López promete iniciar 15 "medidas estrela" nos seis primeiros meses do mandato para transformar A Estrada

JL1 A reurbanización da Baiuca, a variante da Estrada, o Centro de Atención ao Maior, a segunda escola infantil, a integración no área de transporte metropolitano de Santiago e a apertura do concello polas tardes, entre eses compromisos

 O candidato popular celebra mañá un café-tertulia con mulleres no Restaurante Samaná ao que asistirá a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella

 Ademais, ofrecerá mitins en Aguións e Guimarei e o luns en Riveira e Arnois

O candidato do Partido Popular á reelección como alcalde da Estrada, José López Campos, comprométese a iniciar durante os seis primeiros meses do vindeiro mandato 15 «medidas estrela» que comezarán unha «profunda transformación» do Concello da Estrada e que contribuirán «a revitalizar a economía local e a mellorar a atención e os servizos que demandan os veciños».

José López salienta que entre eses 15 compromisos figuran tanto o inicio da construción de infraestruturas, como a dotación de equipamentos sociais e deportivos e a posta en marcha de novos servizos municipais:

1.- Inicio das xestións necesarias para acometer en 2016 unha primeira fase de ampliación do polígono industrial de Toedo. Sigue leyendo →

Publicado en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada | Deja un comentario

Magariños afirma que a Torre e o Pazo de Guimarei simbolizan o abandono do noso patrimonio e censura que o PP nin o contemple no seu programa electoral

BNG Torre GuimareiA recuperación do noso patrimonio depende de nós

O noso ten valor, e será unha das prioridades do futuro goberno nacionalista a partir do 24M

A candidatura do BNG-Asembleas Abertas da Estrada reivindicou hoxe a recuperación do patrimonio cultural estradense nun sinxelo acto diante da Torre de Guimarei.

Segundo explicou o candidato á alcaldía o nacionalista, Xosé Magariños, “a Torre e o Pazo de Guimarei simbolizan perfectamente o estado no que se atopa o noso patrimonio, completamente abandonado e a monte, como moi ben pode apreciar calquera veciño ou veciña da Estrada que se achegue a esta parroquia da Estrada”.

“O PP deu sobradas mostras de que lle trae sen coidado a Torre e o Pazo de Guimarei”, explicou Magariños, “en reiteradas ocasións votaron en contra do rescate para uso público tanto no Parlamento Galego e no Congreso”. “Mais é evidente que para eles non é unha prioridade a recuperación deste elemento patrimonial de todos os estradense, porque nin o levan no seu programa electoral de 2015”, afirmou.

“Porén”, engadiu o candidato do BNG-Asembleas Abertas, “a recuperación do noso patrimonio será unha das nosas prioridades, e será clave no futuro goberno estradense Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

19 concellos bañados polo Ulla consolidan o programa ‘Goza do Ulla’ para promocionar e potenciar o seu patrimonio natural

Ulla1Os 19 municipios das provincias de A Coruña, Lugo y Pontevedra lanzan a iniciativa que xa vai pola quinta edición e que aposta pola natureza como reclamo turístico

As 19 rutas programadas comenzan o último domingo de maio en Monterroso e rematan en Vila de Cruces o 25 de outubro

Os concellos propoñen poñer en marcha a medio prazo un gran ‘Roteiro Fluvial do Ulla’

Os 16 concellos bañados polo río Ulla presentan un ano máis o programa ‘Goza do Ulla’, unha iniciativa turística que pretende dar a coñecer e promocionar o rico e valioso patrimonio natural dos territorios á beira do Ulla. A presentación oficial tivo lugar onte no Concello de Monterroso, onde comenzará o programa de roteiros o domingo 31 de maio e rematará em Vila de Cruces o último fin de semana de outubro. Haberá un roteiro ou incluso dous cada fin de semana en cada un dos 19 concellos que forman a iniciativa e que son: Palas de Rei, Monterroso, Antas de Ulla, Agolada, Santiso, Arzúa, Vila de Cruces, Touro, Silleda, Boqueixón, Vedra, A Estrada, Teo, Padrón, Pontecesures, Valga, Dodro, Catoira e Rianxo. Sigue leyendo →

Publicado en Portada, Turismo | Deja un comentario

O PP abre a campaña en Berres ante máis dun centenar de persoas que arrouparon a Xóse López

Xosé López, alcaldable do PP, inicia a campaña enchendo o local social de Berres con máis dun centenar de veciños de Berres, Riobó e Remesar.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Os veciños de San Pedro de Ancorados arroupan a Dono na apertura da campaña

Na noite do venres o PSOE realizaba o primeiro mitin da campaña na parroquia natal do seu alcaldable, Xosé Antonio Dono, San Pedro de Ancorados onde foi arroupado por un gran número de veciños que encheron o local.

Publicado en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada | Deja un comentario

O BNG convocou o pasado venres unha concentración contra a violencia de xénero

03O pasado venres o BNG concentrábase na Estrada contra a violencia de xénero acompañado por membros de outros partidos lendo un comunicado conxunto. Tras o asesinato dunha muller que se atopaba nun hospital de Ourense a mans da súa parella, os nacionalistas suspenderon o acto electoral previsto en Souto de Vea e convocaron esta concentración.

01 04

 

Publicado en Educación e Sociedade, Política, Portada | Deja un comentario

Profesorado del IES Nº1 recibe un curso sobre primeros auxilios

Curso IES 2

Curso IES 3Este jueves DESA Galicia impartió un Taller de Soporte Vital Básico para los profesores y profesoras del IES Nº1 de A Estrada.

En este taller teórico-práctico de aproximadamente 4 horas se les enseñó el protocolo a realizar en caso de una Parada Cardiorrespiratoria, una Obstrucción de Vía Aérea por Cuerpo Extraño (OVACE) y ante una Hemorragia.

Todos llevaron a cabo la maniobra de Reanimación CardioPulmonar y OVACE en los diferentes casos de persona adulta, niño o lactante.

Uno de los objetivos de DESA Galicia es formar a docentes y alumnos en RCP para lograr que cada vez más personas conozcan las técnicas que ayudan a salvar vidas.

DESA Galicia

Publicado en Asociacións, Portada | Deja un comentario