Presentación do libro “Emigrados, exiliados e perseguidos” e das listaxes de vítimas do franquismo nun acto de homenaxe á comunidade portuguesa na Galiza vítima do franquismo personificada no estradense Manuel Graciano

libro-de-DIONISIOA Asociación Cultural “Vagalumes” a Asociación Ecoloxista-Cultural “Verbo Xido” presentan o vindeiro o libro “Emigrados, exilados e perseguidos. A comunidade portuguesa na Galiza (1890-1940)” de Dionisio Pereira, e faremos pública a listaxe de vítimas do franquismo na comarca de Tabeirós-Terra de Montes nun acto de homenaxe ao portugués, veciño da Estrada (Rubín, O foxo) e fusilado no 1936, Manuel Graciano Araujo, personificando nel a comunidade de inmigrantes leais á república que foron inmolados por defender a xustiza e a liberdade.

Este acto celebrarse na sala de exposicións de Novagalicia Banco da Estrada o vindeiro venres 24 de xaneiro ás 20:30, coa intervención do historiador Dionisio Pereira. Portugués, veciño da Estrada fusilado no 1936.

Referencia da obra:
Sigue leyendo →

Publicado en Asociacións, Portada | Deja un comentario

Curso de iniciación á poda e ó enxerto en Paradela

Cartel curso poda

Publicado en Agrogandeiros, Portada | Deja un comentario

FARO DE PUNTA NARIGA, MALPICA, A CORUÑA

costa morte fina 573 copiaUbicado en Barizo, Malpica de Bergantiños, provincia de A Coruña,  atopamos o faro máis moderno da Costa da Morte. É unha construcción do arquitecto Cesar Portela e comenzou a funcionar no ano 1998.

A súa altura é de 50 mts e a súa línterna abarca ate 20 millas.

O faro de Punta Nariga asemella moito a un barco de pedra, donde a línterna sería o mástil. Na parte que corresponderia ao mascarón de proa vemos unha estatua de bronce do escultor Manolo Coia, colocada alí no ano 1994 e chamada » O soño do emigrante».

Sigue leyendo →

Publicado en Percorrendo Galicia | Deja un comentario

O equipo de baloncesto EDM Mimela fixo entrega de máis de 300€ ao banco de alimentos

IMG_9563Este mércores Pablo López, en representación do EDM Mimela A Estrada de Baloncesto, fixo entrega dun cheque de 323,05€ a concelleira de Benestar Social, Amalia Goldar, para o Banco de Alimentos do Concello da Estrada.

Este importe recadouse na cantina do Coto Ferreiro durante a celebración do I Torneo 3X3 de Nadal Concello da Estrada en colaboración co EDM Mimela A Estrada. O xénero vendido na cantina ao prezo popular de 1€ foi suministrado polas empresas colaboradoras, ACOE, Begano, Monster Studio, Panadería Cervela, Panadería Casa do Pan, Sala Gradín e algún nai que aportou algún pastel.

IMG_9586O Torneo contou cá participación de case 100 xogadores repartidos en 6 equipos na categoría minibasket e 16 equipos na categoría senior, con xogadores chegados dende Teo, Negreira, Cuntis ou Santiago de Compostela, nunha gran xornada de baloncesto que contou cunha gran asistencia de público.

Redacción e fotografía: Iria Eiras / Gravación: Adrián Eiras

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

O BNG considera que "se o alcalde non recupera a Torre e o Pazo de Guimarei é porque non quere"

Magariños no plenoXa nos gustaría a todos os estradenses que o alcalde puxera o mesmo entusiasmo en traer a volta ciclista á Estrada, que en presionar por cousas verdadeiramente importantes para o noso futuro colectivo como a Torre e o Pazo de Guimarei, como a Cidade do Móbel, a Variante, etc, etc

O concelleiro do BNG, Xosé Magariños, manifestou esta mañá que “entendemos perfectamente que o concello non poida asumir a compra da Torre de Guimarei, pero en reiteradas ocasións o BNG presentou emendas aos orzamentos da Xunta e do Estado para recuperar non só a Torre senón tamén o Pazo, e o PP sempre votou en contra”. Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Este venres presentarase o libro "O Padre Seixas desde dentro"

presentacion-libro-cabadaA Asociación Cultural “Vagalumes” ten previsto realizar a presentación do libro do escritor e investigador estradense Manuel Cabada Castro o vindeiro día 10 de xaneiro, ás 20:30 na sala de exposicións de Novagalicia Banco da Estrada.

Este acto será presentado polo escritor estradense David Otero, e contará coa presenza do propio autor ademais do Director da Editorial SEPT Francisco Domínguez Martínez, e do membro desta editorial e autor do libro “Conversas do P. Seixas”, Silvestre Gómez Xurxo.
O Padre Seixas é unha figura fundamental da nosa cultura en canto promotor da galeguización da igrexa. Manuel Cabada Castro afonda  na biografía desta personalidade e nas súas conviccións achegando luz a Xaime Seixas, e con el a nosa cultura e historia recente.

Redacción: Asociación Cultural Vagalumes

Publicado en Asociacións, Portada | Deja un comentario

Achégase "Panic III" coa Santa Compaña de protagonista

IMG_5457

O popular actor MANUEL MANQUIÑA será o mestre de cerimonias do desfile da SANTA COMPAÑA que o vindeiro venres día 10 ás 7 da tarde percorrerá as rúas da vila para
rematar na Praza do Concello.

O actor, será o encargado tamén de presidir o xurado que dirimirá o concurso da RAÍÑA DO BERRO. Ademais do concurso e do desfile, o acto contará coas actuacións das IMG_5484academias de baile Sondodance e co ximnasio Absolute, e coa participación do monologuista Manolo do Atlético. Ademais, tamén colaborarán nas actividades programadas distintos actores e músicos como Gonzalo Valcárcel, Luis Rivas, Manolo Varela, Rocío Louzao, Juan
Ruibal ou Sara Neira facendo o papel de estadeas. Un extenso listado de xente ao que todavía se están sumando máis colaboradores.

O propósito da organización, e diante da masiva afluencia de medios de comunicación que está previsto asista ao evento, é tratar de convocar un desfile multitudinario. A tal efecto, as tendas de roupa O DEDIL, LOLITA E CARMIÑA, ARREGLOS CRISTINA, NOBELO NOBELO, FIANDEIRA, AS MIÑAS ROSIÑAS E LANAS SIRA están a traballar arreo estes días co gallo de sacar adiante os moitos encargos de disfraces que teñen. Cabe recordar, que para poder participar no desfile da Sta Compaña hai que ir vestido con saión e capuchón brancos, ademais dun cirio. Tamén se pode improvisar un disfraz con unha sábana ou chuvasqueiro branco. O servizo de maquillaxe estará disposto a partires das 4 da tarde na Praza da Feira.

En caso de choiva trasladaranse as actividades previstas ao Teatro Principal.

Redacción: Departamento de Cultura / Fotografía: Iria Eiras / Gravación: Adrián Eiras

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario