcos do castro de Aguións para poñer atrancos a esta infraestrutura”, engadiu o concelleiro do BNG.

O concelleiro nacionalista pide explicacións ao alcalde que “terá que da explicacións convincentes do que está a pasar coa Variante, porque hai un ano, en plena campaña Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

A Estrada programa preto de 30 actividades culturais, gastronómicas e deportivas para a XLIII Festa do Salmón

Presentación da XLIII Festa do SalmónA pregoeira será a catedrática de Historia Moderna na USC Ofelia Rey Castelao e os Salmóns de Ouro recibiranos o Club Bádminton A Estrada e Tequexetéldere

A Ruta-Degustación de Tapas de Salmón arranca mañá en cinco dos 26 establecementos da hostalaría participantes e cada tapa custará 1,5 euros

Os coutos de Ximonde, Santeles e Sinde acollerán esta fin de semana o XL Concurso Internacional de Pesca do Salmón, no que competirán 48 pescadores

O Concello da Estrada presentou este mediodía en rolda de prensa a programación da XLIII Festa do Salmón, que comprende preto dunha trintena de actividades gastronómicas, deportivas e culturais e que arranca mañá cunha Ruta-Degustación de Tapas de Salmón na que participan un total de 26 establecementos do sector da hostalaría e a restauración.

O concelleiro de Cultura estradense, Juan Constenla, salientou que «a Festa do Salmón, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia en 2013, ademais dun dos grandes atractivos turísticos da Estrada, é un dos principais eventos gastronómicos de Galicia tras 43 edicións». Tamén puxo de manifesto «o triple enfoque da programación de actividades, Sigue leyendo →

Publicado en Festas, Portada | Deja un comentario

O Ceip de Figueiroa acaba de ser seleccionado, xunto a outros 19 centros públicos de ensino non universitario de Galicia e integrados no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares

O Ceip de Figueiroa acaba de ser seleccionado, xunto a outros 19 centros públicos de ensino non universitario de Galicia e integrados no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares para desenvolver o proxecto piloto ESCORNABOTS NA BIBLIOTECA ESCOLAR que ten como obxectivo a introdución de robots e da linguaxe de programación.

Con data 8 de abril de 2016 a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos fixo pública unha convocatoria dirixida a estimular a iniciación do alumnado de infantil e primaria no campo da robótica e na linguaxe de programación a través de actividades manipulativas e outras, programadas desde a biblioteca escolar, mediante a utilización de pequenos robots, os escornabots, deseñados dentro dun proxecto de Hardware Libre, cunha evolución aberta á comunidade. Búscase, tamén, ampliar as linguaxes presentes na biblioteca, promover a expresión oral, a alfabetización múltiple, a aprendizaxe manipulativa, o xogo, a investigación e o traballo colaborativo de profesorado e alumnado.

O Ceip de Figueiroa volta a ser un centro de referencia na aplicación das novas tecnoloxías Sigue leyendo →

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

O BNG en contra da fusión Cerdedo e Cotobade

reunio-fusion-1 BNGO pasado xoves vimos de reunirnos os compañeiros e compañeiras do BNG das comarcas de Pontevedra e da Estrada co fin de manter unha xuntanza de traballo na que avaliar o proceso fusión de Cerdedo-Cotobade aberto polos dous alcaldes do Partido Popular.

Este proceso de Fusión non aborda o conxunto dos problemas cos hoxe conta a poboación do rural galego e menos aínda os veciños e veciñas dos concellos de Cerdedo e Cotobade.

Ambos os dous concellos caracterízanse por ter unha poboación moi envelledida e cun cremente vexetarivo negativo, por ter un importante déficit de servizos públicos e unha capacidade económica endeble e, finalmente, por contar cun importante número de persoas desempregadas.

Pero a solución aos problemas demográficos, de desemprego ou de despoboamento é de carácter nacional e non local. Está nas mans naquelas administracións que teñen Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Os socialistas denuncian deficiente mantemento das rúas do casco urbano

POR LA IZQUIERDA, LUIS RENDO, JOSE ANOTNIO DONO Y MANUEL FERNANDEZ CERDEIRA, DURANTE LA RUEDA DE PRENSAZonas de aparcamento restrinxido no que non se ve a delimitación, pasos de peóns practicamente borrados e semáforos que non funcionan. 

Non se teñen realizado as modificacións na zona de aparcamento restrinxido aprobadas en outubro na Rúa San Antón. 

Actualmente a imaxe de coidado que proxecta o casco urbano resulta francamente mellorable. Dende o grupo socialista demandamos que o grupo de goberno non perda máis tempo e de inmediato proceda a realizar as tarefas de mantemento necesarias para o coidado das rúas do casco urbano.

“Zonas de aparcamento restrinxido onde non se ve a delimitación, pasos de peóns practicamente borrados e semáforos que non funcionan, bancos deteriorados e mobiliario urbano desconchado. Esta realidade causa malestar entre os estradenses e proxecta unha imaxe inxusta da nosa vila. O Concello debe efectuar de inmediato as tarefas requiridas para repoñer a sinalización horizontal e vertical situadas nas distintas rúas. Trátase de tarefas que non supoñen grandes inversións, só preocupación política polo pobo estradense e capacidade de xestión do día a día. Parece que o alcalde José López segue sen querer rebaixarse a atender as necesidades do día a día dos estradenses”       Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Este domingo terá lugar o festival de teatro escolar no Principal

_MG_3366Este domingo o Teatro Principal ás 11 horas acollerá o IV Festival de Teatro Escolar de A Estrada e, na parroquia de Ouzande, tamén realizarán un roteiro poético musical que partirá dende a Igrexa ás 12:45 horas.

Todos os detalles no vídeo de presentación do evento que vos deixamos a continuación.

Publicado en Cultura, Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario