Primeira Edición do concurso de Bandas Noveles
José López lamenta a "covardía política" de José Antonio Dono por "fuxir dun debate televisado"
«As cadeiras baleiras de Dono e Mar Blanco no debate de Nós TV amosan que non están á altura do que demandan os estradenses», apunta o candidato popular
«Éncheselle a boca falando de transparencia e rexeneración, pero á hora de dar a cara buscan escusas peregrinas e de mal pagador», engade
José López salienta que «a valentía política amósase participando en debates e non insultando, nun dos seus excesos de chispa, a máis de 1.200 persoas»
O candidato do Partido Popular á reelección como alcalde da Estrada, José López Campos, lamenta publicamente a «covardía política» do candidato socialista, José Antonio Dono, e da candidata de Móvete, Mar Blanco, por «fuxir dun debate televisado» para confrontar as súas ideas e o seu proxecto político coa totalidade dos candidatos á Alcaldía estradense.
José López considera que «a imaxe das cadeiras baleiras deixadas na noite de onte por Dono e Mar Blanco no debate de Nós TV amosa que non están á altura do que demandan os estradenses, que quedaron con gañas de ver debatir ao representante do principal grupo da oposición». «Éncheselle a boca falando de transparencia e rexeneración da política, pero á hora de dar a cara buscan escusas peregrinas e de malos pagadores», engade.
Ao respecto, o candidato popular lembra que José Antonio Dono hai oito anos si Sigue leyendo
Magariños: “sobre a Variante aos veciños e veciñas da Estrada só lles vale o que sae anunciado no BOE
López insinúa no debate de NósTV que a Ministra mentiu nun documento oficial remitido ao BNG para facer un anuncio electoral na Estrada
O BNG-Asembleas Abertas da Estrada continuou hoxe martes cos actos públicos polas parroquias da Estrada. Logo do acto de onte en Arca, hoxe Xosé Magariños e Susana Camba, reuníronse cos veciños e veciñas de Curantes.
Neste acto o candidato á alcaldía de BNG-Asembleas Abertas censurou o anuncio da ministra de fomento, Ana Pastor, sobre a Variante da Estrada. “Hai unha semana recibimos contestación do Goberno Central dicindo que non había unha data concreta para licitar a Variante”, explicou Magariños, “e ven agora a Ministra a dicir que antes de final de ano estaría licitada, pois aos veciños e veciñas da Estrada este tipo de anuncios xa os vimos moitas veces e xa non nos valen as promesas do PP, o que nos vale é o que sae publicado no BOE, e a día de hoxe non hai nada de nada sobre esta infraestrutura tan necesaria como reiteradamente anunciada”. Sigue leyendo
López reuníuse cos representantes dos clubes deportivos
O pasado sábado o candidato á alcaldía polo PP de A Estrada reuníuse, no entorno ao novo campo de fútbol, con representantes dos clubes deportivos para presentarlles o seu programa en materia de deportes para os vindeiros catro anos.
Xosé Magariños reúnese cos principais comités de empresa da Estrada
O candidato nacionalista comparte a preocupación dos traballadores e traballadoras pola instalación dun novo centro comercial na Estrada
A candidatura de BNG-Asembleas Abertas mantivo na mañá de hoxe un encontro cos principais comités de empresa da Estrada. O candidato á alcaldía, Xosé Magariños, explicou que “o goberno do BNG-Asembleas Abertas será moi escrupuloso co cumprimento da lexislación laboral e cos dereitos laborais, ningunha empresa que viole estes principios básicos contratarán co concello”.
O candidato nacionalista insistiu na idea de que “a creación de emprego será a súa prioridade como alcalde, que se queremos que o concello saia dos estancamento económico no que leva inmerso décadas, temos que crear solo industrial público, para poñer solo barato a disposición dos empresarios, pero o que non faremos será resolverlle os problemas económicos aos que especularon co solo industrial pensando que ían facer o agosto”, explicou Magariños en alusión á pretensión do alcalde de comprar o polígono
industrial privado de Toedo.
Neste sentido, expresou o candidato do BNG-Asembleas Abertas, “neste momento as empresas teñen serios problemas para a ampliación das súas instalacións, o que está Sigue leyendo
El club Koryo consigue un segundo puesto femenino y un tercero en masculino en la X Copa Internacional da Coruña
El Día 16-05-2015 en A Coruña se celebro la X Copa Internacional da Coruña. Nuestro club presentó un total de 6 deportistas en categoría Infantil y Cadete.
Estos deportistas fueron:
Infantil Masculino:
-31 Kg Alejo Mogo Gano el primer combate y perdió en cuartos de Final.
-34 Kg Pedro Devesa se retiró en primera ronda tras recibir un golpe en una pierna que le impidió continuar.
-37 Fabio Blanco perdió en primera rondo era su primer campeonato.
Infantil Femenino:
-43 Kg Antia Vega 2ª Clasificada ganó 3 combates y solo perdió la final con la representante portuguesa. Hay que destacar que este era su segundo campeonato.
Cadete Masculino: Sigue leyendo






































