O BNG reúnese coa ANPA do Villar Paramá para presentarlle a súa proposta en materia de seguridade vial

Valoración BNG presuposto 2013Esta proposta que foi ben acollida pola ANPA, é asequíbel e cuxa execución non presenta maior dificultade e en un ou dous meses estas medidas de seguridade deberían estar instaladas.

No día de onte, unha representación do BNG da Estrada, encabezada polo seu portavoz municipal, Xosé Magariños, reuniuse coa ANPA do colexio público Manuel Villar Paramá, coa finalidade de achegarlle a proposta en materia de seguridade vial que levará o BNG á comisión de educación cando sexa tratada a moción que presentaron os nacionalistas sobre esta cuestión. Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Onde está a austeridade e o control de gasto de López Campos e o seu goberno?

Valoración PSOE presuposto 2013«Onde está a austeridade e o control de gasto de López Campos e o seu goberno?» Esta é a pregunta que se formula o PSdeG PSOE de A Estrada tras coñecer os presupostos deste ano. Nesta mañá, José Antonio Dono, acompañado de Belén Louzao e Manuel Otero Espiño, fixo balance dos orzamentos do concello para o 2013.

Gravación e Redacción: Iria Eiras

Tras 2 anos de López Campos na Alcaldía os estradenses perderon poder adquisitivo persoal para financiar os gastos superfluos do Alcalde López Campos e o seu equipo en publicidade, propaganda, festas e actos protocolarios. Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

O BNG non está en política para aplaudir ao PP e si para buscar o mellor para os veciños e veciñas da Estrada

Valoración BNG presuposto 2013O pasado venres, Xosé Magariños e Maribel Ruíz en representación do BNG de A Estrada, fixeron a súa valoración aos presupostos do ano 2013. Xosé Magariños, tamen reivindica a prioridade de mellorar a seguridade vial e saneamento na estrada Portela-Souto de Vea antes que en campos de fútbol, como se recolle no seguinte comunicado de prensa do partido.

Gravación e Redacción: Iria Eiras Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Derradeiras Conferencias das I Xornadas pola Educación Infantil da Estrada

01Na tarde hoxe terán lugar as 3 últimas conferencias das I Xornadas pola educación infantil da Estrada que se veñen desenrolando dende o pasado mércores. Data na que se inauguraron oficialmente por Dna. Amalia Goldar, concelleira de Benestar Social e Igualdade, Emprego e Educación, acompañada de Dna. Mª Esther Martínez, directora do ciclo de conferencias, e de Dna. Francisca Fariña, decana da Facultade de Ciencias da Educación e do Emprego de Vigo.

As conferencias son no Teatro Principal e pode asistir quen o desexe, as desta tarde son as seguintes:

17:00 horas: Comprendendo a mente do neno de 0 a 6 anos: a intelixencia emocional e o apego.

18:30 horas: ¿Por qué os trastornos máis frecuentes son os que afectan á conducta, á ansiedade e á atención na idade infantil?

20:00 horas: Nosos fillos ¿en que mundo crecen?

Para finalizar, ás 21:30 horas, D. José López, Alcalde de A Estrada, realizará a clausura oficial acompañado de Dna. Mª Esther Martínez, directora do ciclo de conferencias.

Gravación e Redacción: Iria Eiras

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

Proxección da curta documental da Rapa das Bestas

Rapa CurtaEste sábado 26 de Xaneiro terá lugar a proxección da curta documental da Rapa das Bestas do pasado ano, realizada por Produccións Trípode. Será ás 21:00 horas no Teatro Principal con entrada de valde.

Gravación e Redacción: Iria Eiras

 

 

 

 

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

Novo ciclo infantil de teatro "Colorín Colorado"

Colorín coloradoAnte a gran acollida do ciclo de teatro infantil do Nadal, o departamento de cultura da Estrada, da man de Juan Constenla, deu a coñecer onte un novo programa de actos dirixidos os máis cativos. Os espectáculos terán lugar todos os primeiros sábados de mes, dende febreiro a xuño, ás 12:00 horas no teatro principal.

As entradas poderán adquirirse unha hora antes na billeteira do teatro cun prezo de 3,50€.

Gravación e redacción: Iria Eiras

PROGRAMA DE ACTOS Sigue leyendo →

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

O BNG denuncia que "a obra da estrada Portela – Souto de Vea chega tarde, mal e arrastro"

Obras estrada Portela BNGNa mañá de onte Xosé Magariños, portavoz municipal do BNG, e Servando Fuentes, presidente da asociación de veciños de Portela, deron a coñecer deficiencias que observan nas obras que se están a realizar na estrada Portela-Souto de Vea, como non mellorar a seguridade no entorno ao colexio do Souto e no cruce de Portela.

Gravación e Redacción: Iria Eiras

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario