A Miscelánea Histórica e Cultural estrea o decimosexto volume

IMG_7122O presidente do museo Manuel Reimóndez Portela, Juan Andrés Fernández, acompañado do rexedor estradense, José López, presentaron o XVI Volume da Miscelánea histórica e cultural de A Estrada.

Ao acto celebrado no MOME tamén asistiron o concelleiro de cultura, Juan Constenla, o secretario xeral de política lingüística, Valentín García, e membros da coorporación municipal, Belén Louzao e Manuel Sanmartín, entre outros.

Pechou o acto un dúo musical de corda.

Redacción e fotografía: Iria Eiras

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

O pleno do concello aproba por unanimidade unha moción do BNG que solicita rematar concentración parcelaria de Codeseda e Arca no prazo dun ano

Magariños no plenoO concelleiro do BNG, Xosé Magariños,
presentou hoxe de urxencia unha moción sobre o proceso de execución das
concentracións parcelarias de Codeseda e Arca. Segundo explicou o concelleiro nacionalista “a moción foi aprobada por unanimidade e insta á Xunta de Galiza a rematar ambas as dúas concentracións parcelarias no prazo dun ano e a informar aos veciños e veciñas dos prazos e estado de execución desta obra”.

Magariños explicou que “a tramitación desta concentración parcelaria iniciouse en xullo de 2000 e naquela altura anunciaban os responsábeis da consellaría que duraría sobre cinco anos”. “Estamos en 2014,” engadiu o concelleiro nacionalista, “van alá 13 anos, e os veciños ven con incertidume e con certo desánimo un proceso que moitos vían esperanzados, xa que ordenaba o territorio nunha das zonas máis ricas e fértiles do concello no que se refire ao sector agro-gandeiro se refire”. Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Máis de 200 corredores participan na San Silvestre estradense

IMG_7754O Fin de Ano deixounos a máis de 200 participantes na carreira popular de San Silvestre. Entre os corredores atopábase unha amplia representación de atletas de Atletismo A Estrada, que participaba na organización, do Club Deportivo San Paio e do equipo dos Irmandinhos entre outros.

Entre os participantes non faltou o bo sentido do humor con vistosos disfraces de pingüíns, galos e os máis osados en bañador, eso sí por encima de outras prendas.

As mascotas tampouco faltaron nesta cita para despedir o ano con esta actividade lúdica e deportiva.

Redacción e fotografía: Iria Eiras

 

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

A Coral Polifónica Estradense realizou o seu tradicional concerto de Nadal

IMG_4563A Coral Polifónica Estradense realizou o seu concerto de Nadal no teatro principal acompañada da Coral Polifónica de Soutomaior e a Banda de Música Municipal de A Estrada.

As dúas agrupacións estradenses están dirixidas por Javier Comesaña.

Con este concerto e o ciclo infantil de teatro pechase un gran ano cultural con máis de 200 actividades entre Teatro Principal, MOME e sala de exposicións de Novagalicia Banco.

Durante o ano 2013 a sección de actividades culturais acadou un número de 206 eventos repartidos entre exhibicións de artes escénicas (preferentemente teatro), actividades audiovisuais; entre as que destacan as pertencentes ao Festival de Terror PANIC, exposicións, ponencias, presentacións e charlas literarias; ubicados preferentemente no Museo do Moble e da Madeira e na sala Nova Galicia Banco e cursos.

Esta cifra non inclúe, loxicamente, a actividade regular ofertada polas Escolas Municipais de Baile e Música Tradicional e a Escola de Artes Escénicas; así como as actividades desenvolvidas polos centros escolares en recintos de titularidade municipal.

Toda esta xeira de actividades foi programada, xestionada ou coordinada polo Concello da Estrada a través do seu Departamento de Cultura.

Redacción: Departamento de Cultura / Fotografía: Iria Eiras

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

O Estradense Veteranos entrega 500 kilos de alimentos a cáritas

DSC_0080Na tarde do día 31 directivos do Club Estradense de Veteranos fixeron entrega duns 500 Kilos de alimentos a cáritas parroquial. O donativo é resultado de parte do recadado pola actuación do Mago Luis Boyano, organizado polo club deportivo. Os beneficios de dito espectáculo ían destinados a compra de alimentos para Cáritas e a sufragar gastos dos veteranos.

Cós alimentos, fixeron entrega dunha nota que literalmente di:

«O Club Deportivo Estradense de Veteranos quere dar o seo agradecemento a todas as persoas que colaboraron co club así como a todas as casas comerciais, ao Club Deportivo Estradense e ao Excmo. Concello da Estrada, pois gracias a todos eles fomos capaces de celebrar o festival e axudar a Caritas Parroquial de A estrada.»

A Dirección de Caritas Parroquial de A Estrada, únese ao agradecemento reproducido anteriormente e faino extensivo ao Club Deportivo Estradense de Veteranos.

Redacción: Iria Eiras / Fotografía: Catrogatos

Publicado en Asociacións, Deportes, Portada | Deja un comentario

ACOME realiza o seu concerto de fin de ano no Teatro Principal

Fotografía: Iria Eiras

Publicado en Música, Portada | Deja un comentario

Este sábado péchase o Ciclo de Teatro Infantil de Nadal có musical "El Mago de Oz"

IMG_5699Este sábado nunha dobre sesión ás 17:00 e 19:00 horas o principal acollerá o gran musical «El Mago de Oz» que porá o peche de ouro a programación infantil de Nadal.

Durante estas datas festivas para os máis cativos puderon desfrutar das representacións de «Xango» de Talía Teatro, «Nuncabunga» de Elefante Elegante, «Mamá Cabra» en concerto e «Momentos de Asombro» de Martín Camiña que ademáis realizou un taller de maxia.

«Xango» de Talía Teatro

«Nuncabunga» de Elefante Elegante

«Mamá Cabra» en concerto

«Momentos de Asombro» de Martín Camiña

Redacción e fotografía: Iria Eiras

Fotografía Mamá Cabra: Catrogatos

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario