A hipocresía do Alcalde: mentres fala de economía de guerra tira os cartos de todos para obter beneficio persoal
“Ceder a xestión tributaria do Concello á Deputación é unha total e absoluta irresponsabilidade por parte do alcalde Sr. López Campos”, con esta rotundidade o grupo socialista da Estrada manifestou, unha vez máis, o seu desacordo con esta decisión “tomada xa polo Alcalde sen someter o asunto a consideración da comisión de Facenda nin do Pleno”.
Traspasar a total xestión tributaria ao ORAL implica a aplicación da ordenanza fiscal da Deputación na súa totalidade. Isto é pagar por xestión, recadación, e inspección. Entre o 1% e o 4% do recadado –varían as % dependendo do imposto ou taxa- en concepto de xestión realizada, máis o 3% ou 4% por recadación, máis o 18% – 20% por inspección e a % de incremento por vía executiva. “Con datos do orzamento 2013, aplicando á xestión e recadación en voluntaria as porcentaxes estipuladas, así como as de inspección o concello entregará anualmente á Deputación 400.000,00€, que incluso se poden ver incrementados pola % de vía executiva”
| Para o imposto anual de vehículos, sobre o total recadado o concello deberá entregar á Deputación: | Para as taxas, sobre o total recadado o concello deberá entregar á Deputación: |
| – Por xestión: 1,5 % | – Por xestión: 2,5 % |
| – Por recadación en período voluntario: 3,80 % | – Por recadación en período voluntario: 3 % |
| – Por vía executiva: o importe das recargas que corresponda en cada caso (5% ou 10%) | – Por vía executiva: o importe das recargas que corresponda en cada caso (5% ou 10%) |
| – Por inspección: 18 % | – Por inspección: 20 % |











































