C`est la vie!! este domingo de novo no Teatro Principal

Fotografía e Gravación: Iria Eiras

Este sábado enmarcado na festividade do día da muller tivo lugar a representación da obra C´est la vie pola compañía Matrioshka teatro. Todos os que non pudérades asistir tedes unha nova ocasión este domingo ás 19:00 horas no Teatro Principal de A Estrada.

Mentras deixámosvos aquí un pequeno acto da obra, e as súas protagonistas; Anabell Gago, Lorena Conde e Chelo do Rejo; xunto coa directora; Marta Pazos; que nos explican un pouco de que trata a obra.

Recordarvos que o prezo das entradas é de 6€ e para os parados, estudantes ou xubilados que o acrediten será de tan sólo 5€. A billeteira do teatro atoparase aberta dende unha hora antes da actuación. ¡Animádevos!

Redacción: Iria Eiras

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

Arqueocampo, o mundo da arqueoloxía ao alcance dos máis cativos

Fotografía e Gravación: Iria Eiras

Dende o 1 de marzo vense celebrando na Fundación do moble unha actividade destinada aos nenos e nenas do concello para descubrir o mundo da arqueoloxía. D. Óscar Rancaño, edil de sanidade, turismo e relacións instuticionais, acompañado de D. Xesús Borraxeiros, da empresa Tesouros Novos, e D. Carlos Otero, arqueólogo, explícannos o funcionamento destas xornadas que teñen cabida tamén, durante este fin de semana, no marco da 40ª Feira de antigüidades.

Organizan a Concellería de Sanidade, Turismo e Relacións Institucionais de A Estrada, o Instituto de Ciencias do Patrimonio e o Consello Superior de Investigacións Científicas.

Colaboran a Fundación Terra Termarum Castrolandín e Fundación de Esposicións e Congresos de A Estrada.

Redacción: Iria Eiras

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

Hoxe farase entrega do I Premio ao labor da muller estradense

Gravación: Iria Eiras

invitación premio á mullerHoxe ás 20.00 h no Museo do Moble e da Madeira, enmarcado dentro do Día Internacional da Muller, terá lugar a entrega do «I Premio Honorífico ao labor da Muller Estradense» que recaeu na figura de Dª María del Carmen Zamar Vázquez.

Según nos conta Dª Amalia Goldar, a candidatura de Dª María del Carmen foi presentada pola Asociaciación de comerciantes ACOE. O acto será presentado por Marga Pazos e intervirán a propia Amalia, o alcalde D Xosé López, algún membro da familia da homenaxeada e Pablo Chichas, cun monólogo acorde ca ocasión.

Redacción: Iria Eiras

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

O teatro principal acollerá dúas representacións teatrais para festexar o día da muller

Fotografía e Gravación: Iria Eiras

Esta noite ás 21.00 horas representarase a comedia de Teatro Proscrito, “ROSA DE DOUS AROMAS”, protagonizada pola popularísima *Isabel Blanco* (“Mareas Vivas”, “Rías Baixas”, “Un franco, catorce pesetas”; “O lapis do carpinteiro”…) e *Sabela Hermida* (“Libro de familia”)

Xa o sábado ás 21.00 horas, tamén no Teatro Principal, terá lugar a estrea da comedia «CES´T LA VIE» protagonizada por Anabell Gago, Lorena Conde e a estradense Chelo do Rejo; obra da que haberá un segundo pase o domingo ás 19.00 horas.

Publicado en Cultura, Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

Este sábado chega ao Teatro Principal "Pío" de Caramuxo Teatro

foto píoO sábado continúa a programación de Colorín Colorado, espectáculos dirixidos os máis cativos. Nesta ocasión os encargados de sorprender os nenos é a compañía Caramuxo Teatro co espectáculo «Pío», obra dirixada a nenos de máis de 3 anos.

A montaxe conta a historia de Pío, un pequeno paxaro que nace só na fraga. O pequeno Pío coñecerá na súa aventura a unha morea de animais que viven na fraga. Ao final desa fantástica travesía, sentirá o impulso de voar, de sentirse libre coma un paxaro. “Pío” é unha tenra e divertida proposta pensada para toda a familia, que conta cunha coidada estética e uns bonecos deseñados por Oscar Villán (Premio Nacional de Ilustración)

As entradas poderán mercarse na billeteira do Teatro Principal, unha hora antes da función, ao prezo de 3,50€.

Para máis información sobre o ciclo de teatro infantil Colorín Colorado deixámosvos aquí un enlace a web do concello, www.colorincolorado.aestrada.com, onde ademáis podedes ver pequenas promos sobre cada unha das obras que visitarán A Estrada.

Fotografía e Redacción: Departamento de Cultura do Concello de A Estrada

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

¡¡Teatro do Noroeste presenta … "Linda&Freddy, ilusionistas"!!

Linda e Freddy 1Sí, xa está aquí, xa chegou!, hoxe da comezo a programación de primavera no Teatro Principal de A Estrada.

Nesta ocasión poderemos desfrutar da obra Linda&Freddy, ilusionistas da compañía Teatro do Noroeste. Unha peza interpretada polos actores Eduardo Alonso, Luma Gómez, Alejandro Carro e Lino Braxe.

A trama da peza xira en torno a unha parella de ilusionistas que, rememorando os mellores números da súa carreira artística, agardan unha chamada que os devolva ao circuíto dos grandes teatros europeos. Segundo progresa o espectáculo, os personaxes comezan a decatarse de que nunca recibirán a chamada e entón deciden preparar a súa máis celebrada actuación. Un espectacular número de maxia de unha das súas brillantes especialidades: o escapismo. Pero en vez de facerse desaparecer a si mesmos, Freddy e Linda teñen a idea máis brillante de todas as ideas: Van facer desaparecer ao resto do mundo…Linda e Freddy 2

A nova obra  de Teatro do Noroeste fala, en clave de comedia, da situación actual da sociedade europea.. A saída da crise terá que ser moi imaxinativa e posiblemente o futuro estea á beira da cultura e o coñecemento; e non á beira dos cartos, os bancos e a riqueza material.

As entradas para o espectáculo, programado ás 21.00 h, poderán mercarse unha hora antes da función na billeteira do Teatro Principal a un prezo de 5,00€.

Ficha da obra

¡Esperámosvos!

Fotografía e Redacción: Departamento de Cultura do Concello de A Estrada

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

O BNG censura que as persoas con discapacidade que non poidan conducir teñan que pagar o imposto sobre vehículos de tracción mecánica

Valoración BNG presuposto 2013Para o BNG esta medida é inxusta porque, unha vez máis, fará pagar máis a aqueles que menos teñen.

O concello da Estrada, concretamente o servizo de recadación do concello, está a remitir aos beneficiarios da exención do imposto de circulación por mor dunha minusvalía, unha notificación avisándoos da modificación do padrón deste imposto, que no esencial deixará a centos de veciños sen aplicación desta exención. Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario