Dono reuníuse este fin de semana con representantes de asociacións e as ANPAS estradenses

01O sábado o candidato José Antonio Dono presentou os seu proxecto de dinamización da vida cultural das parroquias e os seus compromisos en materia de colaboración coas asociacións da Estrada.

«É necesario deixar de gastar en actividades e esporádicas e articular un autentico programa cultural. Non vale con cubrir expediente de actos, hai que optimizar os recursos e traballar en rede coas entidades. Consello local da Cultura, programas deseñados en colaboración con asociacións e bonos para que as familias poidan participar das actividades en condicións de igualdade», propuxo o candidato socialista á alcaldía.

Xa pola tarde, José Antonio Dono reuniuse con representantes das ANPAS dos colexios da Estrada para falar de educación. «É necesario plantexar un estudo sobre a adecuada zonificación dos colexios par evitar a desaparición de calquera dos nosos centros de ensino, con este obxectivo comprometo o meu total apoio aos colexios e ás familias. Ademais é necesario aproveitar o potencial dos centros docentes e das súas instalacións para permitir conciliar a vida familiar e laboral, facilitando atención aos nenos e nenas
fóra do horario lectivo», manifestou José Antonio Dono. Sigue leyendo →

Publicado en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada | Deja un comentario

O BNG-Asembleas Abertas saca á rúa as súas propostas en materia lingüística

DSC01331Magariños: “A primeira medida que tomarei en materia lingüística será cambiar todos os sinais de tráfico que deturpan os nosos topónimos”

O BNG-Asembleas Abertas da Estrada sacou á rúa as súas propostas en materia de lingua cunha exposición fotográfica onde ilustraba as súas principais reivindicacións.

O candidato á alcaldía, Xosé Magariños, explicou que “as administracións públicas teñen a obriga de utilizar o noso idioma en todas as súas publicacións, sinais, etc, porén, vemos que na Estrada non só incumpre esta obriga, senón que vemos como os sinais de tráfico están deturpados, sen que o concello faga nada para cambialo ou para obrigar á administración correspondente a que o corrixa”.

“A Estrada necesita unha volta”, afirmou Magariños, “tamén en materia lingüística.” “O noso concello ten que se caracterizar pola defensa do noso idioma”, engadiu, “e pola promoción da lingua en todos os eidos, desde os sinais de tráfico até a relación cos veciños e veciñas, así como nas publicacións do concello”. Sigue leyendo →

Publicado en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada | Deja un comentario

Ana Pastor e Rafael Louzán acompañarán esta noite a José López no mitin central da campaña do PP

IMG_9616 O candidato popular á Alcaldía participa dende hoxe ata o domingo pola noite en cinco actos electorais

O Partido Popular da Estrada celebrará esta noite o seu mitin central desta campaña electoral a partires das 21.00 horas no anexo ao pavillón Manuel Coto Ferreiro.

O candidato á Alcaldía, José López, estará acompañado polo presidente provincial do PP e presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán; pola ministra de Fomento, Ana Pastor; e polo presidente provincial de Novas Xeracións, o estradense Pablo Carollo, que será o encargado de abrir o mitin.

Xunto con este mitin central, José López participará dende hoxe ata o domingo noutros catro actos electorais, ademais de presidir o domingo pola mañá como alcalde da Estrada os actos institucionais da Festa do Salmón e do Día das Letras Galegas.

Deixámosvos aquí imaxes da presentación da súa candidatura que non puidemos subir antes.

Sábado 16 Sigue leyendo →

Publicado en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada | Deja un comentario

A Estrada Pode presenta o seu programa electoral

podeeeEsta semana A Estrada Pode explicou o seu programa electoral por medio da súa candidata á alcaldía, Ofelia Lema, acompañada de Maria Teresa Puente, Orlando Villamayor e Maria del Carmen Vieites, compañeiros de candidatura.

O programa completo pode descargarse de aquí Programa AEPode.

Publicado en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada | Deja un comentario

Chegou o fin de semana grande de A Estrada coa Festa do Salmón

programa.cdr

Publicado en Cultura, Festas, Portada | Deja un comentario

Esta noite o candidato socialista José Antonio Dono presentará os seus compromisos para a vindeira lexislatura no Colexio do Souto de Vea

img_2006Como seguro xa sabedes hoxe ás 21.00 o candidato socialista José Antonio Dono presentará os seus compromisos para a vindeira lexislatura no Colexio do Souto de Vea ante os veciños das parroquias de zona de Vea. Intervirán no acto José Antonio Duro, candidato nº 11 e veciño de San Xurxo e Ana Asorey, candidata nº 6 e veciñas de Santa Cristina.

No acto de hoxe José Antonio Dono continuará presentando máis iniciativas para os veciños e veciñas, entendidos como prioridade de goberno, neste caso destinadas aos maiores e medidas de apoio ao emprego.

15.05.15 traballadores - emprego 15.05.15 benestar-maiores

Mañá sábado 16, ás 12.30 h reunión sectorial con representantes de asociacións. Ás 21.00h mitin no Colexio do Foxo.

Domingo 17, ás 21.00 mintin no Colexio de Oca.

PSOE de A Estrada

Publicado en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada | Deja un comentario

O PP valora a compra da ampliación privada do polígono de Toedo para "ter solo industrial en 2016"

03 O candidato á Alcaldía destaca a Axega como «dinamizador da economía local» porque «será unha das principais ´empresas´ da Estrada por número de traballadores»

 «A mellor forma de axudar ao comercio é mellorando a situación económica, fixando poboación, atraendo empresas, humanizando as rúas e colaborando nas actividades da ACOE», afirma López

O candidato do PP á Alcaldía da Estrada, José López, fixo público hoxe no encontro sectorial mantido na sede da ACE con empresarios e comerciantes que, no marco do compromiso de dispor de solo industrial público para atraer empresas á Estrada, estase a valorar por parte do goberno do PP a posibilidade de adquirir a ampliación privada promovida por Sansinaes para «pór solo industrial a disposición dos empresarios e emprendedores xa no ano 2016».

José López explicou que «grazas á vixencia do PXOM o Concello da Estrada ten reservado 1,18 millóns de metros cadrados de superficie para uso industrial» e salientou que, se volve contar co apoio maioritario dos estradenses, a creación de solo empresarial público será «unha das prioridades do vindeiro mandato». Nembargantes, recoñeceu que a complexidade da tramitación administrativa dun parque empresarial, xunto coas xestións para conseguir o financiamento necesario por parte doutras Administracións, levará practicamente catro anos. Sigue leyendo →

Publicado en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada | Deja un comentario