O recente anuncio do goberno municipal retrasando o programa de actividades no rural demostra unha vez máis a pésima xestión á fronte da administración local do grupo de goberno. A cancelación do inicio das actividades na data prevista (12 sesións entre marzo, abril e maio) é causa da falta de tramitación do expediente de contratación das empresas que deben impartir ditas actividades.
O programa de actividades no rural naceu en 2010 e ofertouse dende entón todos os anos a todas as parroquias da Estrada. A convocatoria para 2013 deste programa foi comunicada a comezos de febreiro, marcando como prazo límite para a inscrición o día 22 do mes, e días despois as persoas interesadas recibiron unha comunicación instándoas a facer efectivo o ingreso económico que deben cofinanciar para participar en dito programa, sendo o último día o 15 de marzo. Unha vez rematado o prazo do ingreso é cando se fai público que as actividades se retrasan ata novo aviso. Sigue leyendo






































