Fotografías: Mariana Dono
A Escola Municipal de Artes Escénicas interpreta a primeira obra de fin de curso "Amores e crimes de Xan Panteira"
A Asociación de Mulleres Rurais de San Xurxo de Vea realiza unha cea de fin de curso de Ximnasia no Restaurante A Fandiña
O campionato galego de ciclismo na proba contra o reloxo terá lugar este domingo en Codeseda
Este domingo día 9 terá lugar na parroquia de Codeseda o campionato galego de ciclismo na modalidade contra o reloxo. Así no lo presentaron esta semana o concelleiro de deportes, Ismael Pena, acompañado do seleccionador galego, José Ángel Vidal, o xerente da Federación Galega de Ciclismo, Ricardo Terceiro, o director e técnico, Guillermo Sande e Luis Dios do club ciclista estradense.
A proba partirá de A Sagrada, Codeseda, ata Nodar, Arca, nun recorrido de ida e volta. Ás 13:30 entregaranse os trofeos das tres categorías participantes, Féminas, Cadetes e Máster.
Redacción e Gravación: Iria Eiras
O PSdeG PSOE fai valoración da aprobación do PXOM de A Estrada por parte da Xunta de Galicia
Feita pública a aprobación definitiva, condicionada, do PXOM da Estrada por parte da Xunta de Galicia, os socialistas solicitamos acceso ao expediente de resolución, para poder valorar na súa totalidade dita aprobación. A data de hoxe o goberno municipal inda non tivo a ben facilitar dita información, non obstante, dende o grupo socialista –ante a pregunta reiterada por distintos medios- realizamos as seguinte valoración.
A aprobación do Plan Xeral parécenos ben, e a ferramenta necesaria para desenvolver e dinamizar o Concello. É unha carta necesaria para poder xogar a partida, e a súa carencia supuxo un importante lastre de moitos anos na Estrada, pero esta carta non gaña por si soa a partida. A súa aprobación non debe considerarse como un fin en si mesmo, se non como un fito necesario para lograr o obxectivo de desenvolver o potencial do noso Concello.
Despois de traballar durante décadas para lograr o documento que regule o urbanismo da Estrada, é unha pena que planee sobre o mesmo a sombra da inseguridade. O documento validado pola Xunta foi aprobado con informes desfavorables do secretario municipal, tras as modificacións unilaterais realizadas polo goberno local sobre un documento anterior que si contaba con informes favorables dos técnicos municipais titulares, que os veciños descoñecen pois non foi exposto ao público e sobre o que pende a sombra de posibles recursos por vía xudicial. O recorrido deste documento tan importante nos 2 últimos anos fala dunha xestión penosa, que se resolveu por amiguismo político. Sigue leyendo
O BNG denuncia a utilización de herbicidas na N-640 e presenta unha moción no concello contra a eliminicación dos partidos xudiciais
A eliminación dos partidos xudiciais que quere facer o PP, fará unha xustiza máis austera, pero tamén máis inxusta.
Non á fumigación de herbicidas nas nosas estradas
O BNG entende que este tipo de prácticas son prexudiciais para a saúde e o medio ambiente, e pide que se substitúan por técnicas alternativas menos agresivas como as rozas mecánicas selectivas que respecten as especies autóctonas, os cultivos, as augas e o medio ambiente.
O BNG da Estrada ten constatado que as administracións publicas, en concreto o Ministerio de Fomento, está a usar herbicidas no noso concello para eliminar a vexetación que medra nos cómaros dos viais, en concreto na N-640 que pasa pola Estrada. Ao noso entender, estas fumigacións prexudican gravemente os cultivos, as augas e o medio ambiente.
Tanto organizacións ecoloxistas como produtores agrarios denunciaron en moitas ocasións esta práctica por constituír un atentado contra o medio ambiente, xa que prexudican os cultivos e danan tamén as augas, porque os taludes laterais das estradas serven para canalizar as augas pluviais co cal os herbicidas son transportados aos ríos. Sigue leyendo
O IES Nº1 premia a atención en galego nos comercios estradenses
Desde o equipo de normalización da lingua galega e o da biblioteca do IES Nº1 da Estrada acordouse crear o «Premio Nº1G ao uso da lingua galega no comercio estradense».
A intencionalidade fundamental vai implícita na idea de que o alumnado exerza activamete unha análise e apreciación, asemade recoñecemento, do uso da Lingua Galega no ámbito social e en especial no que atinxe neste caso ao Comercio Estradense e xa que logo destaque esa cualidade importante por medio desta distinción que non é máis que recoñecer o ben facer e o aprecio referido á Normalización Lingüística e Cultural no noso Concello de A Estrada.
O comercio premiado nesta 1ª Edición foi Librería Marxe. Sigue leyendo






























































