A Asociación Cultural Vagalumes presentou o diario dun fuxido, Manuel Coto Chan

IMG_3946A Asociación Cultural “Vagalumes”, presentou o diario dun fuxido, Manuel Coto Chan, quen acompañou a Carracedo nos seus últimos días e dá conta no seu manuscrito da experiencia da vida no monte durante aqueles anos. Este diario será colocado na web www.tabeirosmontes.com tanto na súa versión transcrita e traducida como no manuscrito orixinal.

No acto estiveron presentes membros da familia de Coto e testemuñas daquela época que evocan a figura de Hixinio Carracedo, Manuel Coto e todos aqueles que naquel momento KONICA MINOLTA DIGITAL CAMERAenfrontaron a enxurrada totalitaria, sostendo con dignidade exemplar o ideario da liberdade.

O diario de Manuel Coto, titulado polo propio autor “Memorias dun proscrito”, ademais de achegarnos directamente a esta etapa histórica do noso concello, amosanos un texto de grande valor literario que a través da rede faremos accesíbel.

Redacción: Iria Eiras

Fotografía: Iria Eiras e Asociación Cultural Vagalumes

Publicado en Asociacións, Portada | Deja un comentario

A doutora Otilia Quireza realizou unha charla sobre a importancia dunha boa alimentación

IMG_3885

O pasado xoves o Museo do Moble e da Madeira acolleu unha charla sobre Nutrición Enerxética.

A charla foi impartida por Otilia Quireza Ramos que explicou a importancia dos alimentos que consumimos para obter un bo equilibrio físico e emocional.

Redacción e fotografía: Iria Eiras

Publicado en Portada | Deja un comentario

A xoiería Fondevila recibe un diploma como comercio máis antigo do Centro Comercial Aberto

IMG_3853Sindo Villamayor, presidente da ACOE, acompañado de Óscar Durán, edil de comercio, entregaronlle o pasado xoves un diploma a Xoiería Fondevila, como comercio máis antigo dos asociados ao Centro Comercial Aberto.

Redacción e fotografía: Iria Eiras

Publicado en Asociacións, Portada | Deja un comentario

A Estrada concéntrase contra a violencia de xénero

IMG_3192O pasado luns, conmemorando o día contra a Violencia de Xénero, a Praza do Concello de A Estrada acolleu unha concentración contra o maltrato ás mulleres.

A edil de Servizos Sociais, Amalia Goldar, en representación de toda a corporación municipal fixo lectura dun manifesto aprobado no pasado pleno de novembro. Previamente prenderon unhas candeas en recordo das víctimas pola violencia de xénero e remataron o acto gardando un respetuoso minuto de silencio.

Redacción e fotografía: Iria Eiras

Gravación: Adrián Eiras

 

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

Axenda de Fin de Semana

Venres

– 20:00 horas: II Xornadas do Seminario de Estudos Locais da Estrada «Mesa redonda sobre imaxes de lugares emblemáticos do casco urbano» no MOME.

– 22:00 horas: Concerto de Leilía no Teatro Principal.

Sábado

– 8:30 horas: Campionato de España de Mushing na Praia Fluvial de Liñares.

– 19:30 horas: Presentación libro sobre García Barros no MOME.

– 20:00 horas: O Teleclub da Comedia trae a Isi a Casa Escola de Paradela.

– 20:30 horas: Concerto de Santa Cecilia da Banda Cultural da Estrada.

– Festa de Santa Bárbara en Requián, misa ás 12 horas e verbena nocturna.

Domingo

– 9:00 horas: Campionato de España de Mushing na Praia Fluvial de Liñares.

– 10:00 horas: Ruta Popular BTT para adultos con saída da Praza do Concello.

cine 29-11 a 2-12

 

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

Sorteo de entradas para o Concerto de "La Habitación Roja"

OLYMPUS DIGITAL CAMERAO sábado 7 de Decembro terá lugar o Concerto acústico do grupo «La Habitación Roja».

Este grupo valenciano é unha das bandas de pop-rock máis importantes da música española independente. Con dez discos ás súas costas, presentarán na Estrada os temas do su último disco «Fue eléctrico» e farán un repaso por todos os éxitos da súa discografía.

A organización achéganos 4 entradas para sortear entre os que desexedes acudir a este evento. Para concursar non tedes máis que enviarnos o voso nome completo e número de teléfono poñendo como asunto (Sorteo entradas La Habitación Roja), antes do mércores 4 ás 19:30 horas, por calquera das seguintes vías:

– Por Email a: sorteo@aestradanarede.net

– Por SMS ou WhatsApp ao teléfono 648970792

– Tamén podedes enviarnos unha mensaxe privada polo Facebook

fotopromoaltaresol1Unha vez recibida a vosa solicitude remitirémosvos do mesmo xeito o voso número de participación. O sorteo realizarémolo a noite do vindeiro mércores 4 de Decembro, para que os que non vos toquen teñades posibilidades aínda de adquirilas por venda anticipada.

As entradas poden mercarse no Departamento de Cultura do Concello da Estrada en horario de oficina, ou na tenda De Cotío, en horario comercial, (Santiago de Compostela)

Fotografías: Artica Booking Agency

Redacción: Iria Eiras

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

MOSTEIRO DE SAN CLODIO, LEIRO, OURENSE

003 087 copia

O mosteiro de Santa María de San Clodio, Leiro, Ourense, foi declarado MONUMENTO  HISTÓRICO- ARTÍSTICO NACIONAL no ano 1931.

A fundación, as orixes,  deste mosteiro non estan claras. En varios estudos realizados por expertos na materia non se coincide nas datas da contrucción do mesmo. Uns expertos situan a súa fundación no século VI, e outros no ano 929.

Ocupado nos seus orixes polos monxes negros da orde de San Bieito, convertírono nun mosteiro adicado a tarefas agrícolas, introducindo sobre todo o cultivo de vide.

Sigue leyendo →

Publicado en Percorrendo Galicia | Deja un comentario