No Concello da Estrada o número de persoas desempregadas atópase nos niveis máis elevados da nosa historia, xa son 2393 as persoas en paro; cada día máis comercios pechan e moitas das empresas locais que subsisten teñen problemas para chegar a fin de mes. Fronte a esta realidade dende o Concello o Alcalde López Campos adica todos os seus esforzos a xustificar a súa decisión de gastar 1.300.000 euros en construír un novo Campo de Fútbol.
“Se xa é un despropósito en si gastar máis de 1 millón de euros en construír un novo campo de fútbol, o que xa roza o esperpéntico son as xustificacións do Sr. López Campos”, declarou a portavoz socialista. Sigue leyendo







































