O Concello firma un convenio coa Asociación Galega co Pobo Saharaui

IMG-20150609-WA0001No día de hoxe asinouse o convenio entre o Concello da Estrada e a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. O Concello colabora con esta entidade cunha subvención nominativa de 10.000€.

A Asociación realiza todos os anos o proxecto «Vacaciones en Paz» para que nenos do Sáhara pasen o período estival en Galicia.

Concellería de Benestar Social e Igualdade, Emprego e Educación.

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

Abierto el plazo de inscripción para los campamentos urbanos de Cáritas

20150605_125044Al igual que en  campañas anteriores, Cáritas Parroquial A Estrada, desde  su área de Educación, Ocio y Tiempo Libre, va a desenvolver, a fin de potenciar las posibilidades lúdicas y promocionales de la infancia,  el CAMPAMENTO URBANO ALFAR 2015 subvencionado por la Diputación de Pontevedra.

Se convierte así el CAMPAMENTO ALFAR en la iniciativa más veterana (20 años), en materia de atención a la  infancia, organizada por Cáritas A Estrada y centrada en la dinamización de los tiempos de ocio y disfrute de los más jóvenes. Sus contenidos, por otra parte ya tradicionales, alternarán la práctica de talleres novedosos de animación infantil (lectura, papiroflexia, manualidades, entre otros), numerosos juegos y dinámicas cooperativas (juegos cooperativos, juegos de agua, juegos tradicionales, etc) y para terminar una pequeña fiesta, que tendrá lugar el último día del campamento, día 30/07/2015, en la que entre cosas, habrá chocolate con churros para los niños y los padres que quieran compartirlo..

La iniciativa está dirigida a la población infantil del concello estradense, preferentemente a niños y niñas de 4 hasta 14 años, y tiene previsto desenvolverse en la PlAZA DE LA IGLESIA desde el 2 hasta el 30 de Julio, en régimen semanal de Lunes, Martes y Jueves  en horario de mañana. Animamos a todos los padres para que inscriban a sus hijos. (10.30 hasta 12.30 h).

Para inscribirse, pasar por Cáritas Parroquial de lunes a viernes en horario de 10:30 a 12:30 h en la Rúa San Paio, 22.

Cáritas Parroquial de A Estrada

Publicado en Asociacións, Portada | Deja un comentario

O 26 terá lugar a IV Nocturna Estradense

IV NOCTURNAO Concello da Estrada, en colaboración co Club Deportivo Sanpaio, organizan o vindeiro Venres día 26 de Xuño a IV Carreira Nocturna Concello da Estrada; a proba terá un percorrido nun circuito urbano polas rúas da estrada e será carreira puntuable para o III Circuito “Corre A Estrada Corre” en todas a s categorías. A proba será nocturna, dándolle un maior atractivo, e celebrarase dentro do programa das festas patronais de San Paio 2015. Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que colaborarán no control da carreira.

PARTICIPACIÓN E CATEGORÍAS:

 Poderán participar na proba todas as persoas co desexen, sexan ou non federadas, sen distinción de nacionalidade ou sexo, sempre e cando estén debidamente inscritos, tanto no tempo coma na forma dende a web de www.emesports.es

ESTABLÉCENSE AS SEGUINTES CATEGORÍAS:

 PITUFO Atletas nados en 2010 e posteriores

 PRE-BENXAMÍN: Atletas nados/as nos anos 2008 e 2009.

 BENXAMÍN: Atletas nados/as nos anos 2006 e 2007.

 ALEVÍN: Atletas nados/as nos anos 2004 e 2005.

 INFANTIL: Atletas nados/as nos anos 2002 e 2003.

 CADETE: Atletas nados/as nos anos 2000 e 2001.

 XUVENIL: Atletas nados/as nos anos 1998 e 1999.

 JUNIOR: Atletas nados/as nos anos 1996 e 1997. Sigue leyendo →

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

Este domingo ímos andar por Guimarei

rutas primavera 2015 guimarei webA Fervenza de Ouzande organiza para este domingo unha nova ruta do seu programa «Imos Andar Primavera 2015»

PERCORRIDO: 10,5 quilómetros, partindo de Ouzande, percorreremos carreiros cara a veciña parroquia de Guimarei. Regresaremos atravesando tamén a parroquia da Somoza

MATERIAL: levar roupa cómoda (chándal, botas de montaña…) e ter en conta a predición meteorolóxica.

SAÍDA: 10:00 (Igrexa de Ouzande)

REGRESO: 13:30h (Igrexa de Ouzande)

A actividade é gratuita. A inscrición farase no momento da saída, polo que se prega puntualidade.

*LUGARES DE INTERESE*: no noso percorrido habémonos atopar cos seguintes puntos de interese:

*Igrexas:* Igrexa románica de Ouzande e cruceiros e igrexa de Guimarei. Curiosamente ambas foron aparecen en diversos debuxos de Castelao. Sigue leyendo →

Publicado en Asociacións, Deportes, Portada | Deja un comentario

Este fin de semana A Estrada acollerá probas de Homologación da IRO para cans de rescate

579125_4375109467893_1670593391_nLos días 5, 6 y 7 de junio el Grupo de Perros de Rescate de Protección Civil de A Estrada organiza unas Pruebas de Homologación de la IRO en A Estrada y en la que participan binomios de Tenerife, País Vasco, La Rioja y Asturias. Desde el GCR se presentarán tres guías con cinco perros.

Estos binomios se presentarán tanto a los exámenes de grandes áreas como de escombros, la jueza encargada de realizar los testajes será Resi Gerrittsen de nacionalidad Holandesa y con una amplia experiencia en el mundo del perro de rescate.

El GCR ya organizó en dos ocasiones pruebas de la IRO y tiene en la actualidad 10 homologaciones de esta Organización. También participó en dos ediciones del Campeonato del mundo de Rescate organizados en 2013 en Holanda y 2014 en Eslovenia donde, en este último, lograron quedar en el puesto número 12.

El objetivo de estos exámenes es poner a prueba nuestros binomios para así constatar la efectividad ante un caso real. La IRO es el organismo más importante a nivel mundial que realiza estos exámenes, siendo obligatorio en la mayor parte de los países el poseer estos certificados para que los equipos puedan realizar operativos reales. En definitiva, garantizar la efectividad de los binomios ante una situación real.

Grupo de Cans de Rescate

Publicado en Asociacións, Portada | Deja un comentario

Os socialistas piden novas liñas de apoio para os bancos de libros dos colexios locais

06Solicitan á concelleira en funcións Amalia Goldar a convocatoria dunha reunión coas ANPAS para abrir liñas de colaboración municipal coas ANPAS 

Ao igual que fixeron no ano 2013 e 2014 dende o grupo municipal socialista solicitaron a Amalia Goldar, concelleira en funcións, a apertura de liñas de colaboración coas ANPAS dos colexios locais na xestión e posta en marcha dos bancos de libros.

“Co presente curso escolar a piques de rematar e ante a aparición da orde de educación que sacou a Xunta o pasado 22 de maio pola que se introducen cambios nos sistemas de bancos de libros e novas obrigas para as ANPAS, reiteramos un ano máis a necesidade de abrir liñas de colaboración do Concello coas ANPAS en materia de banco de libros”, comentou a portavoz socialista Belén Louzao.

Na mañá de hoxe a portavoz socialista solicitou á concelleira en funcións Sra. Goldar a convocatoria dunha reunión coas ANPAS locais. “Agardamos o cumprimento do compromiso de convocatoria da reunión solicitada á maior brevidade”, manifestou Louzao. “Levamos varios anos reclamando que o Concello colabore na posta en marchar e funcionamento dos bancos de libros organizados polos pais e nais, pero agora, coa introdución da orde emitida pola Xunta respecto ao que o PP chama bancos de libros solidarios, esta colaboración é incluso máis necesaria. Coa nova política da Xunta as obrigas das ANPAS medran, e aparece a figura dos alumnos que quedan no limbo ao non estar garantida a existencia de libros para todos. Hai que facer un estudo de necesidades por curso e abrir novas liñas de colaboración e apoio ás familias” Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

O BNG considera que "para a Consellaría de Medio Ambiente a desfeita provocada polo concello da Estrada na praia fluvial de Barcala axústase ao proxecto"

BNG Barcala2«Non somos todos iguais perante a lei, porque se esta desfeita a provocara un veciño caería sobre el todo o peso da lei, pero como a perpetrou un concello gobernado polo PP, todo se lle permite, mentres a consellaría de medio ambiente mira para outro lado»

O BNG da Estrada deu a coñecer hoxe a resposta da Consellaría de Medio Ambiente a respecto da pregunta rexistrada polo deputado nacionalista, Daniel Rodas, no Parlamento Galego, a respecto da desfeita da praia fluvial de Barcala. A pregunta rexistrouse logo da visita do deputado o BNG á parroquia de Barcala o pasado mes de marzo para coñecer de primeira man os danos provocados polas obras de «mellora» do carreiro natural da praia fluvial de Barcala no río Ulla.

O concelleiro do BNG, Xosé Magariños, dixo sentirse “sorprendido e abraiado pola resposta dada pola consellaría, xa que se ve que non visitaron a zona da desfeita provocada polas melloras do carreiro natural da praia fluvial de Barcala”. “Se os técnicos da consellaría visitaran o lugar dos feitos, unha zona protexida pola Rede Natura 2000, non dirían que as obras se axustan ao previsto no proxecto”, engadiu Magariños, “senón que sería motivo da apertura dun expediente sancionador ao concello da Estrada polos
irreversíbeis danos ecolóxicos provocados na zona”. Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario