O BNG rexistra unha moción co gallo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, nos que esixe a igualdade plena de dereitos de mulleres e homes.
O BNG vén de rexistrar unha moción co gallo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. Con esta iniciativa, os nacionalistas esixen o cese inmediato das políticas do PP que condenan ás mulleres á marxinación e á dependencia, e que supoñen un retroceso en canto á incorporación á vida política e social, relegándoas a un traballo no ámbito privado e á realización de labores domésticos, como a atención a persoas dependentes, traballo que debería ser asumido polos poderes públicos e que non se realiza pola supresión da cobertura social, derivada da moratoria da Lei da Dependencia. Sigue leyendo









































