Móvete presenta a súa candidatura no Teatro Principal da Estrada

IMG-20150427-WA0010O pasado domingo 26 de abril, móvete-Movemento Veciñal Estradense, presentamos no emblemático Teatro Principal da Estrada a candidatura coa que concorreremos as vindeiras eleccións municipais de maio de 2015.

Cun lucido e animado patio de butacas, durante aproximadamente unha hora e coa inestimable presentación de Pablo Chichas, visionamos un vídeo no que a nosa cabeza de lista desgranou parte das propostas de móvete para A Estrada e xs integrantes da candidatura foron presentadxs e xuntarónse todxs enriba do escenario, momento que aproveitaron Mar Blanco, Adán Fernández, Lorenzo Chedas e Lara Blanco para dirixirse ao público asistente, deixando claro que este non é un movemento xerárquico nin vertical, senón un grupo de persoas  traballando en pos dun obxectivo común no que todxs e cada unha delas son tan importantes coma a que máis. IMG-20150427-WA0009

Para finalizar Esquíos interpretaron o tema «Móvete», que contara cunha versión que irá incluída no seu próximo disco, e que puso un broche final a un acto áxil e directo que a prensa local non dubida en tildar de  diferente, coma diferente ao resto de partidos é móvete.

IMG-20150427-WA0011

Móvete A Estrada

Publicado en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada | Deja un comentario

A Estrada Pode presentou este sábado aos integrantes da súa candidatura

A Estrada Pode

O sábado 25 de abril ás 19.30 horas, o partido político A Estrada PODE, definido baixo normativa legal coas siglas AE PODE, visibilizou os e as integrantes da candidatura coa que concurrirán ós comicios do vindeiro 24 de maio.

No encontro, celebrado na Casa do Lagoeiro, en Aguións, os e as 25 integrantes de AE PODE compartiron coa cidadanía a súa liña programática e os motivos que lles levaron a promover un partido político que dese un paso adiante para cambiar a situación actual e devolver a soberanía á cidadanía.

O acto foi presentado por Marcos Magán, coñecido locutor de radio de deejay, quen dou paso á alcaldable por AE PODE, Ofelia Lema Villar. A candidata fixo un breve resumo das intencións da candidatura e salientou o seu carácter participativo, plural, aberto e transparente, á par que fixo un chamamento á honestidade e remarcou a súa intención de ceñirse ó xogo limpo e non entrar en xogadas políticas de desprestixio que tan comúns acostuman a ser no taboleiro político.

A Estrada Pode 2Ofelia Lema Villar analizou a súa política de campaña definíndoa como a visibilidade e transmisión do programa político de A Estrada PODE, no que participaron diferentes grupos políticos, membros de plataformas e asociacións e cidadáns de xeito particular. A candidata manifestou que:

“Cada un e cada unha de nós temos moitas preocupacións propias ó longo do día. Preocupacións que nos quitan o sono en nos fan estar en garda. E isto non favorece que nos queiramos implicar de xeito responsable no referente á política. Non é sinxelo restarlle ó noso para sumar no común. Por iso esta candidatura é tremendamente meritoria. Sigue leyendo →

Publicado en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada | Deja un comentario

Os alumnos dos centros poñen a proba as súas habilidades ximnásticas

Este xoves instaláronse os aparellos que están empregando este fin de semana no campionato nacional de ximnasia no pavillón Coto Ferreiro. Como xa nos anunciaran na presentación do evento, invitaron aos rapaces dos centros escolares a probar as camas elásticas e trampolíns empregados para a competición.

O campionato que comezou o venres pola tarde rematará este mediodía e é de entrada gratuíta.

Publicado en Deportes, Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

López garante unha Casa da Mocidade e iniciativas para favorecer o acceso dos mozos ao seu primeiro emprego

IMG-20150424-WA0009 Diante de 150 mozos e mozas, o candidato do PP comprométese tamén a «reforzar a organización de actividades xuvenís» e a «buscar unha solución de infraestruturas satisfactoria para os afeccionados ao atletismo»

O candidato do PP á Alcaldía da Estrada, José López, adiantou na noite de onte nun encontro aberto mantido con 150 mozos e mozas no Restaurante Samaná as liñas programáticas xerais e algunhas promesas concretas orientadas ao electorado xuvenil.

Entre elas, destaca a realización das xestións necesarias para converter o antigo edificio do INEM -situado na avenida Benito Vigo, moi preto da Casa das Letras- na Casa da Mocidade, para o que «será necesario pór de acordo á ACE e aos sindicatos UGT, CC.OO. e CIG».

Entre as medidas específicas para a mocidade, José López comprometeuse a potenciar o asociacionismo xuvenil e a mellorar a organización de actividades para este sector da poboación.

Para iso, o PP incluirá no Programa Electoral o compromiso de establecer unha partida orzamentaria anual específica para a Concellería de Xuventude e de buscar novas Sigue leyendo →

Publicado en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada | Deja un comentario

O BNG recolleu firmas contra a ampliación da alameda entre caraveis

01 bngA pesar de que o tempo non nos axudou, botámonos á rúa a recoller sinaturas para parar a ampliación da alameda que planea facer o PP, esgotando os case 2 millóns de euros que hai para a execución do PXOM nunha única actuación, deixando de lado a creación de solo público industrial, aparcadoiros públicos e gratuítos en superficie e dotar a vila doutros espazos de lecer e zonas verdes. ‪#‎dependedenós‬

Aproveitando tamén o aniversario da revolución portuguesa agasallamos aos veciños e veciñas un caravel, porque entendemos que igual que en Portugal en 1974, A Estrada necesita unha revolución #dálleavoltaáestrada

Tamén repartimos o folleto que vos adxuntamos, A Estrada precisa unha revolucion.

BNG de A Estrada

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

O goberno enmarca a petición de documentación no contexto do arquivo definitivo dun recurso do secretario

01 constenla concello «En ningún momento se está a cuestionar a legalidade do PXOM», salienta Juan Constenla, que avanza que «remitirase con premura a documentación requerida porque o goberno local quere a máxima transparencia neste tema» 

 Lembra que este proceso «xa acumula dous arquivos por parte do xulgado favorables ao goberno local» e salienta que «quedou acreditado que o alcalde e o concelleiro Alberto Blanco sempre actuaron na defensa dos intereses xerais» 

O goberno local da Estrada salienta que o Xulgado nº 2 «en ningún momento está a cuestionar a legalidade do PXOM» e anuncia que remitiralle «con premura» a documentación solicitada «porque non hai nada que agochar e quérese a máxima
transparencia neste tema». Así o anunciou o concelleiro Juan Constenla, que enmarcou esta petición de información no contexto xudicial do arquivo definitivo dun recurso presentado polo anterior secretario.

«O señor Naveira está no seu dereito de exercer as accións que estime oportunas, pero hai que lembrar que é a terceira vez que tenta reabrir un proceso que xa acumula dous Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

O PSOE denuncia que o PXOM volve estar nos xulgados

dono 1Así no lo expoñía na mañá de onte Xosé Antonio Dono, candidato á alcaldía polo partido socialista, acompañado de Manuel Sanmartín.

Xosé Antonio asegura ter coñecemento de que o xulgado Nº2 da Estrada volvera a pedir toda a documentación do Plan Xeral. Dono non considera oportuno acometer as expropiacións para ampliación da alameda ante esta inextabilidade xurídica có Plan, outro caso sería o do desenrolo do solo da Baiuca, có cal considera que non debería haber problema ao tratarse de solo de titularidade municipal.

Aínda que non consta de onde pode vir esta nova denuncia, Dono cree que pode ser do qeu por aquel entón era o secretario municipal, Xosé Naveira.

Por outra banda, o lider socialista tamén pide explicacións sobre a situación da ampliación do cementerio que leva no Concello dende hai xa 4 anos.

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario