Dende o Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural da Estrada informamos que está aberto o prazo para inscribirse no procedemento de acreditación e recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia profesional ou de vías non formais de formación. Hai prazas en unidades de competencia das seguintes cualificacións profesionais:
- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
- Servizos para o control de pragas
- Xestión de servizos para o control de organismos nocivos
- Socorrismo en espazos acuáticos naturais
- Socorrismo en instalacións acuáticas
- Extinción de incendios e salvamento
- Confección e mantemento de artes e aparello
- Aproveitamentos forestais
- Tanatopraxia
- Administración e xestión
- Agraria
- Edificación e obra civil
- Electricidade e electrónica
- Fabricación mecánica
- Hostalaría e Turismo
- Imaxe persoal
- Industrias alimentarias
- Informática e comunicacións
- Instalación e mantemento
- Madeira, moble e cortiza
- Química
- Sanidade
- Servizos socioculturais e á comunidade
- Transporte e mantemento de vehículos
Para facilitar a inscrición nestes procedementos a Fundación Cultural habilitará a aula da Sigue leyendo

O estadio Manuel Anxo Cortizo de Lalín acollerá hoxe unha das citas máis importantes da tempada para o fútbol gaélico galego. Os catro mellores equipos de Galicia enfrentanse nunha dobre final da Copa AGFG. Irmandinhos e Estrela Vermelha xogarán a final na categoría masculina, mentras que Fillas de Breogán e Irmandinhas disputaran o partido femenino. Dende Irmandinhos agardamos un día especial no que poder levantar as duas copas.






































