LOUZAO APLAUDE A PROTECCIÓN QUE SUPÓN A DECLARACIÓN DESABUCEDO COMO BEN DE INTERESE CULTURAL INMATERIAL

 O alcalde da Estrada sinala que esta distinción é unha garantía para a
preservación da tradición, as bestas e o entorno no que viven estes
animais.
 O rexedor sinala que a consideración de BIC é un aval “para que esta
festa siga existindo tal e como nola transmitiron os nosos devanceiros”.

O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao Dono, quixo hoxe
aplaudir e agradecer publicamente que o Consello da Xunta aprobara a declaración da
Rapa das Bestas de Sabucedo como Ben de Interese Cultural (BIC) de carácter inmaterial.
O rexedor puxo o acento na importancia que este recoñecemento ten en termos de
“preservación” e protección, “para que esta festa siga existindo tal e como nola
transmitiron os nosos devanceiros”, apuntou o rexedor.
Louzao Dono remarcou que o feito de que a Xunta de Galicia culminase o expediente,
iniciado en 2024, para declarar BIC a Rapa das Bestas comporta unha “máxima
protección” institucional “para as bestas, para a tradición en si e para o entorno no que
viven este animais”.
“Temos que celebrar este acordo e, como alcalde, quero agradecerlle á administración
autonómica que atendera á singularidade da nosa Festa de Interese Turístico
Internacional”, continuou o xefe do executivo local. “O que se nos entregou a nós temos
que preservalo para as xeracións futuras”, sinalou o alcalde, que considerou que esta
catalogación como BIC constitúe, neste senso, “a máxima garantía”.
“Estamos ante unha manifestación cultural que nace no rural e traspasa todas as
fronteiras”, continuou o mandatario, que lembrou que a chegada do BIC para Sabucedo
se produce ás portas de que arranque a presente edición da Rapa das Bestas.
“Celebraremos como se merece esta Rapa co pobo de Sabucedo e con todos os veciños
e visitantes que se acheguen a gozar da nosa tradición”, sinalou.
Gonzalo Louzao apuntou tamén que, aínda que a declaración da Rapa das Bestas como
BIC é algo que se leva anos perseguindo, esta iniciativa atopou o impulso e implicación

da Asociación Rapa das Bestas e do propio Concello da Estrada, vendo en 2024 un pulo
decidido a esta tramitación.

Publicado en Portada | Deja un comentario

SAN PAIO 2025 GRÁFICA

Publicado en Portada | Deja un comentario

A ESTRADA INCREMENTA O PERÍODO DE INSTALACIÓN DAS TERRAZASDA HOSTALERÍA AO ABRIGO DA ÚLTIMA BONIFICACIÓN APROBADA

 Moitas das terrazas solicitadas amplían aos meses de novembro ou
decembro a solicitude do correspondente permiso municipal por
ocupación de vía pública.
 Nestes momentos son 253 as mesas que os hostaleiros estradenses teñen
na rúa.
 O Concello agarda que o fomento do “terraceo” leve a que os
establecementos conserven as súas terrazas de xaneiro a decembro.

 

Ao abrigo da bonificación aprobada meses atrás, o
Concello da Estrada puido comprobar xa un incremento do período no que os
hostaleiros solicitan a ocupación da vía pública coas mesas, cadeiras e outros elementos
que compoñen as súas terrazas. Con máis de 40 instalacións que contan coa
correspondente autorización municipal, boa parte das solicitudes presentadas dende o
pasado mes de maio ampliaron a súa permanencia ata novembro ou decembro.
O Concello da Estrada deu, o pasado mes de marzo, un paso decidido para fomentar o
mantemento das terrazas da hostalería ao longo de todo o ano. O pleno municipal
aprobou unha bonificación que se introduciu na ordenanza municipal encargada de
regular a ocupación da vía pública por parte deste mobiliario, concretamente unha
redución do 30% na taxa para os establecementos que manteñan a súa terraza operativa
durante seis ou máis meses.
O executivo que encabeza Gonzalo Louzao quixo con esta proposta avanzar no proceso
de regularización iniciado en materia de funcionamento das terrazas no casco urbano.
Dende o goberno advertiuse esta necesidade despois de que a actividade hostaleira nas
vías públicas se vise notablemente incrementada a raíz da crise sanitaria do coronavirus,
chegando practicamente a duplicarse este tipo de instalacións en poucos meses.
Nestes intres, en plena campaña estival, son un total de 253 as mesas que a hostalería
sacou á rúa na capital estradense, asociándose a cada unha delas una media de catro
cadeiras.

A intención do goberno local ao impulsar a citada bonificación foi fomentar que as
instalacións se prolonguen o máximo posible no tempo, beneficiando esta redución aos
hostaleiros que as manteñan máis meses abertas. A pretensión do goberno é que o
“terraceo” se estenda, de cara ao ano que vén (coa bonificación xa dispoñible para os 12
meses), de xaneiro a decembro.
Cambios apreciables
En todo caso, a ampliación do período de vixencia das terrazas xa se nota neste 2025,
tendo en conta que o máis habitual era que este equipamento a pé de rúa se retirase, na
maior parte dos casos, co fin de tempada estival, cara o remate do mes de setembro. De
feito, ata o de agora, o período de ocupación máis solicitado pola hostalería local viña
sendo de maio a setembro.
Cómpre sinalar que a bonificación do 30% aprobada polo pleno municipal non ten en
conta o número de elementos que se manteñan na rúa en cada terraza, senón os meses
que esta permanece a disposición dos usuarios.
En materia de taxas, cada local hostaleiro paga en función da rúa na que se atopa
instalada a súa terraza, distinguíndose a Zona A Especial (coincide cos espazos peonís),
zona A (rúas máis céntricas) e Zona B (periferia).
Identificación
Por outra banda, despois das últimas modificacións introducidas no regulamento das
terrazas da hostalería, o Concello promoveu a instalación dun cartel identificativo para
cada terraza instalada no casco urbano, un elemento que busca favorecer o control por
parte dos axentes da Policía Local. Esta documentación ten que estar colocada nun lugar
visible do establecemento e inclúe datos como a configuración da terraza ou os meses
para os que esta consta coa correspondente autorización municipal.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O CONCELLO DA ESTRADA EXECUTA UN PLAN DE MELLORA NAILUMINACIÓN DA PRAZA DA INMACULADA E DO SEU ENTORNO

 As luminarias ornamentais xa están sendo instaladas, dotadas con
sistemas LED para mellorar a eficiencia enerxética.
 Os cambios chegan tamén á zona residencial, tanto a máis próxima á
igrexa como a ambas marxes da rúa que limita coa urbanización de
chalés

O Concello da Estrada está executando cambios na
iluminación da Praza da Inmaculada e o seu entorno, unha actuación que pretende
renovar os deteriorados puntos de luz existentes neste enclave urbano e atender as
peticións da cidadanía para que a zona teña unha maior intensidade lumínica.
O alcalde, Gonzalo Louzao, explicou que a medida afectará a todas as luminarias
existentes nesta céntrica praza, protagonizada polo templo parroquial de San Paio.
Algunhas delas xa foron substituídas e a medida continuará polos puntos de luz
ancorados na zona de vivendas máis próxima á igrexa, así como a ambas marxes da rúa
que limita coa urbanización de vivendas unifamiliares que arranca no cruce coa Rúa
Catro Camiños.
O rexedor sinalou que se buscaron farois que harmonicen coa contorna na que se
instalan e co patrimonio existente nel. Estes puntos de iluminación estarán dotados con
bombillas led para mellorar, asemade, a eficiencia enerxética.
Recoñeceu o alcalde que os farois anteriores presentaban un avanzado estado de
deterioro e sinalou que os cambios que xa se efectuaron tiveron pronta resposta entre
os veciños, que xa tiveron ocasión de trasladar ao Concello a mellora que apreciaron
estes días na iluminación da Praza da Inmaculada e do seu entorno



Publicado en Portada | Deja un comentario

Visita de escolares do CEIP Ortigueira de Vedra á Estrada, da man do escritor Xosé Luna. Fixeron un roteiro poético pola «Estrada da vida» do autor. Foron recibidos no Concello polo alcalde, Gonzalo Louzao, cunha exposición da obra e premios do escritor na Sala de Xuntas.

Visita de escolares do CEIP Ortigueira de Vedra á Estrada, da man do escritor Xosé Luna. Fixeron un roteiro poético pola «Estrada da vida» do autor. Foron recibidos no Concello polo alcalde, Gonzalo Louzao, cunha exposición da obra e premios do escritor na Sala de Xuntas.

Publicado en Portada | Deja un comentario

BNG denuncia que cada día hai máis lixo tirado nas marxes do punto limpo e o matadoiro

Xoán Reices: «Mentres a escasos 2 ou 3 quilómetro do centro da vila amoréase o lixo sen control, o alcalde gastará 128.000 en zonas axardinadas e un photocall»

O goberno do PP vén de anunciar a adxudicación para reformar sete zonas axardinadas e un photocall na Alameda. Esta adxudicación suporán para as arcas públicas un desembolso de 128.000 euros. Sen embargo, para o concelleiro do BNG, Xoán Reices, supón unha nova mostra de que a «este goberno vive das políticas para a galería deixando de lado cuestións máis importantes para os veciños e veciñas», afirma.

Segundo explicou o concelleiro nacionalista, «mentres o concello vai gastar 128.000 euros en poñer bonito determinadas zonas da vila para que o alcalde poida sacarse selfies, a escasos 2 quilómetros do centro, ao lado do punto limpo amoréase o lixo, cousa que xa denunciamos no mes de abril». «Que fixo o goberno do PP a este respecto?», pregúntanse Xoán Reices, «nada en absoluto; é máis o lixo foi a máis e segue amoreándose nas marxes do punto limpo e do antigo matadoiro, unha infraestrutura, que, por outra parte, foi pasto de roubos e saqueo, convertida hoxe nu espazo baleiro, de aires post-apocalípticos».

«Pois isto acontece a escaso 2 ou 3 quilómetros do centro da vila», afirma Reices, «certo que non se ve, está alí perdido no medio do monte, só o ven os veciños e veciñas que vaian ao punto limpo ou os que vivan en Ferreiros, xa no concello de Cuntis».

O concelleiro do BNG instou novamente ao alcalde a limpar a zona das marxes dos punto limpo, «non só por cuestións medioambientais, senón porque é unha vergonza ter ese espazo nesas condicións, dando unha pésima imaxe do noso concello; iso si, non lucirá tanto como o photocall, pero desde logo sairá máis económico para as arcas públicas».

Publicado en Portada | Deja un comentario

O CONCELLO INICIA O PROCEDEMENTO PARA REHABILITAR DÚASANTIGAS VIVENDAS ESCOLARES DE CORA PARA EMERXENCIA SOCIAL

• Contarán cun orzamento de 85.600 euros, cos que se actuará nos dous
inmobles do piso superior desta escola rural.
• A administración local elabora un regulamento que ordene os usos deste
recurso puntual e temporal.
• A pretensión do goberno é que poidan estar dispoñibles cara finais de
ano.

O Concello da Estrada acaba de emprender o
procedemento para a contratación das obras previstas no proxecto de rehabilitación e
equipamento de dúas vivendas situadas na casa escola da parroquia de Cora, ao obxecto
de destinalas a emerxencia social. O goberno que encabeza Gonzalo Louzao deu esta
semana luz verde para lanzar a licitación duns traballos que terán un prazo de execución
de seis meses.
Esta actuación ten asociado un investimento de 85.680 euros, dos que arredor de 72.000
serán aportados a través dunha axuda da Dirección Xeral de Inclusión Social,
dependente da Consellería de Política Social e Igualdade. O executivo local advertiu a
oportunidade de aproveitar as axudas que a Xunta de Galicia, a través do referido
departamento, concede para a rehabilitación ou equipamento de edificacións en
vivendas dos concellos que poidan ser destinadas á atención de persoas sen fogar para o
período 2024-2025, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia,
financiado pola Unión Europea.
Neste intre, as vivendas situadas na planta alta da antiga casa escola de Cora atópanse
en mal estado, sendo preciso o acondicionamento interior, a substitución das ventás e o
equipamento dos espazos existentes para a súa utilización como recurso residencial.
Regulamento
Á vez que avanza no procedemento para o inicio das obras, o departamento municipal
de Benestar Social, coordinado pola edil Amalia Goldar, traballa tamén na confección
dun regulamento de emerxencia social, destinado a regular os usos para inmobles como
os que agora se rehabilitarán na parroquia de Cora.
A concelleira precisou hoxe que o que se persegue no marco deste regulamento é
clarificar que este é, en todo caso, un recurso de carácter puntual. As vivendas de Cora
servirían, pois, para axudar a persoas a dispor dun teito nun momento no que precisan
unha solución residencial por estaren atravesando unha situación de emerxencia social.
“É importante que todo o mundo saiba que é un recurso temporal, cunha duración
definida sempre cos correspondentes informes técnicos”, sinalou Goldar.
As previsións que baralla o goberno pasan por que estas vivendas poidan poñerse en
funcionamento para emerxencia social cara finais de ano, momento para o que se
agarda o remate das obras e o equipamento dos inmobles, ademais de teren listo o
regulamento de usos.
As obras
O proxecto de obras configurado dende o Concello da Estrada contempla a retirada das
deterioradas instalacións existentes, caso das carpintarías ou os equipamentos actuais.
Demoleranse alicatados e solados e instalaranse outros novos nos baños e cociñas,
xunto coa pavimentación, en plaqueta cerámica, para toda a superficie das vivendas.
Farase un saneado de paramentos e teitos interiores mediante lixado, imprimación e
pintado. Substituiranse as carpintarías exteriores e dotarase ao inmoble de nova
instalación eléctrica e de fontanería.
Xa no tocante ao equipamento, instalaranse mobles de cociña nas dúas vivendas, cos
seus correspondentes electrodomésticos. Ou dous inmobles contarán cunha mesa e
catro cadeiras, así como armarios en dormitorios. Instalaranse en ambas estufa de
pellets de 12 Kw

Publicado en Portada | Deja un comentario