A Sala de Exposicións de Abanca acolle unha exposición de Arte con pedras e vidros da praia

Cartel  exposición A Estrada 2015

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

Área de Santiago realiza unha ruta de pesca sen morte para promocionar o turismo nos nosos ríos

rio02Este venres e sábado, Área de Santiago, está a organizar unha viaxe por distintos tramos dos ríos Ulla e Tambre para a súa promoción turística.

Na ruta participan xornalistas, pescadores deportivos e turoperadores que poderán practicar a pesca de troita e salmón na modalidade sen morte.

Durante a viaxe tamén presentarán unha guía informativa sobre pesca fluvial en Galicia que se poderá consultar en www.areasantiago.es/pesca-fluvial en galego, español ou inglés. Este texto actualizarase anualmente ao comezo da tempada de pesca.

Publicado en Portada, Turismo | Deja un comentario

O PSOE denuncia que o goberno municipal usa os vehículos de protección civil para que empresas amigas os usen nas obras que teñen contratadas

Liripio xuño 15Suplementar o pago a unha empresa contratada por unha vía que sexa unha modificación do contrato realizado vulnera a lei 

Os socialistas da Estrada pedirán explicacións ao alcalde José López e ao responsable da coordinación do grupo de  protección civil e emerxencias sobre o servizo que o camión nodriza municipal de transporte de auga e efectivos do grupo de emerxencias realizou o pasado martes día 2 na parroquia de Liripio.

“Segundo o veciños da zona o vehículo municipal trasladouse ao fío do medio día a esta parroquia co obxectivo de levar auga a unha empresa contratada polo concello para realizar o mantemento de viais municipais. O Alcalde e o responsable de protección civil terán que explicar se isto é certo, e de ser así por que temos que pagar os veciños cos nosos impostos este servizo realizado polo grupo de emerxencias do Concello se só beneficia á empresa privada de Lalín que recibiu preto de medio millón de euros do Concello por realizar o mantemento de viais municipais?”, comentou a socialista Louzao.

Os socialistas lembraron que este tipo de actuación por parte do goberno municipal Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Xosé López prioriza obter un compromiso firme da Xunta para autovía no novo mandato

09Xosé López, alcalde en funcións, espera que tras a aprobación da entrada de A Estrada na área metropolitana de transporte público de Santiago, se poida firmar o convenio o próximo mes de Xullo entrando así xa en vigor o que suporá un aforro do 50% aos usuarios deste transporte público.

López destacou entre as prioridades do seu novo goberno acadar un compromiso real e firme por parte da Xunta de Galicia con A Estrada para a licitación da autovía, coa posibilidade de realizala en varios tramos.

O rexedor tamén quixo poñer en valor a obra da Casa das Letras que foi realizada polo «segundo obradoiro de emprego consecutivo que consigueu este goberno», destaca, dando así solución a un problema de máis de 15 anos, dándolle á biblioteca un espazo propio.

En canto as críticas que está suscitando esta nova instalación López cre que son críticas puntuais que poden acontecer con calquer novo servizo, pero tamén está seguro «que a xente comprende que a posta en marcha dunha infraestructura como esa require un periodo de adaptación».

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Este domingo o CEIP do Foxo organiza unha nova edición da Festa dos Pereiriños

IMG_9412Este domingo terá lugar a XIX Festa dos Pereiriños na Carballeira da Pousada de Curantes, así no lo presentaron a directora do colexio do Foxo, Rosa Ferreira, acompañada da edil de Educación, Amalia Goldar e de Rocía Carbón, da ANPA Alecrín.

Programa de actos:

11:30 horas: Bombas de palenque, actuación da Agrupación Folklórica Abrente, inauguración de exposicións e xogos tradicionais organizados pola ANPA Alecrín.

13:00 horas: Presentación dos libros «Un xuízo oral (bilingüe) nunha vila galega no outono de 1942» e «Dúas versións da Cantiga CIII de Afonso X O Sabio» (Edicións Fervenza) de Xesús Alonso Montero.

13:15 horas: Pregón a cargo do Presidente da Real Academia Galego Xesús Alonso Montero Sigue leyendo →

Publicado en Educación e Sociedade, Festas, Portada | Deja un comentario

A Estrada Futsal presenta a incorporación dun novo porteiro

IMG_3024Esta semana A Estrada Futsal presentou a súa última incorporación, Hugo Mosteiro, un xoven porteiro de 22 anos nado en Meis.

Hugo procede do Cuntis FS e ven a cubrir a baixa de Maricho.

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

El pasado domingo Xana Gómez y Antía Paz compitieron en el Campeonato Gallego de atletismo

gallegojuvEste pasado domingo se disputó en A Coruña el Campeonato Gallego en edad juvenil, por parte del equipo estradense las atletas que consiguieron las marcas mínimas para participar fueron Xana Gómez en los 100 y 200 ml y Antía Paz en los 200 ml.

Durante la mañana se dió la salida a los 100 ml, Xana corrió la serie/semifinal de las más rápidas disputadas, lo que le sirvió para marcarse un crono de 13.75 segundos; tiempo que equivale a su mejor marca personal hasta la fecha, aunque dicho logro no sirvió para firmar su clasificación para la final.

En la jornada de tarde se corrieron los 200 ml, una jornada de tarde «accidentada» al estropearse el cronómetro digital y tener que los jueces realizar cronometraje manual en las pruebas. Corrieron tanto Xana como Antía en la misma serie con unos tiempos de 28.7 xanay 29.9 segundos respectivamente; esos 29.9 segundos son hasta la fecha el mejor crono
conseguido por la juvenil Paz. A pesar de un gran esfuerzo en esta calurosa jornada, no consiguió ninguna de las dos clasificarse para la final de los 200; aún así el resultado es positivo por parte de todos.

El próximo sábado día 13, en Ferrol, será el campeonato gallego individual en pista en edad benjamín, alevín e infantil; esperamos durante estos días el listado de la Federación Gallega de Atletismo con los atletas del club clasificados.

El domingo día 14, en O Barco, será el turno de los veteranos.

Atletismo A Estrada

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario