Na tarde do sábado tivo lugar no campo municipal Monte da Vila do Grobe, o comezo da liga feminina de Fútbol Gaélico. As encargadas desta cita histórica serían as locales Mecas Fg e o equipo visitante das Irmandinhas. As estradenses pronto se adiantarían no marcador e faríanse donas do partido, dominando claramente no xogo e posesión do balón, chegando o descanso cunha clara ventaxa de 1,00 (3) – 6,03 (21). Xa no segundo tempo as Mecas intentaron acortar distancias afogando as saidas das irmandinhas no seu campo pero nada puideron facer ante o equipo dirixido por Carlos Torres, chegando o resultado final de 3,04 (13) – 7,06 (27) deste xeito as Irmandinhas A Estrada FG situaríanse no alto da táboa seguidas das Mecas FG e pechando a clasificación as Fillas de Breogán da Coruña que descansarían nesta primeira xornada. Por parde das Irmandinhas xogarían: Mayte, Africa, Alba, Andrea, Nati, Nerea Rey, Nerea Rodríguez, Olalla, Athenia, Paula, Eva e Laura. Sigue leyendo
O Irmandinhos A Estrada FG colócase líder
O PSdeG denuncia que a cesión de impostos suporá o pago de 400.000€ e o convenio para o lixo unha subida de recibos a partir de 2015
Os socialistas denuncian que ceder a recaudación municipal de impostos ao ORAL costará 400.000€ en beneficio da Deputación. Consideran este traspaso como unha estratexia para aumentar o porder desta institución.
En canto ao convenio para o lixo, posturanse en contra xa que consideran que suporá perder o control sobre un servizo básico para os cidadáns, e implicará unha subida nos recibos de recollida a partir do 2015 ao ter que equipararse aos de toda a provincia.
Así no lo explicou Xosé Antonio Dono, acompañado de Belén Louzao e Montserrat Marceiras, en representación do PSdeG PSOE de A Estrada.
Redacción e fotografía: Iria Eiras
Gravación: Adrián Eiras e Iria Eiras
O restaurante Sala Gradín sumase a lista de empresas colaboradoras con cáritas
Sala Gradín donará durante o mes de Decembro 25 menús diarios a cáritas para distribuír entre as familias máis necesitadas.
Representantes de cáritas, José Manuel Vázquez, Lourdes Tejedor, Victoria Pombo e Fita Delgado, acompañados da concelleira de Benestar Social, Amalia Goldar, e de representantes de Sala Gradín, Antonio e Adriana Abelleiro, así nos presentaron a iniciativa no Pazo de Xerlís, sito en Guimarei, e pertencente a Sala Gradín.
Gravación e fotografía: Adrián Eiras
Redacción: Iria Eiras
Xa podedes adquirir os tickets para a VIII Edición da Festa dos Callos de Matalobos
Un ano máis a comisión da Festa dos Callos de Matalobos ten preparada unha gran festa no marco das súas festas patronais, na honra a Santa Eulalia.
Ás 13:30 horas terá lugar a misa cantada pola Coral San Paio onde se entregará o ramo aos novos cofrades. Unha vez rematada a celebración litúrxica, os actos festivos trasladaranse a carpa sita no campo da festa, carpa pechada e ambientada con canóns de calor. Alí amenizará os momentos previos ao xantar o grupo folclórico Tequexetéldere.
A comida está prevista a partir das 14:30 horas, onde se poderá comer callos a fartar polo módico prezo de 10€, os menores de 12 anos, 5 €, e os menores de 5 anos de balde. O menú ademais do prato do día, inclúe pan, viño, postre, café e a cazoa de barro de agasallo. ademais tamén se poderán adquirir racións para levar a 5€.
Os tíckets pódense adquirir ata o 12 de Decembro no Asador de Leo, Taberna Aurora, Carnicería Coto de Liñares, Café de Xulia, Eureka, Paradero, A Caldesiña e A Esmorga.
Para pechar a festa a partir das 17:30 horas comezará unha gran verbena coas orquetras Filadelfia e Aché.
Gravación: Adrián Eiras
Redacción e Fotografía: Iria Eiras
A promoción de mestres e mestras do 76 réndelle homenaxe a Olimpio Arca
A promoción de mestres e mestras do ano 1976 reúnese todos os anos nunha comida de confraternidade. Nesta ocasión, tiveron como punto de encontro o restaurante Samaná na nosa vila.
Aproveitando a visita a xuntanza na Estrada homenaxearon a Don Olimpio Arca, membro desta promoción.
Redacción e fotografía: Iria Eiras
BATÁNS DE MOSQUETÍN, VIMIANZO.
Sitos en Vimianzo, provincia de A Coruña, os Batáns de Mosquetín son un conxunto etnográfico constituído por tres batáns e varios muíños de auga, asentados ao pé do río Grande.
Os Batáns de Mosquetín foron construídos no século XII, no ano 1160, e os muíños foron construídos posteriormente.
Un batán é unha edificación exactamente igual que un muíño de auga, pero o seu uso cambia totalmente. Tanto uns coma os outros, estan arrodeados dun presa pola que se encauzou o auga do río. Ésta cae con forza sobre as aspas do muíños ou batáns. Concretamente no caso destes últimos, o seu uso era para traballos téxtiles. O porse o auga en contacto coas aspas do batán comeza a funcionar todo un mecanismo que unha vez metidos os tecidos dentro da estructura de madeira habilitada a tal xeito, eran compactados con forza, chegando a ser impermeables. Sigue leyendo
Xa está aberta a reserva de entradas para "Os Axóuxeres" ata completar o aforo de 100 localidades
Este luns día 2, entre as 10.00 h e as 14.00 h, activarase o servizo de reserva de entradas para o espectáculo OS AXÓUXERES que terá lugar o vindeiro sábado 7 no Teatro Principal da Estrada ás 12.00 h.
Os Axóuxeres traen historias, música e diversión para os cativos menores de 6 anos, desta volta da man dunha compañía pioneira do teatro para bebés en Galicia: Caramuxo Teatro.
Na obra cóntanse historias adaptadas á xente miúda da casa, mesturadas con cancións especificamente creadas para a montaxe que implican directamente a participación do público.
O punto de partida é o descubrimento do mundo que nos rodea, tan característico da idade máis temperá. A partir da curiosidade por saber o que hai dentro dunha casa, e empregando o elemento sorpresa, fálase dos cambios que vivimos a diario na nosa vida e no noso contorno. Estes preséntanse como elementos positivos no desenvolvemento das persoas e das relacións entre elas. Preguntarse quen será ese novo veciño que é diferente
a min e descubrir o seu mundo pode ser unha canle a novas experiencias e novas aprendizaxes de vida.
A entrada para os Encontros dos Axóuxeres é de balde, con reserva previa ata completar a capacidade. As persoas interesadas en asistir á función na Estrada poderán inscribirse a partir do día 2 luns de decembro chamando a partir das 10.00 h ao teléfono 610641570. O aforo máximo da función é de 100 espectadores.
Redacción: Departamento de Cultura






































