Negativas consecuencias futuras
Na tarde de onte tiña lugar o Padroado da Fundación Cultural da Estrada, sendo un dos asuntos a tratar a aprobación da colaboración e participación no órgano xestor para o funcionamento do “Viveiro de Empresas” da Fundación de Exposición e Congresos (Fundación do Moble). O 27 de decembro a Fundación do Moble aprobou a creación, nas súas instalacións, de un Viveiro de empresas, incluíndo como entidades colaboradoras ao Concello e á Fundación Cultural.
No transcurso do Padroado da Fundación Cultural, os representantes socialistas expuxeron varias dúbidas sobre as implicacións futuras que as bases propostas terán para futuro da Fundación Cultural, así como para o da propia Fundación do Moble. Por este motivo solicitaron a modificación das mesmas. Sigue leyendo







































