Xosé López reúnese con xóvenes estradenses para coñecer as súas inquietudes

IMG-20150424-WA0009Esta noite o alcalde estradense reuníase no restaurante Samaná para coñecer as inquietudes dos xóvenes estradenses.

O rexedor quixo coñecer de primeira man as dúbidas que poden ter os máis novos da sociedade actual que considera que é moi diferente á da súa época dez anos atrás có acceso as novas tecnoloxías.

Publicado en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada | Deja un comentario

A Fervenza de Ouzande xa ten data para as rutas de sendeirismo de primaveira

rutas primavera 2015 webA AC A Fervenza de Ouzande programa unha nova edición da actividade IMOS ANDAR para a primavera deste 2015. Inclúe 3 rutas de sendeirismo que se detallan abaixo e que teñen como obxectivos fundamentais: a difusión e coñecemento dos valores medioambientais, paisaxísticos e do patrimonio arquitectónico da parroquia de Ouzande e das parroquias da contorna, como A Somoza, Guimarei, Lugar de Ferreiros, Arcos, etc.; tamén se trata de favorecer a participación de persoas socias e público en xeral, nunha
actividade saudable e permitir a convivencia activa entre todos e todas.

Este programa, iniciado no ano 2003, chega por tanto, á súa decimosegunda edición, con máis de 50 rutas realizadas e centos de participantes nas mesmas.

Todas as rutas terán como punto de partida e chegada a Igrexa de Ouzande. A saída será sempre ás 10 da mañá e o regreso ás 13:30 horas. Todas terán unha dificultade baixa ou media-baixa para facilitar a participación nas mesmas. Serán gratuítas e abertas tanto a persoas socias como ao público en xeral.

1. *Venres 1 de maio.*.Ruta do Río Gallo. Fermosa ruta na que chegaremos ao Río Gallo, despois de percorrer os montes do Arcos no veciño concello de Cuntis. Despois de cruzar o río achégaremonos ao lugar de Ferreiros e, atravensando a congostra dos Lobos, regresar á Igrexa de Ouzande polos muíños da Fervenza. 12 km. Dificultade media-baixa. A inscrición é gratuíta e realizarase no momento da saída, polo que se roga puntualidade.

2. *Domingo 17 de maio. *X Ruta das Letras. Ruta das lagoas de Zoo e Monte Cabalar Todas as persoas participantes serán agasalladas cun libro en galego.

3. *Domingo 7 de xuño. *Ruta de Guimarei.

AC A Fervenza de Ouzande

Publicado en Asociacións, Deportes, Política, Portada | Deja un comentario

José López lémbralle ao BNG que "xa hai máis de 1.500 sinaturas que avalan a ampliación da alameda"

02-2 O candidato popular pídelle aos estradenses que valoren que «o modelo de futuroque quería o bipartito PSOE-BNG para esa zona era unha ampliación reducida econ bloques de edificios»

 López salienta que «a ampliación da alameda é economicamente compatible coa
xeración de solo industrial público no polígono de Toedo»

O candidato do Partido Popular á Alcaldía da Estrada, José López, defendeu hoxe fronte ás
críticas do BNG a decisión do goberno local de acometer a ampliación da alameda municipal ata a rúa Castelao e lembroulle aos nacionalistas que «xa hai máis de 1.500 sinaturas recollidas aló polo ano 2000 que avalan a ampliación da alameda».

José López considera a recollida de sinaturas anunciada polo BNG «unha campaña inútil, unicamente motivada polas súas urxencias e a necesidade de ter protagonismo mediático durante a precampaña electoral» e augura que «se o goberno iniciase unha recollida de sinaturas para defender a ampliación da alameda multiplicaríanse as 1.500 recollidas no seu día».

Neste senso, pídelle aos estradenses que valoren «o esforzo e a aposta que está a realizar o
goberno local» fronte «ao modelo de futuro que quería o bipartito PSOE-BNG para esa Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

A Estrada Pode convoca un encontro veciñal na Casa do Lagoeiro

IMG-20150424-WA0011Mañá sábado A Estrada PODE da visibilidade ó proxecto de empoderamento da cidadanía cun encontro na Casa do Lagoeiro, en Aguións, ás 19.30 h

Esta localización foi elexida seguindo a liña da corrente marcada por o Círculo estradense de Podemos, na que buscabase facer partícipe de xeito pleno a todas as parroquias, para acadar unha visibilidade semellante á do núcleo urbano.

A nosa intención pasa por facer un percorrido polo rural estradense transmitindo as liñas do proxecto que mañán iniciamos,  así como compartir o marco programático co que concurrimos ós comicios do vindeiro 24 de maio.

O acto de mañá estará presentado por Marcos Magan, membro da lista da candidatura de A Estrada PODE.

A Estrada Pode

Publicado en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada | Deja un comentario

O BNG da Estrada propón a construción dun cemiterio municipal

IMG_3851Magariños “a propia Xunta insta a que sexan os concellos os que tomen a iniciativa na construción de cemiterios públicos”

*“Compre rachar co monopolio que ten a igrexa católica; a sociedade mudou moito nos últimos anos, incrementándose de xeito significativo o número de persoas que non profesan ningunha confesión e persoas con outras confesións distintas da cristiá”*

O concelleiro do BNG e candidato á alcaldía, Xosé Magariños, vén de presentar unha moción no rexistro do concello na que se insta ao goberno municipal a construción dun cemiterio municipal facendo as modificacións oportunas no PXOM para que isto sexa
unha realidade.

“Hai unha demanda social evidente”, explicou o concelleiro nacionalista, “e o que non pode facer o goberno municipal do PP é cruzarse de brazos e deixar que a igrexa católica monopolice para o seu propio beneficio a construción deste tipo de estruturas, fomentando a especulación e o incremento de prezos”. “Por iso”, afirmou o concelleiro do BNG, “presentamos esta moción, para que se busque o espazo idóneo para acoller este tipo de construcións e para rachar dunha vez por todas o monopolio que ten a igrexa católica neste campo, abaratando os prezos, normalmente son bastante altos, por certo”. Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

A Estrada pode presenta unha proposta ao concello con motivo do 23 de abril

A Estrada PodeCon motivo do 23 de Abril, dende A Estrada PODE queremos elevar unha proposta a nivel municipal para a xestión e actividades da biblioteca pública.

Por este motivo, onte rexistramos no Concello un dosier elaborado por Ana María Díaz Faraldo, Profesora e especialista en Bibliotecas e Documentación, cotexado co texto
difundido pola Comisión técnica de Bibliotecas Escolares, dentro do *Marco de referencia para las bibliotecas escolares*, editado pola Secretaría Xeral Técnica, dependente do Ministerio de Educación.

A Estrada Pode

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

O BNG da Estrada recollerá sinaturas contra a ampliación da Alameda que planea o PP

IMG_3877Os nacionalistas apelan ao espírito do 25 de abril portugués para enfrontarse a un goberno do PP que non atende a vontade do pobo

O BNG da Estrada, apelando ao espírito que inspirou a “Revolución dos Cravos” un 25 de abril en Portugal, aproveitará esta efeméride para recoller  sinaturas na rúa Calvo Sotelo (a
partir das 11,30 horas) contra a ampliación da Alameda que planea levar o PP ao último pleno deste mandato, e agasallando caraveis aos veciños e veciñas, símbolo desta revolución pacífica no país veciño.

O concelleiro do BNG e candidato á alcaldía, Xosé Magariños, explicou que “escollemos esta data polo seu simbolismo político e por iso queremos berrar alto e claro a indignación que nos invade fronte á indiferenza do goberno do Partido Popular e nomeadamente do alcalde José López Campos, ante as necesidades do noso pobo, condensado no vergoñento proxecto polo que se pretende ampliar a alameda até a rúa Castelao, destinando para iso
todo o presuposto do PXOM”. “Esta decisión unilateral”, engadiu Magariños “elimina de Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario