A I Ruta Cabalar chega ao seu fin tras recorrer 80 Kms e 7 concellos

A I Ruta Cabalar Salnés – Terra de Montes finalizou a noite do sábado en Sabucedo tras dous días de marcha para recorrer máis de 80 Kms. Durante a marcha pasaron polos concellos de Sansenxo, Meaño, Meis, Pontevedra, Campo Lameiro e Cerdedo para finalizar en Sabucedo onde foron recibidos polos veciños da parroquia e o primeiro tenente de alcalde de A Estrada, Juan Constenla, quen os convidou a uns pinchos de salmón como preludio da Festa que se celebraría ao día seguinte.

Fotografía e Redacción: Iria Eiras

Publicado en FESTA DO SALMÓN, Festas, Portada | Deja un comentario

Cándido Pazó foi o encargado este ano do pregón e ofrenda floral do día das Letras Galegas

Como tódolos anos, o pasado venres, tivo lugar a ofrenda floral ao monumento dos irmáns Valladares para conmemorar o día das Letras Galegas. Nesta ocasión o encargado foi Cándido Pazó acompañado do alcalde, José López, membros da corporación municipal e veciños que se quixeron achegar a participar no acto, amenizado pola Banda de Gaitas de Barbude.

Trala ofrenda floral, Cándido Pazó realizou o pregón sobre Roberto Vidal Bolaño, homenaxeado este ano nas Letras Galegas.

Pechou o acto o rexedor estradense, José López.

Fotografía: Mariana Dono

Gravación e Redacción: Iria Eiras

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

Guimarei conmemora o día das Letras Galegas coa representación de tres obras teatrais

img_7422A asociación Santa Apolonia de Guimarei organizou o pasado venres unhas representacións teatrais para conmemorar o día das letras galegas.

No local social, completamente cheo, representáronse tres obras a cargo do grupo teatral da Asociación Sociocultural Coto Manguelo de Orazo; «Puchiño Vermello» dirixida aos máis cativos, «Os Faladores» para rapaces e «Contiños», da obra «Cousas da Vida» de Castelao, para o público en Xeral.

Fotografía: Mariana Dono

Redacción: Iria Eiras

Publicado en Asociacións, Portada | Deja un comentario

E chegou o día grande! "A Estrada prevé acoller entre 8.000 e 10.000 persoas na 40ª Festa do Salmón"

O pregón a cargo do médico Ramiro Varela, a imposición dos Salmóns de Ouro, a degustación popular e o Photocall serán os principais actos.

O alcalde estradense aposta por seguir estendendo a duración do programa da cita gastronómica para desestacionalizar o produto e impulsar a economía local.

IMG_0050O Concello da Estrada prevé acoller entre 8.000 e 10.000 persoas mañá domingo nas actividades da cadraséxima edición da Festa do Salmón. Deste xeito, daríase un pequeno impulso á asistencia con respecto a edicións anteriores e poñeríase o primeiro chanzo para incrementar a repercusión desta cita gastronómica de cara ao futuro.
O alcalde estradense, José López, anima aos estradenses e tamén aos veciños dos demais concellos de Galicia a que se acheguen ata a vila para probar as 35 especialidades de salmón que se ofrecerán na degustación popular. O rexedor local agarda que “o tempo acompañe” para pechar con éxito estas semanas de actividades.
IMG_9955Ademais, indicou que o obxectivo do goberno local céntrase en seguir prestixiando a festa e estender as semanas de actividades para desestacionalizar o consumo do salmón. “A gastronomía é unha alternativa interesante para o lecer no actual contexto de crise, polo que cremos que debemos potenciar esta festa e todo o que a rodea para manter e incluso facer medrar as deceas de postos de traballo que hai na hostalaría local, así como favorecer a xeración de riqueza e o impulso da nosa economía”, subliñou, antes de lembrar a ampla oferta dos restaurantes locais que preparan o salmón, con preto de 2.000 prazas diarias e deceas de especialidades.
IMG_0092O rexedor cre que o Concello da Estrada conta cunha importante potencialidade nas áreas do turismo e do lecer grazas a esta festa e o seu vencellamento ao río Ulla, a Rapa das Bestas de Sabucedo e o Entroido dos Xenerais do Ulla. “A estes tres eixos debemos engadir os valores arquitectónicos, como o Pazo de Oca e moitos outros, e os naturais e paisaxísticos para artellar unha estratexia que permita que o municipio obteña rendemento e se poida mellorar a calidade de vida dos estradenses”, destacou.

Programa de actividades (domingo 19 de maio)
• Feira de Artesanía (Alameda Municipal)
• 10.00 horas | XVII Ruta de Salmón en BTT (Estadio da Baiuca)
• 11.00 horas | Concentración de Harley Davidson (rúa Calvo Sotelo)
• 12.00 horas | Lectura do pregón a cargo do médico Ramiro Varela Cives no
Teatro Principal
• 12.30 horas | Imposición dos Salmóns de Ouro ao pregoeiro, o pianista
Javier Otero Neira e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín
García Gómez
• 13.00 horas | Degustación popular na Praza da Constitución
• 13.00 horas | Photocall do Salmón (Alameda Municipal)

Pinchos Salmón

Redacción: Concello de A Estrada

Fotografía: Iria Eiras (Festa 2012)

Publicado en FESTA DO SALMÓN, Festas, Portada | Deja un comentario

Hoxe ás 6 terá lugar unha Gala máxica para os máis cativos

IMG_7351Esta tarde, a partir das seis e con entrada de balde, terá lugar unha Gala máxica na carpa sita na praza do concello. No espectáculo intervirán o Mago Vituco, o Mago Romarís, a maga Jessica Guloomal e o Gran Pedrini.

Así no lo presentaron na xornada de onte, o concelleiro de Cultura, Juan Constenla, acompañado do Mago Vituco e a Maga Jessica Gulcomal.

IMG_7353Juan Constenla tamén nos presenta outra novidade nesta edición, o Photocall, que estará instalado o domingo na alameda durante a degustación (se chove na carpa), no cal os rapaces poderán fotografarse para logo levar unha portada dun periódico, relativa a festa e ca súa foto, de recordo. Todo isto de balde.

Fotografía: Mariana Dono

Gravación e Redacción: Iria Eiras

Recordarvos que esta noite o Teatro Principal acolle a Mostra Folclórica do Salmón organizada por Tequexetéldere tamén gratuíta.

970371_449836155108149_1878144146_n

Publicado en FESTA DO SALMÓN, Festas, Portada | Deja un comentario

Presentación do libro "Como falar e escribir en galego con fluidez e corrección"

_MG_6684Esta semana presentouse na sala novagaliciabanco o libro «Como falar e escribir en galego con fluidez e corrección», obra do filólogo Carlos Tallón.

Fotografía e Redacción: Iria Eiras

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

Charla coloquio sobre “Pesca fluvial e repoboación”

_MG_6698Tamén o mércores, enmarcado na Festa do Salmón, tivo lugar no Mome unha charla coloquio sobre “Pesca fluvial e repoboación” co profesor Fernando Cobo, o director xeral de Conservación da Natureza, Ricardo García-Borregón, o pescador César Arbo e Miguel de la Calle, presidente da Sociedade Deportiva Río Ulla.

Fotografía e Redacción: Iria Eiras

Publicado en Asociacións, FESTA DO SALMÓN, Portada | Deja un comentario