O BNG denuncia que "a e-administración non nos sae de balde, xa a pagamos dúa veces"

Magariños no pleno“ xa van sendo horas de dar explicacións por tirar con 120.000 euros, os veciños e veciñas queren unha explicación e que se depuren as responsabilidades que se teñan que depurar”

Xosé Magariños, portavoz municipal do BNG, considera positiva a posta en marcha da e-administración no concello, pero considera que “chega con case sete anos de retraso, xa que esta tiña que estar en funcionamento desde agosto de 2007, tal e como figuraba nos pregos de contratación desta ferramenta informática, adxudicada á empresa Coremain nos últimos estertores do nefasto goberno de Ramón Campos, no pleno do padroado da Fundación Cultura A Estrada de novembro de 2006”.  Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Gran comienzo este fin de semana del CD San Paio con 2 pódiums de los 2 participantes que se desplazaron hasta las pistas de Elviña

IMG-20140117-WA0007 IMG-20140117-WA0008Juan Carlos Mosquera y Alba Bugallo han dado comienzo a este fin de semana de competición en el Trofeo Ángeles Barreiro de la mejor forma posible, J.Carlos conseguiría la 3ª posición en el 1500 siendo el vencedor el atleta estradense Miguel Otero del Celta de Vigo y miembro de nuestro grupo de entrenamiento. Mientras tanto Alba Bugallo completaría la participación del club siendo 1ª en la prueba de 500m en categoría infantíl consiguiendo además MMP en dicha distancia. Gran comienzo de este fin de semana con 2 pódiums de los 2 participantes que se desplazaron hasta las pistas de Elviña.

Redacción y fotografía: CD San Paio

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

O Museo do Pobo Galego acolle un acto de homenaxe aos veciños que mantiveron vivo o Entroido dos Xenerais da Ulla

IMG_5036

O Museo acollerá unha exposición fotográfica colectiva sobre o Entroido dos Xenerais da Ulla, con imaxes cedidas por veciños, fotógrafos profesionais e entidades. 

A colaboración entre os concellos de Boqueixón, A Estrada, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces foi básica para que o Entroido da Ulla obtivese a declaración de Festa de Interese Turístico por parte da Xunta de Galicia no 2013.

IMG_0875O Museo do Pobo Galego acolle este sábado ás 11.00 horas un acto de homenaxe aos veciños das parroquias onde celebra o Entroido dos Xenerais da Ulla, que en setembro do ano pasado recibiu a declaración de Festa de Interese Turística por parte da Xunta de Galicia. O acto está organizado conxuntamente polos oito Concellos onde ten lugar o Entroido dos Xenerais da Ulla: A Estrada, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces.

Os alcaldes entregarán un galardón como recoñecemento polo traballo dos veciños dos seus respectivos Concellos onde se celebra este tradicional evento, xa que son eles os que manteñen vivo este particular xeito de celebrar o Entroido que se remonta ao século XIX e que hoxe en día conta cunha alta participación, crecente ano tras ano.  Sigue leyendo →

Publicado en Asociacións, Festas, Portada | Deja un comentario

Este sábado o Vasán Cubik compite por poñerse terceiro na clasificación

Vasan cubikO Vasán Cubik Seguros A Estrada Futsal recibe o sábado ás 19:00 horas no Coto Ferreiro ao Pazos de Borbén.

O encontro será o comezo da segunda volta da liga de 3ª División Nacional de fútbol sala, fronte ao 4º clasificado que foi quen de doblegar aos de Juankar no partido disputado na primeira volta por 7 a 5.

Na actualidade o Pazos de Borbén atópase con sólo un punto máis que o equipo estradense. É por iso que, ata o de agora, estamos a falar do partido máis importante que o Vasán Cubik disputou, xa que cabe destacar que o Santiago Futsal (3º Clasificado), visita a cancha do temible Burela, polo que unha victoria do Vasán ante o Pazos e un tropezo do Santiago apearíanos ata a 3ª posición.

Para afrontar este encontro Juankar poderá dispoñer da plantilla ao completo, coa volta de Tojo, que non pudo xogar na pasada xornada por unha doenza nun nocello, completase o plantel para mañá dar o salto de calidade na clasificación. Sigue leyendo →

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

Radio Estrada entrega máis de 200 kilos de alimentos a Cáritas

IMG_1463Na xornada de onte a radio municipal estradense entregoulle máis de 200 kilos de alimentos a Cáritas parroquial.

Según nos explicou, Fran Campos, a emisora xuntou estos alimentos nunha campaña realizada nas pasadas semanas na que os ointes que obtiñan un premio nos concursos que realizaban, tiñan que facer entrega de algún alimento para recollelos. Os premios foran doados por clientes publicitarios da radio a cambio de un plus de publicidade nestas datas de Nadal. Fran quixo agradecer a colaboración dos oíntes e comerciantes que participaron nesta campaña.

José Manuel Vázquez, presidente de Cáritas, agradeceu tamén a colaboración tanto da radio como dos que participaron nesta campaña e de todos os estradenses, que deron mostra unha vez máis da súa xenerosidade superando as 16 toneladas de kilos de alimentos. Tamén recordou que, aínda que nestas datas a xente está máis sensibilizada, o ano consta de 365 días nos que as familias ás que van destinados estos alimentos necesitan comer, polo que animou á radio a realizar outra campaña no verán.

Redacción, fotografía e gravación: Iria Eiras

Publicado en Asociacións, Portada | Deja un comentario

"Pesadilla antes de Navidad" abre el ciclo de cine de Terror infantil

Hoxe terá lugar a primeira proxección do ciclo de cine de Terror infantil de Panic III coa película «Pesadilla antes de Navidad», ás 19:00 horas nos Minicines Central.

Xa pola noite ás 00:00 horas será o turno do ciclo para adultos coa proxección de «Expediente Warren. The Conjuring» tamén nos Minicines Central.

2_infantil246460id1c_Conjuring_INTL_27x40_1Sheet.indd

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

O BNG denuncia que "o alcalde parapétase na escusa permanente para non buscar solucións aos problemas da Estrada"

Magariños no plenoLópez é tan responsábel como Ramón Campos ou Feijóo por dilapidar miles de euros nunha infraestrutura inútil para os vehículos pesados

Xosé Magariños, concelleiro do BNG, respondeu as palabras do alcalde sobre o enlace da AP-53 no Alto da Rocha, afirmando que “no único no que coincide co alcalde é en que é unha chapuza; polo demais”, engadiu Magariños”unha chapuza que se fixo durante un goberno municipal do PP, no que el era concelleiro, e nunha administración da Xunta gobernada tamén polo PP, e na que Feijóo era o seu conselleiro de infraestruturas”.

“Daquela,” explicou Magariños “se é unha chapuza, cousa na que coincido, o alcalde é tan responsábel como ex-alcalde Ramón Campos ou como Feijóo, que dilapidaron miles de euros nunha infraestrutura inútil para os vehículos pesados”. Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario