O BNG comezou a campaña en Guimarei

02Xa na mañá do domingo o BNG realizou o primeiro mitin da campaña no local de Guimarei, despois de haber suspendido o de Souto de Vea polo asesinato de violencia de xénero en Ourense.

Este martes teñen previsto desprazarse a casa da escola de Curantes ás 20:30 horas, mesmo horario no que acudirán o mércores á escola de Toedo e xoves ao local social de Ouzande. O venres reuniránse cós veciños de Orazo no local social ás 21:30 horas. Xa o domingo 17 será o turno de Castro ás 19:00 horas na escola e o luns na escola de Arca ás 20:00 horas.

O acto central de Campaña terá lugar o xoves 21, ás 21:00 horas na Sala Gradín, coa presenza da deputada do BNG no Parlamento Galego, Tereixa Paz).

O peche de campaña será o venres 22, ás 20:30 horas na escola de Vinseiro.

 

Publicado en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada | Deja un comentario

Móvete comezou a campaña polo Foxo e Santa Cristina de Vea

_MG_1765Móvete comezou a campaña visitando aos veciños do Foxo e Santa Cristina de Vea.

Membros deste novo partido achegáronse este sábado a estas parroquias para achegar a todos os veciños e veciñas de primeira man o seu programa, có que concorren as eleccións municipais do 24 de Maio.

Esta noite ás 21:00 horas terán un novo encontro veciñal cós veciños de Oca.

Publicado en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada | Deja un comentario

Na madrugada do venres comezou a campaña electoral coa pegada de carteis fronte a Casa das Letras

foto grupo pegadaComo xa vos avanzamos este fin de semana, na madrugada do venres inaugurábase a campaña electoral. Os cinco candidatos á alcaldía reuníanse o xoves pola tarde para realizar unha foto conxunta a petición da prensa local.

Xa ás 00:00 comezaba a apertura da campaña coa pegada oficial baixo unha intensa choiva. Nas fotografías nocturnas faltan A Estrada Pode e BNG que pegaron os carteis máis tarde.

Publicado en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada | Deja un comentario

A Estrada Pode comezará os mitíns mañá en Curantes e Montillón e Móvete continuará en Oca

A Estrada PodeA Estrada PODE manterá na xornada de mañán un encontro coa Asociación de casas de turismo rural, ás 16h no local de Val Fresco de Curantes para analizar e comentar as posibilidades de fomento do rural en materia turística e a promoción de espazos de turismo rural.

Ademáis, a candidata de AEPODE, Ofelia Lema Villar, dará un mitín ás 19h no local da Casa Escola de Montillón.

11046314_450803468401150_7297928398837813225_nMóvete continuará trasladándolle o seu programa aos veciños da Estrada, desprazandose nesta ocasión ata o pavillón polideportivo do colexio de Oca. Onde membros da candidatura se reunirán cós veciños e veciñas ás 21:00 horas.

Publicado en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada | Deja un comentario

O saneamento do rural será a prioridade dun futuro goberno do BNG-Asembleas Abertas

IMG-20150510-WA0004Magariños censurou que o PP fora incapaz de facer novos saneamentos e mesmo de rematar os empezados

A candidatura do BNG-Asembleas Abertas da Estrada levou a cabo hoxe o seu primeiro acto público de campaña, logo do que se o pasado venres suspendera todos os actos por mor do asasinato machista de Ourense.

Neste acto, o candidato nacionalista, Xosé Magariños, puxo o acento sobre os saneamentos no rural. “Aquí nesta parroquia de Guimarei, pero tamén  noutras próximas, como Tabeirós,” explicou o actual concelleiro do BNG, “temos o exemplo de como non se poden facer os saneamentos no rural, que aparte de ineficaces, botando cheiros e desperdicios nos nosos ríos, son enormemente custosos e moi caros de manter”. “Son tan caros”, engadiu Magariños, “que en algunhas parroquias só se puido tirar os tubos e nada
máis”.

“En cambio no BNG-Asembleas Abertas”, explicou Magariños, “apostamos por tratamentos biolóxicos baseados en filtros verdes ou lagunaxe, máis axustados a realidade dos caudais que se producen nos núcleos rurais”. “Estes sistema é moito máis barato que o que se utiliza actualmente”, engadiu o candidato de BNG-Asembleas Abertas, “o que permitiría afrontar economicamente o saneamento en moitas máis parroquias, e o que é máis importante, rematalos, xa que o saneamento xera moitas expectativas entre
os veciños e veciñas do rural, pero logo estas non se cumpren ao non entrar en funcionamento, como pasa na parroquia de Couso ou Matalobos”.

“Para nós”, afirmou o candidato á alcaldía de BNG-Asembleas Abertas, “o saneamento é prioritario, de feito, xa tiñamos que ter todo o noso rural perfectamente saneado, en Sigue leyendo →

Publicado en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada | Deja un comentario

Dono explicará o seu programa esta tarde en vinseiro e mañá reuniráse cós clubes deportivos no Coto Ferreiro

VinseiroOs socialistas da Estrada estaran hoxe ás 20.00 h na parroquia de Vinseiro explicando cales son os nosos compromisos para a vindeira lexislatura. O candidato socialista José Antonio Dono falará das súas propostas para que vivir no rural sexa unha oportunidade e non unha discriminación: atención ao rural.

No día de hoxe,  destacará na súa intervención as propostas que se recollen na web  http://psoeaestrada.es/programa/

Mañá, luns día 11, o candidato José Antonio Dono presentará as propostas en materia deportiva aos clubes deportivos da Estrada, ás 21.00 h, nunha reunión que se realizará no pavillón Coto Ferreiro.

PSdeG PSOE de A Estrada

Publicado en Portada | Deja un comentario

El recinto ferial estradense, abre sus puertas al mundo de las antigüedades, artesanía y labores

FOTO 2• Ayer, a las diez de la mañana, el recinto ferial estradense abría sus puertas al público con una nueva edición de la Feria de Antigüedades, Artesanía y Labores.

• Para la jornada de hoy, el número de Asociaciones y Agrupaciones participantes en el encuentro de palilleiras, supera la treintena. Más de doscientas palilleiras de toda Galicia, se darán cita en el recinto ferial.

• La doble muestra, presenta un total de sesenta firmas expositoras.

• La jornada vespertina del domingo estará amenizada por el grupo folclórico local “Lumen a Lareira”. Esta actuación, tendrá lugar en el pabellón 5 a las seis de la tarde y cuenta con el patrocinio del Excmo. Ayuntamiento de A Estrada. Previamente, a las cinco, se procederá al sorteo de lotes promocionales entre las participantes al encuentro de palilleiras.

El recinto ferial estradense, abría en la jornada del sábado su tradicional Feria de Labores conjuntamente con la 47ª Feria de Antigüedades y Artesanía. Si bien la jornada de la mañana era relajada, la mayor afluencia de visitantes se produjo a media tarde.

Los visitantes pudieron contemplar una muestra doble, en la que participan unas sesenta firmas, procedentes mayoritariamente de nuestra comunidad autónoma y secundadas por firmas del resto de España y Portugal. Más de 4.000 m2 de espacio expositivo con un
amplio elenco de productos que cautivan al visitante. Las antigüedades y labores, fueron los sectores estrella, según se desprende de las encuestas realizadas por el equipo organizativo.

FOTO 1En cuanto al 3º Encuentro de palilleiras, están inscritas más de doscientas palilleiras, llegadas de toda Galicia, destacando sobremanera, las provincias de Pontevedra y A Coruña. La jornada del domingo, coincidiendo con la mayor afluencia de visitantes al recinto, estará amenizada por el grupo local “Lume na Lareira” de Berres. Esta actuación, tendrá lugar a las dieciocho horas y cuenta con el patrocinio del Excmo. Ayuntamiento de A Estrada. Sigue leyendo →

Publicado en Feiras, Portada | Deja un comentario