FERVENZA DE CADARNOXO, BOIRO

IMG_0110En Boiro, en plena Serra do Barbanza, un afluente do río Coroño, baixa do Irote, en caída libre formando a magnifica Fervenza de Cadarnoxo, para unirse ao río e desembocar no mar que está a pouco máis de 6 kilometros. Para chegar a esta fermosa paraxe, tomaremos a saída de Boiro que nos leva cara Noia e chegaremos ate o lugar de Moimenta. Nunha pista, a esquerda, asfaltada, desviámonos cara o interior da Serra do Barbanza e aproximadamente a medio kilometro atoparemos outro desvio a esquerda, que tras circular por el 1 kilometro nos deixa xusto antes da ponte que atravesa o regato que forma a Fervenza. A man dereita desta ponte, a ferveza cae maxestuosa para deleitar os nosos sentidos.

Sigue leyendo →

Publicado en Percorrendo Galicia | Deja un comentario

O Vasán Cubik Seguros finaliza a primeira volta quinto na clasificación

A Estrada FutsalFinalizou a primeira volta para o Vasán Cubik Seguros cunha vagaxe moi positiva. Quintos na clasificación a 3 puntos do terceiro clasificado, a 7 puntos do segundo e 9 do primeiro. Ademáis seguimos sendo o equipo máis goleador con 63 goles a favor e o terceiro mellor rexistro na diferencia de goles, con 15 de superavit.

Visitar o Coto Ferreiro é un talón de Aquiles para todos os equipos da categoría, sendo conscintes que se encontran cun gran equipo, moi bo técnica e tácticamente da man de Jáncar, e cun ambiente espectacular nas gradas. O Vasán Cubik Seguros estase a consolidar como un dos 3 mellores equipos da liga e como un candidato ao título, có permiso do Leis, que lidera de forma impecable ata o memento.

O Vasán Cubik camiña cos pés na terra, mantendo o obxectivo que se propoñía ao inicio da campaña, manter a categoría cun bloque de xogadores 90% estradense. Sigue leyendo →

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

O pasado venres a Santa Compaña recorreu as rúas da Estrada en busca de novas ánimas

IMG_0033

Sobre 100 ánimas en pena partiron dende a praza da feira precedidas por fachos de luz e tambores, pola rúa Ulla, Calvo Sotelo e Serafín Pazo, rematando a súa procesión na Praza da Constitución onde os esperaba como mestre de cerimonias desta edición de Panic, Manuel Manquiña.

Xa na Praza da Constitución, o Estadea Maior, Manquiña coa axuda de varias das ánimas buscaron entre o público un mortal para acompañalos nesta marcha.

Continuaron có espectáculo desta III Edición de Panic presentado por Fran Campos, Manolo Do Atlético, cun monólogo acorde coa ocasión, e sendas coreografías do ximnasio Absolute e da escola de baile SondoDance.

Para finalizar as actividades da rúa celebrouse por primeira vez o concurso da Raiña do Berro no que resultou gañadora, Karina Montoto Siyolorova. O xurado estivo formado por os actores Manuel Manquiña e Chelo do Rejo e o Concelleiro de Cultura Juan Constenla.

Redacción e fotografía: Iria Eiras

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

MONTE DO FARO, RODEIRO- CHANTADA

Dendo o cumio do Monte do Faro hai un infinito mirador natural  que abarca as comarcas de Chatada e Rodeiro. Actua como liña divisoria xeografica das provincias de Lugo e Pontevedra. A súa altura é de 1181 metros sobre o nivel do mar.

IMG_0341 copiaNunha parte máis baixa está o campo da festa. No centro del atopámonos coa ermida da Virxe do Faro. Aínda que se presume que no lugar houbo outras construccións para cultos paganos o edificio actual data da segunda metade do século XVII. É unha ermida de cruz latina, con cuberta de madeira e  teito a duas augas. Dentro un interesantísimo retablo neoclásico obra de Tomás Figueroa Rodriguez. Sigue leyendo →

Publicado en Igrexa, Percorrendo Galicia | Deja un comentario

O BNG leva ao Parlamento Galego e ao Congreso os problemas do enlace coa AP-53 no Alto da Rocha

Magariños no plenoMentres o alcalde está preocupado pola volta ciclista e polo campo de fútbol, o BNG preocúpase pola mellora das nosas comunicacións.

O BNG da Estrada vén de anunciar, a través do portavoz municipal, Xosé Magariños, que leva ao Parlamento de Galiza e ao Congreso cadansúa iniciativa a respecto do enlace coa
autoestrada AP-53 no Alto da Rocha.

Segundo explicou Magariños “mentres o alcalde está preocupado pola volta ciclista e polo campo de fútbol, o BNG preocúpase pola mellora das nosas comunicacións, e en concreto pola mellora do enlace da AP-53 no Alto da Rocha, cuxa mellora foi solicitada por unanimidade do pleno en 2011 e desde aquela até hoxe ningunha das dúas administracións implicadas, Xunta e Goberno Central, ambas en mans do PP, nada fixeron ao respecto”. Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

IGREXA DA PEREGRINA, PONTEVEDRA.

IMG_7415 copiaA igrexa da Virxe da Peregrina, Pontevedra, comenzase a contruir no ano 1778. É unha das máis símbolicas da provincia de Pontevedra, dado que, está adicada a virxe que guía aos peregrinos que van dende Baiona ata Santiago de Compostela. Dentro acollese a imaxe da Virxe Peregrina, unha talla do século XIX, patrona da provincia de Pontevedra e do camiño portugués.

Declarada como monumento HISTÓRICO-ARTÍSTICO no ano 1982, é unha mistura do estilo barroco coas tendencias neoclásicas da época. A súa planta é en forma de cuncha de vieira, unha grande referencia ao Camiño de Santiago, dado que a vieira é o símbolo dos peregrinos. Como datos

Sigue leyendo →

Publicado en Igrexa, Percorrendo Galicia | Deja un comentario

O alcalde entrega un novo vehículo a policía local e recoñece que o colectivo está mal pagado aínda que ve difícil unha solución a curto prazo coa lexislación vixente

IMG_9766Na mañá do xoves o rexedor estradense, Xosé López, facía entrega dun novo vehículo á policía local de A Estrada, que recollía o xefe do corpo, Xosé Luis Loureiro.

Durante a entrega o alcalde anunciou nos próximos meses se realizará a adquisición de outro vehículo para este corpo que conta con 5 coches moi antigos e con moitos quilómetros. Estos novos coches provocaran a baixa de dous que estaban utilizando en moi malas condicións.

IMG_9682López tamén lamentou o situación salarial do colectivo, que recoñeceu que estaba moi mal pagado respecto a outros concellos da mesma categoría, pero aínda que barallan realizar unha RPT, Relación de Postos de Traballo, está non podería arranxar os problemas salariais coa lexislación vixente.

Ademais da adquisición dun novo vehículo no 2014 os presupostos tamén contemplan melloras na unidade e no vestiario por 20.000€ cada unha.

Redacción e fotografía: Iria Eiras / Gravación: Adrián Eiras

Publicado en Asociacións, Portada | Deja un comentario