Conferencia: Medicamentos con Tabaco e Alcohol: Malas Compañías

Conferencia Medicamentos con Tabaco e alcohol Malas compañías

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

O Vea CF xa é equipo de Segunda Autonómica

IMG_9243O Vea CF ven de proclamarse campión da promoción de ascenso á Segunda Autonómica, como xa o fixera semanas atrás o Adc Guimarei de maneira directa ao quedar primeiro na categoría. O alcalde, José López, acompañado do edil de deportes, Ismael Pena, recibiu e felicitou os integrantes do equipo e da directiva no concello. O rexedor mostrouse orgulloso polos logros que está a conseguir o deporte estradense, sobre todo o fútbol, nesta campaña e fixo entrega dun agasallo co escudo da Estrada ao equipo, quen lle correspondeu con unha placa en agradecemento polas axudas prestadas polo concello.

IMG_9263O Vea, que acadara o segundo posto, eliminou no primeiro encontro polo ascenso ao quinto clasificado, o Deza. No derradeiro encontro enfrontouse ao gañador da eliminatoria entre o terceiro e cuarto posto, Bandeira e Cruces, na cal pasou este último. A fase final a dobre partido saldouse co mesmo resultado, 2-1, polo que no partido de volta, que tivo lugar no campo da Nogueira do Vea CF, tiveron que disputar a prorroga e finalmente ir a quenda de penaltis. O porteiro, Fran, volveu amosar a súa valía como xa fixera na Copa Deputación de Pontevedra parando dúas penas máximas, decantando así a eliminatoria e ascenso para o equipo estradense por 3-1.

IMG_8203Este ascenso sérvelle de rubrica a unha gran campaña do Vea CF, que ademais de dar o salto na categoría, foi quen de chegar a cuartos de final na Copa Deputación de Pontevedra, que tras pasar a fase previa eliminando aos equipos do Deza, Callobre, Berres e Furia Atl., foi quen de gañar ao Moraña na quenda de penaltis grazas a dúas paradas de Fran, que dou fe de ser un verdadeiro especialista nas penas máximas, e ao Caldas, equipo de Primeira Autonómica. Finalmente caeu en cuartos de final contra o Xuventude de Cambados.

Fotografías: Mariana Dono e Iria Eiras

Redacción: Iria Eiras

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

San Antonio trae a Oca o I Festival Folk

Oka Folk

O vindeiro 15 de xuño por mor da festividade de San Antonio a parroquia de Oca celebrará o seu I Festival de Folk.

OkafolkIntegrantes da Organización das Festas acompañados da concelleira Amalia Goldar e de compoñentes de tres dos grupos participantes, presentaron o cartel que contará coas actuacións de Regato de Matamulleres, La Magnifique Bande, Linho do Cuco e Milladoiro.

O Okafolk, nome co que bautizaron ao festival, comezará ás 22:30 horas na praza do Pazo de Oca. Durante a mañá haberá misas na honra a San Antonio e a sesión vermú estará amenizada pola Banda Municipal de A Estrada.

Fotografía, Gravación e Redacción: Iria Eiras

Publicado en Festas, Portada | Deja un comentario

Comida parroquial en Santa Cristina de Vea

Organizacion

Deixámosvos aquí unha pequena galería da comida parroquial que realizaron este ano na parroquia de Santa Cristina de Vea.

Fotografía: Iria Eiras

Publicado en Educación e Sociedade, Galería de imaxes, Portada | Deja un comentario

O partido socialista demanda falta de transparencia no procedemento de adxudicación de prazas da gardería municipal

Gardería

Os datos de solicitudes ofrecidos polo Concello e recollidos na prensa non coinciden cos de admisión e agarda publicados na web municipal 

PSOEO procedemento de admisión na gardería municipal da Estrada, Escola Infantil Municipal (EIM), realízase entre os meses de abril e maio, así consta no Regulamento de Organización da EIM. Segundo a información que a propia Concelleira de Educación, Amalia Goldar, fixo pública, o goberno municipal acaba de resolver a matrícula do vindeiro curso.

“Os socialistas demandamos fai un mes maior transparencia no procedemento de adxudicación das prazas da gardería municipal. Pendentes inda de que o goberno municipal atenda esta demanda, incomprensiblemente, vemos como os datos de número de solicitudes e peticións aceptadas e rexeitadas ofrecidos polo Concello e recollidos na prensa escrita non coinciden coas listas recollidas na web municipal”, comentou Louzao.

É necesario crear máis prazas, na actualidade non son suficientes para atender á demanda real, pero tamén e preciso garantir a igualdade de trato ás familias no acceso a ditas prazas limitadas, pois esta situación xera malestar entre os veciños e suspicacias en relación ao procedemento de adxudicación das mesmas.

“En nada axuda que os datos de matricula ofrecidos polo propio concello sexan confusos e dean lugar a máis suspicacias e dúbidas sobre a adxudicación de prazas”, continuou declarando a portavoz socialista. Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Entrega de Premios do II Concurso de Tapas do Salmón

Todos tapas

O venres pola tarde tivo lugar a entrega de premios do II Concurso de Tapas do Salmón. Argentinos Burguer volveu gañar, igual que na anterior edición, o primeiro premio coa tapa “Potito” e o segundo con “Brétemas do Ulla”. A terceira tapa gañadora foi “Crocante de salmón con vinagreta de mel e mostaza” do Bar Andalucía.

Tamén se entregaron os vales que se sortearan o pasado luns entre os participantes no recorrido das tapas. O premio de 500€ o que optaban os que completaran os 17 locais participantes recaeu en Carlos Loureiro. En canto os tres vales de 200€ foron para Ana Arca Abalo, Miguel Ángel Castro Fernández e Javier Barreiro Lorenzo.

Por outra banda, os concelleiros Nemesio Rey, Mari Carme Durán e Amalia Goldar, fixeron entrega duns diplomas a todos os locais participantes no concurso. Aos que non puideron asistir a recoller o seu vale ou diploma enviaráselle por correo.

Parabéns a todos os galardoados e aos locais participantes pola súa imaxinación e traballo realizado nesta edición do concurso.

Fotografía e Redacción: Iria Eiras

Publicado en FESTA DO SALMÓN, Festas, Portada | Deja un comentario

Verbena de San Antonio en San Xurxo de Vea

Verbena San Antonio 2013

Publicado en Festas, Portada | Deja un comentario