RUTA DA PEDRA E DA AUGA, RIBADUMIA-MEIS

imagen 1171 copia

A senda que percorre as marxes do río Armenteira ó seu paso polos concellos de Ribadumia e Meis, permítenos disfrutar dun entorno natural dentro dun frondoso bosque e coñecer os distintos muíños, lavadoiros e fontes que hai dentro dela. Tamén fermosas fervenzas.

imagen 1199 copia

 

Sigue leyendo →

Publicado en Percorrendo Galicia | Deja un comentario

Fin de semana de comedia no Principal

A programación do principal para este fin de semana acolle dúas comedias da compañía Talía Teatro.

web_bicos con lingua (4)_1Para comezar o venres ás 21:00 horas porase en escea a obra «Bicos con lingua». A representación de 50 minutos de duración está recomendada para maiores de 12 anos.

Este divertido espectáculo, o máis representado da historia recente do teatro galego e que está a celebrar a xira do seu décimo aniversario, nace dun forte sentimento de amor a lingua galega. Pero non se trata en ningún momento dun exercicio de victimismo, senón de afondar nun problema real e, certamente, preocupante. O que pretende a montaxe é que esta supoña para o espectador unha experiencia de redescubrimento dunha lingua que existe e que crece na súa inmensa riqueza a pesares dos usos e abusos aos que está sometida de cotío.

Foi creada por Avelino González, Suso de Toro, Cándido Pazó, Xabier Lama, Manuel Núñez Singala, Ana Iglesias e Marta Etxebarría.

Os encargados da posta en escea son artur Trillo e Toño Casais.

As entradas estarán a venda dende unha hora antes na billeteria do teatro a 5,00€

pequena1Xa no sábado chega unha representación máis do Ciclo Colorín Colorado, como xa é habitual ás 12:30 horas. Nesta ocasión representarase a obra «Pequena», de 55 minutos de duración e que vai dirixida a rapaces de entre 4 e 10 anos.

Hai pequenas que son xigantes, bomo Barbadac, a ogresa, filla do ogro que gardaba o tesouro das botas de sete leguas ata a chegada de Polgariño. Barbadac escolleu non gardar tesouros, senón compartilos, como Petipuá, a pulga artista, que quixo levar o seu espectáculo a todas as partes do mundo, incluída a Illa dos Salvaxes, e demostrou que non hai límites nin fronteiras para conseguir o que desexas, nin aínda sendo pequena coma unha pulga. E hai pequenas cunha imaxinación grande, como Nadiña, que é quen nos conta as historias de Barbadac e de Petipuá, quen nolas representa con bailes, con cancións, con alegría e cunha forza enorme. Hai grandes pequenas e grandes pequenos, tan grandes que poden cambiar o mundo ao seu xeito.

A autora da obra é Paula Carballeira e será representada por Marta Ríos.

As entradas estarán a venda dende unha hora antes na billeteria do teatro a 3,00€.

Redacción: Iria Eiras

Fotografía: Departamento de Cultura

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

Carlos Loureiro, Asociación PuntoGal e Benito Montero premiados na XXIII Edición dos Premios San Martiño de Normalización Lingüística

IMG_7342RESOLUCIÓN DO PADROADO DA XXIII EDICIÓN DOS PREMIOS SAN MARTIÑO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA – 2013

A Asociación Cultural O Brado, por medio da presente, pon no seu coñecemento que o Padroado dos Premios S. Martiño de Normalización Lingüística, celebrou reunión onte mércores 29 de outubro para fallar os Premios S. Martiño do ano 2013, que serán entregados nun acto aberto a todo o público o vindeiro xoves, 14 de novembro ás 20.30 horas no Teatro Principal da Estrada.

Os premios, concedéronse, nas súas tres modalidades:

· A Estrada e Comarca de Terra de Montes a D. Carlos Loureiro Rodríguez
· Galicia Enteira a Asociación PuntoGal
· Toda unha vida a D. Benito Montero Prego

IMG_7431Premio á difusión da lingua na comarca de Tabeirós Terra de Montes Outorgado a D. Carlos Loureiro Rodríguez

Carlos Loureiro Rodríguez nace en Callobre (A Estrada-Pontevedra) no ano 1957. É Licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela.

Compaxina o seu traballo docente coa colaboración activa en todo movemento cultural estradense que se distinga por traballar a prol da nosa lingua e cultura. Neste eido, pasa por ser o máis cualificado biógrafo do insigne galeguista estradense, D. Manuel García Barros “Ken Keirades”, ao que deu a coñecer traballando en distintas edicións da súa obra literaria.

Tamén se encargou da edición de distintas pezas teatrais do dramaturgo estradense Manuel D. Varela Buxán. Sigue leyendo →

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

MUSEO DE APEIROS DE LABRANZA, PAZO DE OCA, A ESTRADA

01 316 copiaDentro do museo dos apeiros de labranza do pazo de Oca podemos ver dende un carro ata una sementadora, pasando por outros apeiros tales coma: sachadeiras e aradiños de ferro, algúns tipos de serróns ou mesmamente xugos para xunguir ás vacas aos carros.

Sigue leyendo →

Publicado en Percorrendo Galicia, Turismo | Deja un comentario

OS MAIMÓNS, CURANTES, A ESTRADA

maimon1Pensar nos Maimóns do río de Curantes, fai que a miña mente retroceda ata aquelas longas tardes estivales nas que tanto os nenos da aldea de Pousada coma todos os que pasaban as súas vacacións alí, nos xuntábamos nas pozas dos Maimóns para ou ben darnos un baño nas súas augas ou merendar e xogar.

Longas tardes de verán, tardes de  confidencias susurradas baixo as follas das árbores, confidencias  que se foron aloumiñadas no silencio eterno do auga que labra as pedras do curso do río. 

IMG_9936ab copia

Unha ponte romana e varios muiños, algúns xa en estado moi ruinoso e outros restaurados, conforman, agochados no medio do monte do Tumbio, un entorno que fixo, fai e fará as delicias de todos aqueles que temos o privilexio de saber como chegar os Maimóns do río de Curantes.

Redacción e fotografía: Ana Requeijo.

Publicado en Percorrendo Galicia, Turismo | Deja un comentario

Presentan un programa para ensinar aos empresarios a mellorar a xestión do pequeno comercio

IMG_7273Na noite do luns o alcalde estradense, Xosé López, acompañado do concelleiro de Promoción económica, Óscar Durán, do director de proxectos da Fundación Incyde, Órcar Fraile, e de representantes da ACOE e da ACE, David Pedreira e Gonzalo Figueiras respectivamente, presentaron un curso destinado a empresarios para realizar unha mellor xestión do pequeno comercio có título “Programa de mellora de MicroPymes”.

IMG_7282O programa de 8 semanas de duración impartirase no edificio de usos múltiples sito na Avda. Benito Vigo n.º104 de A Estrada, sendo a inauguración o próximo 11 de novembro ás 20:30.

O Programa está dirixido a entre 20 e 25 persoas responsables da xestión dun Pequeno Comercio que queiran mellorar a rendibilidade do seu negocio, sendo o obxectivo principal a elaboración dun Plan Estratéxico que permita mellorar as capacidades comerciais das empresas participantes, así como avaliar outras alternativas de expansión e consolidación. Sigue leyendo →

Publicado en Emprego e Formación, Portada | Deja un comentario

Comida solidaria polo pobo Saharaui

IMG_6294

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario