V Encontro de Coros Parroquiais

O pasado domingo 23 de Decembro tivo lugar a quinta edición do encontro de coros parroquiais estradenses. Como ven sucedendo nos últimos anos o certame encheu a Igrexa de San Paio coa participación de 11 coros: San Pedro de Ancorados, Arca, Santa Cristina de Vea, Aguións, Paradela, San Xurxo de Vea, Moreira, Santo André de Vea, San Xiao de Vea, Curantes e Arnois.

Poden ver o resto dos vídeos dos distintos coros premendo sobre os nomes no párrafo superior ou na sección de música.

Sigue leyendo →

Publicado en Música, Portada, ¡Especial Nadal! | Deja un comentario

Os reis veñen á Igrexa de San Paio recoller as cartas dos nenos estradenses

O pasado sábado 22 de Decembro, os Reis pasaron pola Igrexa de San Paio de A Estrada a recoller as cartas dos cativos estradenses. Aproveitando a visita deixaron centos de agasallos para os nenos que alí se achegaron como aperitivo ao día de reis. Posteriormente e para terminar a tarde, tiveron unha gran merenda. Sigue leyendo →

Publicado en Igrexa, Portada, ¡Especial Nadal! | Deja un comentario

Obradoiro de Títeres

Todos os nenos de entre 6 e 10 anos que queiran anotarse no «Obradoiro de construción e manipulación de monicreques» impartido pola Cía lalinense Viravolta o vindeiro día 3 na sala Nova Galicia Banco, en horario de 10.00 h a 13.00 h., deberán chamar o vindeiro mércores día 2 ao Departamento de Cultura do Concello da Estrada (986573601) para reservar praza. So se admitirá un máximo de 20 alumnos. A actividade será gratuíta e rematará coa representación dunha peza aberta a todo o público. Sigue leyendo →

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

Os cativos reciben con gran entusiasmo a Papá Noel

Ante as inclemencias meteorolóxicas do día de noiteboa, non foi posible realizar a tradicional cabalgata de Papá Noel. Sin embargo, Papá Noel non podía faltar a súa cita cos rapaces, aos que recibiu na residencia da terceira idade con moreas de caramelos. Os máis cativos, acompañados polos seus pais, abarrotaron o local formando unha longa ringleira para ver e pedir os seus agasallos con gran ilusión e entusiasmo.

Gravación: Adrián Eiras

Fotografía e montaxe: Iria Eiras

Música: En Navidad (Coro de Aguións)

                 Mi burrito Sabanero (Coro de Sta. Cristina de  Vea)

Publicado en Educación e Sociedade, Portada, ¡Especial Nadal! | Deja un comentario

Descubrimos as novidades do Belén de A Estrada da man do párroco Don Xosé Antonio Ortigueira

Este fin de semana estivemos con Don Xosé Antonio Ortigueira, párroco de A Estrada, que nos comenta as novidades do Belén deste ano, así como nos explica os episodios que se representan neste nacemento.

Unha das novidades que máis chaman a atención son os cambios de luz e sons que representan as diferentes partes do día.

Fotografía, gravación e redacción: Iria Eiras

Publicado en Igrexa, Portada, ¡Especial Nadal! | Deja un comentario

O BNG presenta unha iniciativa parlamentar sobre unha supertaxa que lle esixen aos gandeiros

Xosé Magariños, portavoz municipal do BNG no noso concello, acompañado de Tareixa Paz, deputada do BNG no Parlamento Galego, presentaron hoxe na Estrada unha iniciativa parlamentar sobre a supertaxa do ano 1996/97, que está a esixir a empresa Puleva a gandeiros e gandeiras da comarca.

Tamén estiveron presentes Anabel Gulías e Matías Rodríguez, representantes munipais do BNG nos concellos de Forcarei e Silleda respectivamente.

Gravación e redacción: Iria Eiras

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Smoke City abre o ciclo de teatro no Nadal con gran éxito entre o público asistente

O venres 21 e sábado 22 puidemos gozar na vila da actuación da compañía estradense Malasombra Teatro, que interpretou a comedia Smoke City.

Fotografía, Vídeo e Redacción: Iria Eiras

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario