A incoherencia do Goberno Municipal nas aceras de Codeseda

Valoración PSOE presuposto 20135 anos de loita nos xulgados para poder cumprir a vontade dos veciños en balde 

A obra que pretende executar o goberno municipal nas beirarrúas de Codeseda, responde a unha total incoherencia do actual goberno municipal con respecto a este proxecto.

O proxecto aprobado polo goberno de López Campos en Outubro de 2012 non recolle a vontade dos veciños, nin o espírito das sentencias xudiciais que dan a razón ao Concello. “Esta falta de coherencia debe ser o que o Alcalde define como proxecto axustado á realidade, mágoa que a realidade de López Campos, unha vez máis, sexa ben distinta da dos veciños e veciñas”, ironizou a portavoz socialista.  Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Cea de entroido en Santa Cristina de Vea

Os veciños de Santa Cristina de Vea celebran unha cea de Entroido no local social.

Fotografía: Iria Eiras

Publicado en Festas, ¡Especial Entroido! | Deja un comentario

Martes de Entroido A Estrada

Aquí vos deixamos unha galería de imaxes do pasado martes de Entroido no que participaron Sondodance e as parroquias de Riveira, Lagartóns, Couso, San Xurxo de Vea, San Miguel de Castro, Santeles, Oca, Callobre, Loimil, Cora, Arnois e Riobó.

Fotografía: Iria Eiras

Publicado en Festas, Portada, ¡Especial Entroido! | Deja un comentario

O parroquia de Cora abriu o Entroido no concello de A Estrada

Imaxes do Entroido de San Miguel de Cora.

Fotografía e Vídeo: Iria Eiras

Nos seguintes links dispoñedes das letras do Entroido de Cora.

          Coplas entroido Cora 2013                                                   Encontros Cora 2013

Publicado en Festas, ¡Especial Entroido! | Deja un comentario

Programación do Entroido en A Estrada

Imaxes do Entroido en A Estrada 2012

Fotografía e Gravación: Iria Eiras

PROGRAMA ENTROIDO 2013

9/10/11/12 de febreiro

Sábado 9

  • Baile infantil de disfraces na Discoteca Nicols ás 17:30 hs
  • Dende ás 19 hs comezo do concurso de disfraces polos locais de marcha da estrada
  • Presentación do vídeo “Xenerais de Couso, Vivindo o Entroido” do ano 2012 e da autoría de “Producciones Tripode” ás 21 hs no Teatro Principal da Estrada Sigue leyendo →
Publicado en Festas, Portada, ¡Especial Entroido! | Deja un comentario

Chega o Entroido e Couso preséntanos o seu programa cargado de novidades

Imaxes do Entroido en Couso 2012

Fotografías: Jesús Bustelo e Iria Eiras

Gravación: Abel Eiras e Iria Eiras

Desde a Comisión do Antroido de Couso 2.013 e a AA. CC. O Cruceiro de Couso queremos, mediante a presente nota de prensa, recordarvos que o vindeiro domingo día 17 do presente mes de Febreiro celebrase na nosa parroquia o xa tradicional Entroido de Couso.

A edición do Entroido deste ano vai ser unha edición no que se combine tradición con notas novidosas. E como marca a tradición entorno as 10:30 comezaremos o percorrido pola parroquia para chegar as 12:30 horas do mediodía o Parador de Couso. As 13:00 horas teremos a primeira novidade, onde a pe da ponte romana que une as dúas provincias os nosos xenerais representaran un alto entre os exércitos defensor e atacante. Unha vez se libre a batalla verbal continuaremos co percorrido pola parroquia e despois facer unha pequena parada para recuperar forzas.

Sigue leyendo →

Publicado en Festas, Portada, ¡Especial Entroido! | Deja un comentario

A entidade BBVA fai entrega dos 3000€ recaudados na lotería de Nadal ao programa de alimentos do concello

BBVA programa alimentosDurante as festas de Nadal a oficina do BBVA de A Estrada vendeu lotería entre os seus clientes e empregados. Nesta ocasión, a diferenza que noutros anos, as participacións levaban un pequeno recargo destinado a recadar fondos para o programa de alimentos do concello. Esta semana, Don Luis Escámez e Dona Carmen Barreiro, en representación do BBVA, fixeron entrega dos 3000€ que se recadaron ao Concello, acto no que participaron Don Xosé López e Dona Amalia Goldar, que aproveitaron a ocasión para agradecer a todos os que están participando con este banco de alimentos tan necesario nestes momentos.

Gravación e Redacción: Iria Eiras

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario