IGREXA DE SANTIAGO DE TABEIRÓS, A ESTRADA

IMG_7739

 

A igrexa de Tabeirós aínda conserva moitos elementos da súa construcción románica.

Consta dunha nave de ábside rectangular, con contrafortes .No seu exterior hai, nos laterais, ménsulas románicas en bo estado.

 

 

IMG_7760

IMG_7763

IMG_7749

Sigue leyendo →

Publicado en Igrexa, Percorrendo Galicia | Deja un comentario

SANTA MARIA DAS AREAS, FISTERRA

003 copia

 

Unha das últimas  igrexas pertencentes ó Camiño de Santiago, Santa María das Areas, Fisterra, foi construída a finais do século XII. Declarada MONUMENTO HISTÓRICO-ARTÍSTICO, nela atopamos tanto o estilo románico coma o gótico e o barroco. Iso é debido as diversas modificacións e ampliacións que sufreu esta igrexa có paso dos anos.

 

 

Sigue leyendo →

Publicado en Percorrendo Galicia | Deja un comentario

Concello da Estrada e Xunta lembran o día 16 na Cidade da Cultura os 25 anos de traxectoria do Premio de Novela Manuel García Barros

IMG_2649- Programan un evento na Cidade da Cultura que reunirá á meirande parte dos escritores gañadores, que recibirán unha serigrafía creada para a ocasión polo artista estradense Ramiro Cimadevila

- O evento contará coa actuación do pianista Javier Otero e a presenza do conselleiro de Cultura, o presidente da RAG e o alcalde da Estrada

O Concello da Estrada, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, lembrarán o vindeiro sábado 16 de novembro cun acto programado conxuntamente os 25 anos de traxectoria do Premio de Novela Manuel García Barros, creado en 1989 e que actualmente está considerado un dos certames de narrativa máis importantes da literatura galega.

Co gallo da conmemoración do 25 aniversario da creación deste premio de novela teñen previsto programar diversas actividades para celebrar a consalidación do certame e impulsar  a súa difusión e coñecemento en toda a comunidade galega.

En primeiro lugar, o pasado setembro Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística, o alcalde Xosé López, Carlos Loureiro, secretario do premio e Carlos Lema, director da editorial Galaxia, acompañados da familia de Manuel García Barros presentaron a páxina web www.premiogarciabarros.com, que lembra a historia e as anécdotas do premio e pon en valor os traballos considerados xa figuras de referencia da literatura galega contemporánea.

IMG_2709Ademais, de xeito complementario ao tradicional acto de entrega do premio de 2013 á gañadora desta edición, Anxos Sumai, celébrase este evento na Cidade da Cultura que tentará reunir a todos os escritores vivos que ao longo dos 25 anos de historia do certame foron merecentes da súa máxima distinción.

O acto pretende promocionar e difundir en toda Galicia os valores e a aposta cultural e literaria do premio estradense co gallo da súa vixésimo quinta edición. Para iso, reunirá á meirande parte dos escritores gañadores do certame dende 1989, entre os que se atopan algúns dos autores máis importantes da literatura galega contemporánea. Xa confirmaron a súa presenza no evento escritores como Alfonso Álvarez Cáccamo, Xerardo Agrafoxo, Francisco Castro, Xesús Constela, Antonio Piñeiro, Bieito Iglesias ou Anxos Sumai. En recoñecemento á súa contribución á consolidación do premio e á construción do seu prestixio actual, todos eles recibirán unha serigrafía creada especificamente para a ocasión polo artista estradense Ramiro Cimadevila. Sigue leyendo →

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

PRAIA DE TRABA, LAXE, A CORUÑA

TRABA 144 copiaA súa area é tan fina que o solpor chega a reflexarse nela tal e coma se fose nun espello. A súa auga é batida pola forza do vento, sen compasión. De noite cando pasamos pola estrada, o berro magoento dun corazón ferido chega ata nós, e sin saber da existencia da Praia, indagamos e preguntamos os lugareños de dónde sae ese  son; e contéstannos: «da Praia, sae da Praia de Traba».

TRABA 210 copia

A Praia de Traba en Laxe, A Coruña, conforma outra paisaxe espectacular da Costa da Morte galega.  A lagoa interior e a extensa duna completan esta fermosa Praia que temos que visitar cando pasemos por Laxe.

TRABA 359 copia

TRABA 301 copia TRABA 288 copia

 Redacción e fotografía: Ana Requeijo.

Publicado en Percorrendo Galicia | Deja un comentario

Os Irmandinhos disputaran este sábado o seu primeiro partido de liga fronte ao Pontevedra

irmandinhos_escudo_03pontevedraEste sábado 9 terá lugar no campo municipal de Figueiroa o partido correspondente a primeira xornada de Fútbol Gaélico. Os Irmandinhos medirán ás súas forzas fronte un recen creado Pontevedra FG. O encontró terá lugar ás 19:00 h. Os de Sito contan con algunha baixa pero esperan estar a un gran nivel e revalidar o titulo de campións de Galicia.

No referente a primeira xornada os Mecos caeron fronte o Estrela Vermelha de Santiago por un marcador de 3-09 (18) 4-11 (23) e os Fillos de Breogán A Coruña tocalles descansar.

Na parte feminina as Irmandinhas aproveitarán a ocasión para facer un partido amigable entre elas, de forma preparatoria para o comezo da súa liga que arranca no Grove o vindeiro 30 de Novembro fronte As Mecas Ogrobe FG.

Lembrar os asistentes que tanto o partido masculino como femenino servirán para a iniciativa do equipo de seguir recoletando tapóns para José Manuel, rapaz de Vedra que ten que afrontar unha operación que non cubre a Seguridade Social. Convidamos a tódos a achegarse o campo a ver un deporte distinto e solidarizarse coa causa de José Manuel.

O remate da xornada dará paso o habitual e tradicional terceiro tempo que terá lugar no bar Valenciaga.

Fotografía e Redacción: Irmandinhos Estrada

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

O Campionato de España de Mushing Terra celebrarase en A Estrada

IMG_7695A Estrada acollerá o Campionato de España de Mushing Terra que se celebrará o 30 de Novembro e 1 de Decembro, no entorno da Praia Fluvial do río Liñares.

A organización composta pola Federación Española de Deportes de Inverno e pola Asociación ACADE en colaboración co Concello de A Estrada, elixiron este enclave polo atractivo paixasístico do entorno e a boa condición as pistas, que xa acolleron o Campionato Galego o pasado ano.

Así no lo presentaron o edil de Deportes, Ismael Pena, acompañado de Roberto Salvado en representación de ACADE.

Sigue leyendo →

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

MUÍÑOS DE VESACARBALLA, SABUCEDO, A ESTRADA.

imagen 326 copiaNo río Vesacarballa, afluente do río Lérez, atopamos a ruta dos muíños VESACARBALLA. Sita en San Lourenzo de Sabucedo, parroquia estradense, coñecida mundialmente pola súa famosa festa da Rapa das Bestas (festa de interese turístico), esta ruta, de aproximadamente 1,5 kilómetros achéganos á natureza por medio dun frondoso bosque e un caudaloso río, aunando pasado e presente.

imagen 334 copia

Conflue o pasado en forma de varios muíños, situados nas marxes do río, muíños totalmente restaurados que fan que o paseo por VESACARBALLA este cargado de sensacións.

imagen 263 copia

Sigue leyendo →

Publicado en Percorrendo Galicia, Turismo | Deja un comentario