APROBADO O PLAN XERAL DE A ESTRADA

_MG_9783E desta ocasión foi a vencida,                           o PXOM logra a aprobación definitiva.

Este mediodía o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández, puxo a súa rubrica na orde para a aprobación definitiva do Plan Xeral de A Estrada. Hernández, acompañado do alcalde visiblemente emocionado, José López, ratificou que, a pesar de que se teñen que realizar pequenos axustes, a aprobación é xa definitiva e o novo Plan Xeral entrará en vigor nos próximos días, unha vez saia publicado no Boletín Oficial da Provincia._MG_9827

Pola súa parte o rexedor comentou que para el era o día máis feliz da súa vida ao acadar o seu reto máis difícil. Lembrouse dos membros das distintas corporacións que durante 20 anos traballaron para tentar aprobar este plan e agradeceu especialmente o apoio da súa familia e compañeiros de goberno durante este último ano.

Tamén asistiron a firma o delegado Territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís, a secretaria Xeral de Territorio e Urbanismo, Maria Encarnación Rivas Díaz, o responsable do equipo redactor e os membros do equipo de goberno local.

Fotografías, Gravación e Redacción: Iria Eiras

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

O BNG leva ao Parlamento Galego o vertedoiro de San Xiao de Vea

IMG_4929O concello pasa olimpicamente dun vertedoiro ilegal onde hai máis de vinte e cinco coches, un camión, unha furgoneta, latas e recipientes de líquidos inflamábeis, metais e ferros de todo tipo amoreados a escasos vinte metros do río Vea e ao pé da Ruta do Salmón de bicicleta de montaña.
O BNG da Estrada anunciou publicamente que leva ao Parlamento Galego o vertedoiro ilegal da Parroquia de San Xiao de Vea, e faino, segundo indicou o concelleiro da organización nacionalista, Xosé Magariños, “por mor da incompetencia, do pasotismo e a parálise do goberno municipal neste asunto”.
Vertedoiro San Xiao 1Para o portavoz municipal do BNG, “é intolerábel que logo de termos denunciado publicamente en múltiples ocasións este vertedoiro nos últimos anos, mesmo en privado ao concelleiro de medio ambiente, non só non se limpa senón que medra cada día que pasa”.
Segundo indicou o concelleiro nacionalista “non estamos a falar dun pequeno vertedoiro, falamos de máis de 25 coches, un camión, unha furgoneta, latas e recipientes de líquidos inflamábeis, metais e ferros de todo tipo amoreados a escasos vinte metros do río Vea e ao pé da Ruta do Salmón de bicicleta de montaña”. Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Programación de Fin de Semana

Badminton sub17Dende o venres de 14:00 a 21:00 horas e durante todo o fin de semana, disputarase no pavillón Coto Ferreiro o Campionato de España de bádminton sub-17. O sábado o horario de competición será de 9:00 a 21:00 horas e o domingo, xa as finais, de 10:00 a 13:00 horas.

A noite do venres, ás 21:30 horas, terá lugar a representación teatral da obra “AMORES E CRIMES DE XAN PANTEIRA” da Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada (Entrada de balde) Co gallo do ano adicado a Roberto Vidal Bolaño, o grupo de adultos da Escola presenta unha adaptación de unha das primeiras pezas montadas pola compañía de Roberto, titulada “Antroido”; como un xeito de homenaxear a un dos dramaturgos máis importantes da literatura e da escena galegas.

O sábado presentase con gran variedade de actividades na vila ademais do xa devandito campiontato de bádminton.

ZapatosÁs 12:00 teatro para os máis cativos no principal dirixido a nenos de entre 1 e 4 anos a compañía Caramuxo Teatro representará a obra «Zapatos». As entradas poden adquirirse antes da función na billeteira do teatro por 3,00€

SINOPSE:  ¿Que pasa con todos eses zapatos que xa ninguén usa? Todos os días chegan a un recuncho dun agochado xardín fantásticas historias, as vivencias que traen consigo unha morea de zapatos de todos os tamaños e cores. Unha pequena rapaza é a encargada de coidalos, de darlles a benvida ao lugar onde vivirán para sempre, un lugar onde poder compartir emocións con centos de compañeiros que teñen moito que contarnos. «Zapatos» narra todas esas historias que levan dentro os zapatos que xa non teñen dono.

Rober BodegasXa pola tarde, a partir das 16:30, terá lugar o I Trofeo de Ciclismo na Avenida 25 de Xullo, onde se poderán inscribir os participantes que o desexen.

Para rematar, ás 23:00 horas Rober Bodegas chega ao Teatro Principal co seu espectáculo «O umbral da
estupidez». O pase demorouse dúas horas a razón dos partidos que disputan os dous equipos na elite do fútbol galego que se xogan a permanencia na Primeira División. As entradas xa están a venda no departamento de cultura, 4ªPlanta do concello, polo prezo de 8€ en venta anticipada. Tamén se poderán adquirir unha hora antes do espectáculo na billeteira do teatro por 10€.

Na xornada do domingo, ademais das finais do campionato de bádminton, o entorno do pavillón Coto Ferreiro albergará a fase final da Liga FGB de Minibasket e Ascenso CallobrePreminibasket e un torneo 3X3 de Minibasket para nenos de entre 7 e 12 anos de prebia inscrición libre.

Ás 12:15 nova cita polo ascenso con un dos nosos equipos estradenses, o Callobre C.F. xogase o ascenso a liga galega.                ¡Forza Callobre!

Mentras en Loimil celebran a súa tradicional XI Festa do Año ao Espeto.

Redacción: Iria Eiras

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

Este domingo todos co Callobre C.F.

Ascenso Callobre

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

Este fin de semana A Estrada volverá ser a capital española do bádminton

IMG_9282

Hai 3 semanas que A Estrada acollía o Campionato de España de bádminton e este fin de semana volverá a ser o centro deste de porte co Campionato de España de bádminton sub-17.

IMG_9352O torneo contará con 150 deportistas de 34 clubs, dos cales 11 pertencen ao equipo estradense. O Reale é o club que máis xogadores foi quen de clasificar para o campionato, así no lo fixo chegar Rodrigo Sanjurjo, vicepresidente da Federación Española de Bádminton, durante a presentación do evento na que estivo acompañado do rexedor, José López, da deputada de deportes da Deputación de Pontevedra, Begoña Estévez e o do concelleiro de deportes, Ismael Pena.

Fotografía: Mariana Dono

Gravación e Redacción: Iria Eiras

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

A Estrada acollerá a fase final da liga FGB Mini e Premini

Cortada

Este domingo os mellores equipos do baloncesto base galego daranse cita no pavillón Coto Ferreiro para disputar a fase final da Liga FGB Mini e Premini.

A súa vez no entorno do pavillón terá lugar un torneo de baloncesto 3X3 de inscrición aberta para rapaces de entre 8 e 12 anos. Nesta competición xa conta con máis de 80 participantes.

IMG_9305Entre os 16 equipos da fase final da liga autonómica e os participantes no torneo 3X3 espérase unha gran afluencia de visitantes a vila. Durante a presentación do evento o rexedor, José López, apuntou que espera que a afluencia dos rapaces con familiares e amigos repercuta positivamente na hostalaría local e sirva de promoción turística para o concello. Tamén valorou a importancia de fomentar o deporte, sobre todo entre os máis cativos, e agradeceu aos clubs estradenses que traballan co deporte base desinteresadamente. Acompañaron ao alcalde na presentación Francisco Martín, presidente da Federación Galega de Baloncesto, Begoña Estévez, Deputada de Deportes da Deputación de Pontevedra, Alfonso Sanmartín, presidente do E.D.M. Estradense, Ismael Pena, concelleiro de deportes e Herminio Cabero, director de La Caixa en A Estrada, entidade patrocinadora do evento.

Os partidos comezarán ás 9:30 ata as 19:00 horas.

Para máis información e inscricións no torneo 3X3 poden acceder a páxina da federación galega de baloncesto. www.fegaba.com

Fotografía: Mariana Dono

Gravación e Redacción: Iria Eiras

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

I Trofeo de Ciclismo de A Estrada

I Trofeo de Ciclismo Concello da Estrada

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario