O Braithreachas A Estrada dorme líder a espera do que faga mañá Artabros de Oleiros

Irmandinhos-BraithreachasO 1° partido da 2° volta da liga galega de futbol gaélico non podía comezar de mellor xeito para ós da Estrada. O Braithreachas A Estrada gañou no Manuel Regueiro ó Dorna da Illa de Arousa por un tanteo de (0-11)-(0-6).

Esta victoria è moi importante para ós estradense posto que o Dorna iba lider e na 1° volta gañaran pola mínima nun partido con varios lesionados da Estrada.

Os tanto para ós da Estrada marcaronos, Iago López(1); Brito(1); Villar(4); Carlos(3); Novas(2).

Agardando o que faga mañán Artabros de Oleiros no campo da universidades de Ourense fronte o Auriense F.G, Braithrechas A Estrada è líder virtual da 2° División da liga galega de fútbol Gaèlico.

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

Sexta función de Xamón Xamón este domingo ás 19:00 horas no Principal

_MG_9635A compañía dos Tirinautas realizará unha sexta función este domingo no Teatro Principal de A Estrada, despois de esgotar o aforo do teatro nas cinco funcións que realizaron nunha semana.

Hoxe será o turno dos veciños e veciñas de Cerdedo que poderán disfrutar da representación de Xamón Xamón no Centro Cultural ás 20:00 horas. Ao igual que o domingo na Estrada, as billeteiras do teatro abrirán unha hora antes da función.

O domingo ás 19:00 horas risas aseguradas no Teatro Principal de A Estrada.

E ti vas quedar na casa?

Publicado en Cultura, Humor, Portada | Deja un comentario

O Braithreachas comeza esta tarde a segunda volta cun partido solidario

gaelicoEsta fin de semana comeza a segunda volta da 2ª Division da liga galega de fútbol gaélico na Estrada. O Braithreachas A Estrada enfrontanse ó Dorna da Illa de Arousa no campo Manuel Regueiro o Sábado 30 as 19:30h.

A escadra estradense afronta este encontro con ánimo de revancha posto que o partido da 1ª volta perderono pola mínima despois da lesión de Brito, que estaba a ser un xogador moi importante para os Braithreachas, que ata o
momento da lesión estaban a controlar o partido.

O terceiro tempo celebrárase a partir das 21:30h. no Meson A Vila de A Estrada e estades todos convidados.

Clasificacion 2ª DivisionDe igual xeito como xa ven sendo habitual na familia Irmandinha, unha vez máis, có ánimo de axudar á loita contra esa lacra que é o cancro. Neste caso é axudar a un amigo dun xogador do clube, os estradenses doaran o recadado na cantina e unha doazón do equipo para o crowfunding de Mike Mullan o link para colaborar adxunto a continuación.

https://www.gofundme.com/rjkwg8sk?rcid=46c9700012f4400c8fd81cd33c826e90%3Fpc%3Dm_d_ty

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

Os socialistas consideran o borrador dos orzamentos "raquiticos" e pouco transparentes


Dono PSOE 221015PSOE considera que o borrador dos orzamentos reflexa a dobre cara do goberno municipal. Predican redución de gastos mentres propoñen executar en 2016 un orzamento que incrementa os gastos en compra de bens correntes, subministros e servizos en 514.048 €.

Amosan que o Concello recaudará máis dos seus veciños, un incremento de 325.000 €, dos que 220.000 € procederán directamente dun incremento na recadación do IBI (un 65,5 % do incremento). Pero este incremento de ingresos non se traduce en mais servizos aos veciños nin en inversións reais que den resposta ás necesidades dos estradenses. En 2016, o presuposto de gastos en programas de servizos públicos básicos redúcese en 267.872 euros.

Son uns orzamentos menos transparentes incluso que os de 2015. Nos distintos programas redúcense partidas con obxecto definido e increméntanse as partidas destinadas a outros subministros e a outros gastos diversos. “Partidas xenéricas que se converten en caixóns desastre nas que o goberno do alcalde José López agocha os gastos”. Non só iso, increméntanse subvencións nominativas concedidas a dedo a entidades que antes debían competir en condicións de igualdade para obter axudas.

Son uns orzamentos raquíticos en canto a inversións que solucionen os problemas que os Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

O campo do Callobre CF xa conta con novos vestiarios

IMG_9271O pasado sábado o rexedor, José López e o edil de deportes, Ismael Pena, inauguraron os novos vestiarios do campo do Callobre CF acompañados da Escola de fútbol base estradense, que dende o ano pasado unifica a canteira do Callobre e do Sporting Estrada en categorías benxamín e prebenxamín.

A tempada que ven a Escola de Fútbol base estradense fusionará máis categorías dos dous equipos locais.

 

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

López trasládalle a Tourís a necesidade dun novo obradoiro para finalizar a Casa da Música

_MG_9241O pasado venres Cores Tourís visitou acompañado do alcalde as obras da futura Casa da Música onde López lle trasladou a necesidade dun novo obradoiro de emprego, o que sería o sexto consecutivo, para finalizar o acondicionamento das futuras dependencias do conservatorio.

Nesta primeira fase o obradoiro de emprego preparou varias aulas na primeira planta do edificio, nunha próxima fase, que dende o concello esperan poder realizar nos vindeiros 6 meses con outro obradoiro, proxectan arranxar a planta baixa onde ensaia a banda, as dependencias de protección civil despois do traslado do grupo ao Centro Comarcal e a praza, eliminando o peche que ten agora e acondicionándoa con elementos relacionados coa música.

Publicado en Emprego e Formación, Música, Portada | Deja un comentario

Hoxe o X3 Padel Club comeza a liga Rías Baixas

IMG_4727O X3 Padel Club – A Estrada participa por primeira vez na Liga Rías Baixas da Federación Galega de Padel

Hoxe dará comezo a Liga Rías Baixas 2016 organizada pola Federación Galega de Padel e na que por primeira vez participará na 3ª Categoría Masculina o X3 Padel Club – A Estrada.

Esta liga ten unha duración de 4 meses finalizando a mesma o 29 do mes de Maio. Xogase en grupos de oito equipos e en cada xornada dispútanse 5 partidos. O equipo que gane 3 dos partidos disputados acada un punto para esa xornada. O finalizala competición de liga os dous primeiros clasificados de cada grupo xogará un play-off a doble volta.

Un dos obxectivos do X3 Padel Club era o da creación de un equipo para participar en competicións oficiais, polo tanto, ca inscrición na Liga Rias Baixas do noso primeiro equipo damos por cumprido dito obxectivo. Contamos con un grupo de xogadores do pobo federados que neste primeiro ano de participación tratarán de ascender de categoría, para o próximo ano poder contar con dous equipos, un en segunda categoría e outro en terceira.

Esta primeira tempada a disputa dos encontros como local levaranse a cabo nas instalación do Club Condesa Sport de Caldas de Reis, a espera de poder facelo na Estrada Sigue leyendo →

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario