O mércores 24 terá lugar unha nova edición da Festa da Bicicleta

festa da bicicleta

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

A Escola Municipal de Artes Escénicas prepara o seu Fin de Curso

img_1516A Escola Municipal de Artes Escénicas ten programadas tres representacións para estrear nos vindeiros días como colofón ao curso 2014/2015. Todas as pezas, nas que os alumnos dos distintos grupos mostrarán os coñecementos adquiridos durante o ano, serán gratuítas ata cubrir aforo.

LUNS 22, 20.30h

Grupos Infantís EMAE Os dous grupos infantís únense para poñer en escena 101 DÁLMATAS. Un divertido musical interpretado por vintecinco nenos de entre seis e dez anos que terá lugar o vindeiro luns día 22 ás 20.30h. Colabora nas coreografías a Escola de Baile Sondodance a través das súas profesoras Irene Gago e Carla Díaz.

XOVES 25, 20.00h

Grupo Xuvenil 2 EMAE En plenas festas de San Paio, tomarán o relevo, os 18 alumnos do Grupo Xuvenil 2 para poñer en escena ás 20.00h o musical de GREASE. O clásico, Sigue leyendo →

Publicado en Cultura, Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

Bikestrada participou en tres grandes rutas este fin de semana

Ruta Lagos de CovadongaO pasado fin de semana foi un fin de semana moi axetreado para os membros do clube ciclista Bikestrada e para os amantes do deporte da bicicleta en xeral xa que tres importantes rutas ocuparon a axenda daqueles que disfrutan coa bicicleta tanto na estrada coma na montaña.

O sábado día 6 , cinco membros do clube desprazáronse ata a comunidade veciña de Asturias para participar nunha fermosa e dura ruta por estrada, a Clasica dos Lagos de Covadonga. Unha ruta de 110 kilometros tan dura como fermosa que reuneu a máis de Gran Ruta Celta2500 participantes e que sae dende Cangas de Onis para rematar, despois dunha dura subida, nos coñecidos Lagos de Covadonga.

Este mesmo día, Manuel Casuso, un membro do clube participou na Gran Ruta Celta conseguindo un gran segundo posto na súa categoría. Esta ruta de bicicleta de montaña parte da Praza do Obradoiro en Santiago de Compostela e remata no mesmo sitio despois de percorrer nada menos que 180 kilómetros de montaña por terras compostelanas.

Ruta BttintoE xa para rematar, o domingo dia 7 celebrouse a xa coñecida ruta de montaña Bttinto que percorre o Monte Castrove nos Concellos de Ribadumia, Meis e Meaño. Un total de once membros do clube Bikestrada achegáronse a disfrutar desta gran ruta que este ano reuneu a máis de 3000 participantes.

Clube ciclista Bikestrada

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

Atletismo A Estrada consegue 5 medallas no campionato galego en idade escolar

martín_efi_rodrigoSábado en las pistas de atletismo de A Malata, en Ferrol, se celebró el último campeonato gallego en pista de esta temporada para los atletas en edad escolar.

Y cinco nuevas medallas han sido las cosechadas por el Atletismo A Estrada esta vez, cinco nuevas promesas que se unen a un completo éxito deportivo el de esta temporada 2014/15 por parte de todos.

Laura Carracedo en los 1.000 ml alevín con 3:32.71, Semahegn Alonso en los 500 ml alevín con 1:26.83, Rodrigo Sanjurjo en el lanzamiento de peso 2kg alevín con 10,30 metros fueron las platas logradas; platas a las que se unieron los bronces de Efi Prieto en los 150 ml infantil con 21.02 segundos y Martín Ruibal en el lanzamiento de peso 2kg alevín con 9,13 metros.

Una pena los 4tos puestos de Sonia Rivadulla en 60 y 500 ml o de Carolina Rivadulla en los 3.000 ml que pudieron aumentar el «cajón de regalos» del club.

semahegn lauraDisputaron, defendieron y lucharon también por los colores del equipo: Antía Prieto y Medhanit Penas en los 1.000 ml infantil, novena y décimo segunda respectivamente; mientras que Sergio Prieto y Hugo Baloira lo hicieron en los 2.000 ml alevín, sexto y décimo. Compitió también Rodrigo Sanjurjo en el lanzamiento de pelota alevín y Efi Prieto en los 80 ml infantil, ambos finalizaron como 5tos en tales pruebas.

Un campeonato de casi doce horas en el que se vio reflejado el trabajo de todo un año de esfuerzo y cariño.

Atletismo A Estrada

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

O grupo municipal socialista de A Estrada dá o seu total apoio a que a AXEGA veña para A Estrada

psoe 10Dono defende a deputada socialista, Carmen Acuña, polas preguntas realizadas sobre a AXEGA polas que o alcalde de A Estrada, Xosé López, mostraba o seu enfado ao entender que cuestionaba o traslado do 061 á vila. Xosé Antonio considera que o único que fixo a deputada foi preguntas que teñen lugar pola preocupación duns traballadores que descoñecen o seu futuro.

Falando de responsabilidades e categoría política, as que López facía alusión pola intervención da deputada socialista, Dono respondelle que «ten dous concelleiros no seu grupo que debería pedirlle que se foran de xeito inmediato porque esos sí que non teñen categoría política»

O Secretario Xeral Socialista recomendalle ao alcalde que se enfade polas empresas que están sen cobrar polas obras da AXEGA e por poñer en marcha o centro «dunha vez».

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

A Estrada xa ten aire de festa

comision WEB 4Esta semana a comisión de festas de A Estrada presentou o programa para as festas de San Paio que terá lugar dende o 23 ao 28 de Xuño.

Ademáis dos folletos que xa se están repartindo coa programación a comisión promete máis sorpresas durante os 6 días de festa.

As festas comezarán o 23 de Xuño cun pregón a cargo de Cándido Pazos e posterior fugonazo de apertura.

Nesta edición tamén se recuperaran os xogos populares que se facían hai anos durante estas datas e que van dirixidos a todos os públicos.

 

comision WEB 2Como todos os anos o luns será o día do neno coas atraccións a metade de prezo, atraccións que se verán incrementadas respecto a anos anteriores ante o atractivo das festas. Por este motivo, ocuparan a rúa 25 de Xullo a maiores da feira, polo que esta rúa pecharáse ao tráfico durante as festas.

O programa actual complétase cunha feira de artesanía na Praza do Mercado dende o 26 ata o 28.

10446677_708932855903005_2511882439998536092_n 11402827_708932852569672_3334945964341635496_o

Publicado en Festas, Portada | Deja un comentario

A Festa da Sidra en imaxes

Deixámosvos aquí unha pequena galería do que foi a festa da sidra da pasada fin de semana.

Publicado en Empresas e Comercio, Portada | Deja un comentario