A Estrada acolleu onte unhas xornadas sobre as etapas dos nenos durante a súa formación académica, onde se destacou a importancia da coordinación entre os centros, familias, mestres e alumnos. Na praza do concello instaláronse varios stands informativos e realizáronse actividades lúdicas para os máis cativos. Para finalizar, o Dr. Gerardo Echeíta da Universidade Autónoma de Madrid realizou unha conferencia no Teatro Principal para unhas «transicións de calidade nunha escola para todos».
Presentaron as actividades Ángeles Parrilla, catedrática da Universidade de Vigo, Gerardo Echeíta, da Autónoma de Madrid, Valentín García, secretario de política lingüística da Xunta de Galicia, o alcalde, José López e a concelleira de educación, Amalia Goldar.
O Museo do Moble e da Madeira acollía na noite de onte unha JAM SESSION a cargo da Asociación Cultural Obradoiro de Música da Estrada (ACOME) e os alumnos do Bacharelato de Artes do IES Manuel García Barros.
Mañá ás 5 da tarde no Museo do Moble e da Madeira de A Estrada (MOME), terá lugar o acto de entrega dos premios do concurso de tapas desta edición da Festa do Salmón. Os galardoados coñeceronse o pasado luns cando o alcalde, acompañado dos concelleiros Juan Constenla, Nemesio Rey e Óscar Durán abríu diante dos medios de comunicación as cualificacións do xurado técnico do concurso de tapas do salmón, conformado polos chefs estradenses Javier Rey, Javier Fins e Federico López, para que se sumaran ao voto popular e se coñeceran os gañadores.
Tras o reconto, Argentinos Burguer fixo dobrete, xa que gañou coa súa tapa “Potito” e acadou a segunda praza con “Brétemas do Ulla”. En terceiro lugar clasificouse “Crocante de salmón con vinagreta de mel e mostaza”, do Bar Andalucía. Os tres premios, de 300, 200 e 100 euros, respectivamente, entregaranse esta semana nun acto público xunto con diplomas acreditativos aos 17 locais participantes.
En canto aos premios para o público, o estradense Carlos Loureiro, que completou o percorrido por todos os locais, levou 500 euros en vales para gastar nos establecementos de restauración e hostalaría que colaboraron con esta edición da Festa do Salmón. Ademais, tamén se sortearon os tres segundos premios, de 200 euros cada un, tamén en vales, e recaeron en Ana Arca Abalo, Miguel Ángel Castro Fernández e Javier Barreiro Lorenzo.
Tamén se entregaran diplomas de participación aos establecementos que participaron nesta segunda edición do Concurso de Tapas do Salmón.
O alcalde da Estrada, José López, fixo hoxe un balance da 40ª Festa do Salmón, que celebrou o seu día grande o pasado domingo 19, e amosou a súa satisfacción polo resultado xeral, aínda que xa comezou a pensar na seguinte edición anunciando que os principais retos serán a desestacionalización da gastronomía en torno ao salmón e o impulso á promoción exterior da festa.
López cre que 9.000 asistentes, case 6.000 pinchos servidos na degustación popular e centos de persoas nas actividades paralelas (Photocall, Gala Máxica, Ruta de BTT, Feira de Artesanía, Exposición de Montaxe de Moscas…) confirman a boa saúde da festa, pero subliñou que debe comezar a traballarse de inmediato no futuro desta cita gastronómica aproveitando a recente catalogación de Festa de Galicia de Interese Turístico. “A cita vai ter máis apoios, máis posibilidades de axudas e máis difusión e visibilidade ao entrar no circuíto das cen principais festas de Galicia”, sinalou. Sigue leyendo →
A Festa do Salmón é sempre unha xornada importante para A Estrada, no referente a número de visitantes e polo que este día implica como elemento dinamizador da hostalería local. Por iso mesmo o Concello debe coidar de non trasladar unha imaxe equivocada da nosa vila aos visitantes.
Nesta 40 edición, a hostalería local realizou un notorio esforzo, con gran esmero na elaboración das súas propostas e dispensou unha atención exquisita a todos, a nosa felicitación con todo o respecto polo traballo realizado. Tamén felicitamos ao Dr. Varela Cives, a Javier Otero e Valentín García, estamos seguros que levarán con honra o salmón de ouro que onte lles foi imposto, sabedores do que significa para A Estrada. Sigue leyendo →
O domingo, aproveitando a repercusión da Festa do Salmón catalogada este ano como de interese turístico autonómico, os afectados polas Preferentes e Subordinadas de Galicia manifestáronse en A Estrada.
Os manifestantes centráronse en reclamarlle ás autoridades que asistiron ao acto protocolario do Pregón e entrega de insignias da Festa do Salmón, a devolución do 100% dos seus aforros. Finalizada a concentración o programa de actos continuou con normalidade.
Fotografías: Mariana Dono
Gravación: Abel Eiras
Redacción: Iria Eiras
Este luns o rexedor, José López, mostrábase a favor da manifestación pacífica, pero denunciaba haberse sentido acosado por algún dos participantes na concentración que, considera, se están radicalizando. Así mesmo, lamentaba o feito da non comparecencia de representantes políticos do PSOE e do BNG na Gala do Salmón.
Gravación: Abel Eiras e Iria Eiras
Redacción: Iria Eiras
Por parte do PSdeG PSOE de A Estrada mostran o seu respecto pola actitude amosada polas persoas afectadas por preferentes.
Amosan total respecto, ao comportamento das persoas afectadas polas preferentes e subordinadas, que reivindicando na rúa o seu lexítimo dereito a protestar ante a inxustiza que supón o incautamento dos seu aforros e as quitas previstas polo goberno ao respecto, amosaron nesta 40 edición da Festa do Salmón unha lección de corrección co seu comportamento, respectando a importancia da xornada para a hostalería local, así como na súa actitude informativa a veciños e visitantes.
PSdeG PSOE de A Estrada
En canto ao BNG ten claro que estará sempre co pobo, cos que piden a devolución do 100% dos aforros. Consideran que o alcalde debería estar máis preocupado polas consecuencias económicas da perda deses aforros, que polo desenvolvemento protocolario dun evento festivo.
“Nin os preferentistas nin o BNG insultou a ninguén o domingo pasado, absolutamente a ninguén”, afirmou o concelleiro do BNG, Xosé Magariños, que estivo en todo momento apoiando á plataforma da Estrada, así como a outras que viñeron desde distintos puntos de Galiza. Sigue leyendo →
Utilizamos cookies propias y de terceros para garantizar el funcionamiento de la web, medir su uso y mejorar nuestros servicios. Puede aceptar todas las cookies, rechazar las no necesarias o configurar sus preferencias. Política de cookies
Configurar cookies
Necesarias para que la web funcione correctamente. No se pueden desactivar desde este panel.
Ayudan a medir el uso del sitio y mejorar sus contenidos.
Permiten publicidad, medición de campañas o personalización de anuncios.
Guardan preferencias o permiten contenido externo no necesario.