O Monte Louro é unha formación granítica, cuberta de rochas e matorral baixo que está a carón do Océano Atlántico. Alí comenza a Costa da Morte galega pola ría de Muros- Noia.
Visible dende moitos puntos da comarca do Barbanza, por exemplo, dende o Castro de Baroña, ou dende as plaias ou o Faro de Lariño en Carnota , o Monte Louro erguese sobre o nivel do mar 241 metros. Ao seu pé ten o faro de Louro, en funcionamento dende 1962.
O Monte Louro, xunto coa lagoa de Louro, sita detras do monte, estan declarados como lugares LIC: lugares de interés comunitário.
O equipo de fútbol sala feminino Estrada FSF organizou o pasado sábado tres partidos amigables no que se recadaron fondos e tapóns para Xosé Manuel Iglesias, un rapaz de Vedra con Disparesia Espástica Nivel 4.
Xosé Manuel foi operado o 17 de Decembro en Barcelona. Os gastos da custosa operación foron sufragados grazas aos donativos desinteresadas e iniciativas solidarias coma a deste fin de semana en A Estrada. Agora, tras a exitosa operación quédalle unha longa rehabilitación para a que continúa precisando axuda.
Nestes partidos recadáronse 200€ na venda de rifas para o sorteo de agasallos doados por Auro Sport e Plusmarca, ademais de tapóns.
No primeiro encontro enfrontáronse dous combinados de benxamíns do Meigas FSF, club de Ames, e do Estrada FSF, onde ás máis cativas demostraron que xa apuntan maneiras neste deporte. Sigue leyendo →
O musical «El Mago de Oz» encheu de musical, luz e humor o teatro principal ante 500 espectadores de todas as idades repartidos en 2 sesións.
Así se pechou o pasado sábado un exitoso Ciclo de Teatro Infantil de Nadal organizado polo departamento de Cultura do Concello, que non defraudou aos máis pequenos nin aos non tan cativos.
Redacción: Iria Eiras / Fotografía: Iria Eiras e Catrogatos
A Estrada será, por primeira vez na historia, punto de partida dunha etapa da Volta Ciclista a España, despois de que as xestións da Deputación de Pontevedra conseguisen pechar, por terceiro ano consecutivo, a presenza desta proba ciclista na provincia.
O inicio desta etapa na Estrada obedece á intención da Deputación de promover o conxunto da provincia, achegando a proba ciclista aos concellos do interior e é froito tamén da implicación do rexedor local e deputado provincial, José López Campos, que xa analizara con Rafael Louzán en varias ocasións as posibilidades de levar este evento ao concello.
De feito, a saída dunha das últimas etapas da Volta a España desde A Estrada pretende non só ser un elemento de dinamización económica e promoción turística, senón tamén servir de homenaxe á tradición ciclista deste concello, reflexada no histórico Club Ciclista Estradense, no Bike Estrada e en recoñecidos ciclistas que disputaron a Volta a España en distintas edicións anteriores.
A etapa disputarase o xoves, 11 de setembro, e percorrerá máis de 15 concellos das comarcas de Tabeirós-Terra de Montes, Caldas, Arousa e Pontevedra. Así, desde A Estrada seguirá cun percorrido polos concellos de Cuntis, Moraña, Caldas de Reis, adentrándose no Salnés, onde pasará por Vilagarcía, Cambados e outros municipios da comarca. Achegarase tamén ao Mosteiro de Armenteira, para rematar no alto do Monte Castrove, no concello de Meis, co campo de golf como telón de fondo e cunhas excelentes vistas sobre as rías de Arousa e Pontevedra. Sigue leyendo →
Plantexan un acordo en apoio aos usuarios do servizo de transporte adaptado para persoas con discapacidade e/ou dependentes, instando á Xunta ao seu mantemento
Varias son as mocións socialistas rexistradas no Concello e que o alcalde López Campos tiña bloqueado para que non se debateran en Pleno. A pesares de estar rexistradas en tempo e forma, nin convocaba as comisións informativas ao efecto, nin as incluía na orde do día do Pleno, e máis impedía o seu debate en sede Plenaria como se dun rodillo se tratase unha e outra vez, sen importarlle o contido das mesmas.
“Entendemos que certos debates para o Alcalde resultan incómodos, sobre todo tratándose de defender á Estrada fronte á prexudiciais decisións da Xunta e do Estado, pois por todos e coñecida a súa faceta servil ante os seus xefes do PP, pero os socialistas non nos cansaremos de traballar en favor dos veciños e veciñas da Estrada, inda que iso implique ter que reiterar a presentación das mocións por todas as vías que a lei nos permita”
Durante o primeiro pleno do ano 2014, celebrado o pasado xoves día 2, o Sr. López Campos impediu novamente o debate de varias das mocións presentadas polos socialistas, aducindo convocar as pertinentes comisións para a súa análise. O mesmo que xa tiña feito noutras ocasións, sen que ditas comisións se teñan convocado finalmente, mais nesta ocasión a novidade é que puxo como data para as mesmas a vindeira semana. “Agardamos que esta decisión do Sr. Campos non caia no esquecemento como aqueles propósitos de deixar de fumar, facer dieta ou ir ao ximnasio que algúns se marcan a inicios dun novo ano e que finalmente caen en saco roto”, ironizou a portavoz socialista Belén Louzao. Sigue leyendo →
Na casa de A Matanza, sita en Padrón, viveu a famosa poetisa galega, Rosalía de Castro. Hoxe en día é un museo que alberga a maior parte dos obxetos e recordos persoais da escritora. É un edificio de duas prantas; a vivenda donde Rosalía pasou os seus últimos anos de vida. Na planta baixa amosanse como comentamos anteriormente, os recordos e obxetos persoais da poetisa, namentras que na planta alta recrease unha vivenda rural da época. Hai unha mezcla clara entre unha casa rural de labranza con detalles de nobleza; dentro dun estilo moi sencillo. Intactos estan unha cociña antiga, a lareira e utensilios clásicos. Fermosos son os coidados xardíns que arrodean A Matanza con multitude de árbores senlleiras, un antigo lagar e ata un busto da que foi a máis importante das letras galegas.
Utilizamos cookies propias y de terceros para garantizar el funcionamiento de la web, medir su uso y mejorar nuestros servicios. Puede aceptar todas las cookies, rechazar las no necesarias o configurar sus preferencias. Política de cookies
Configurar cookies
Necesarias para que la web funcione correctamente. No se pueden desactivar desde este panel.
Ayudan a medir el uso del sitio y mejorar sus contenidos.
Permiten publicidad, medición de campañas o personalización de anuncios.
Guardan preferencias o permiten contenido externo no necesario.