A zona deportiva do novo estadio contará con un parque exterior de 45.000 metros cadrados

IMG_9605O mércores o concello recibiu a resolución da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, na que se notificaba a financiación do 80% do proxecto para un parque exterior na zona deportiva do novo campo de fútbol.

O proxecto de 50.000€, dos cales 40.000 serán asumidos pola Xunta acondicionaran un parque de 45.000 metros cadrados arredor do novo estadio, dos cales 2.500 metros cadrados estarán formados por zonas verdes nun perímetro cerrado sen acceso ao tránsito de vehículos.

IMG_9693Dende o concello apurarase a contratación das obras xa que teñen que estar finalizadas antes do 30 de Decembro.

Na tarde do mércores o alcalde, Xosé López, acompañado do presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán e do tenente de alcalde, Alberte Branco, visitaron as obras da estrada que enlaza a Avd. de Pontevedra coa Rúa da Cultura e comprobaron os avances do estadio de fútbol.

IMG_9795Posteriormente trasladáronse ao concello onde se reuniron con membros da plataforma de pensionistas retornados, como se comprometera o alcalde no pleno do mes outubro, para tratar de buscar unha solución ás multas que se lle están impoñendo dende facenda por non declarar os ingresos destas pensións durante os últimos anos.

Redacción e fotografía: Iria Eiras

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Os alumnos do Foxo visitan o Pazo de Valiñas

IMG_9452Os alumnos do colexio do Foxo visitaron na tarde do mércores o Pazo de Valiñas, sito na parroquia de Callobre. Alí os rapaces sorprendéronse coas dimensións da sobreira centenaria que se atopa no patio exterior do pazo, a capela anexa, a lareira interior na que observaron o gran oco que daba saída a cheminea e o hórreo do patio interior entre outros atractivos do entorno.

Redacción e fotografía: Iria Eiras

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

O goberno prevé que a Casa das Letras estea lista para a primavera

IMG_7744A pasada semana o alcalde visitou o obradoiro de emprego onde os alumnos restauraron durante o primeiro mes un ollo de boi que se atopaban entre algunhas pedras que se conservan da antiga igrexa da vila. Dende o concello buscan agora un lugar emblemático onde colocalo.

Posteriormente López acompañado do director do obradoiro achegáronse ata o colexio Xosé Antonio, onde se reuniron con técnicos municipais para comprobar o estado do edificio que albergará a futura Casa das Letras. Tras ratificar o bo estado de ambas IMG_7827plantas a brigada urbana procedía ao baleirado interior do edificio para que esta semana os alumnos do obradoiro procederan as obras de acondicionamento. A intención do goberno é que a Casa das Letras estea lista para a próxima primavera.

O alcalde tamén agradeceu aos donos dos terreos anexos ao colexio por permitir o tránsito de camións evitando así o atasco na Avenida Benito Vigo.

Redacción e fotografía: Iria Eiras

Publicado en Emprego e Formación, Portada | Deja un comentario

A noite deste sábado Festa do Outono en Ouzande

ImprimirEste sábado a partir das 9 da noite no Campo da Festa de Ouzande terá lugar a Festa do Outono.

Celebramos a festa das castañas en Ouzande. Haberá castañas asadas e viño novo, de balde para todos os asistentes.

Este ano volveremos ter novidades gastronómicas interesantes para facer unha festa máis doce para todos:

-Degustación de pasteis e doces elaborados con castañas cociñados por socios e socias.

 

SE TI QUERES FACER O TEU DOCE TAMÉN O PODES FACER E COMPARTILO….

– Tamén teremos un servizo de bar con chourizos asados a prezo módico para completar a festa.

Non faltará a música cos compoñentes de RETROUSO, co grupo de pandeireteiras da Asociación e co grupo de cancións RECANTO.

Asociación a Fervenza de Ouzande

Publicado en Festas, Portada | Deja un comentario

MUIÑOS DE VENTO DE "O ABALO", CATOIRA, PONTEVEDRA.

IMG_5869 copiaOs muíños de vento de «O Abalo», restaurados fai aproximadamente 20 anos, forman parte dun pintoresco conxunto que non nos deixará impasibles. Pertencentes ao concello de Catoira, foron durante a súa época de funcionamento os encargados de moer o gran de millo das parroquias colindantes. Ata alí, o gran chegaba nos carros dos veciños.

Sigue leyendo →

Publicado en Percorrendo Galicia | Deja un comentario

Este sábado David Amor traenos "Fóra de Sitio" á Estrada

IMG_9393David Amor, que foi veciño estradense durante a súa infancia, sempre foi amante das actividades teatrais desenroladas no seu colexo, Pérez Viondi, no que estudou durante 5 anos.

Este sábado regresará á Estrada como un humorísta consagrado no panorama español có seu show «Fóra de Sitio», acompañado do pianista «Gabriel Peso».

IMG_9347As entradas xa están a venta anticipada no Departamento de Cultura do Concello en horario de oficina a un prezo de 5€. A representación terá lugar o sábado ás 21:00 horas no teatro principal.

Así no lo presentaron o protagonista, David Amor, acompañado da concelleria Amalia Goldar.

Gravación: Adrián Eiras

Redacción e Fotografía: Iria Eiras

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

Representantes do concello e da empresa Motos Calvelo fixeron entrega dos diplomas acreditativos aos compoñentes do curso de manexo de maquinaria de salvamento

IMG_9303O pasado martes o rexedor, Xosé López, acompañado de Manuel e Xosé Manuel Calvelo, da empresa Motos Calvelo, e do edil Alberto Blanco, fixeron entrega dos diplomas acreditativos do curso de emprego de maquinaria de salvamento realizado por 13 traballadores dos grupos municipais de emerxencias.

Recolleron os diplomas Carlos Faílde, Marcos Cardelle e Miguel Figueiras en representación dos integrantes do curso.

Gravación: Adrián Eiras

Redacción e fotografía: Iria Eiras

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario