A Estrada acollerá o 21 de marzo a estrea da obra de teatro ‘Go Home’ coas entradas a un prezo reducido

·       A obra, dirixida por Tito Asorey e que conta cun elenco integrado por artistas como David Amor ou Josito Porto, estrearase no Principal o 21 de marzo ás 20:30 horas.

·       Hoxe tivo lugar a presentación da función, cuxas entradas xa están á venta por un prezo de sete euros, tanto en ataquilla.com como no departamento de Cultura do Concello.

Sigue leyendo →
Publicado en Portada | Deja un comentario

Un médico na aldea esgota entradas para a dobre función desta fin de semana e anuncia unha nova función o 8 de marzo

·       A gran expectación xerada polo musical provocou ampliar a programación orixinal cunha nova representación, o venres 8 de marzo no Teatro Principal ás 21:00 horas.

O musical Un médico na aldea reafirma a grande expectación suscitada desde a súa estrea esta pasada fin de semana en Braga esgotando onte mércores as preto de 800 localidades ofertadas para os pases do 2 e 3 de marzo no Teatro Principal.

Polo tanto, ante o enorme interese xerado pola homenaxe que a Escola Municipal de Artes Escénicas e Tequexetéldere lle renderá á figura de Reimóndez Portela, programouse unha nova función que se levará a cabo o día 8 de marzo ás 21.00h no Teatro Principal.

Do mesmo xeito que para os pases desta fin de semana, as entradas para a nova data poderán recollerse no Concello da Estrada en horario de oficina a un prezo de 3.00 euros.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

Un médico na aldea triunfa na súa estrea en Braga e apunta a repetir éxito esta fin de semana no Principal

                                                                                                  FOTO: FC CASTRO PHOTOGRAPHY

·       O Principal acollerá esta fin de semana unha dobre cita, o sábado ás 20:00 e o domingo ás 19:00 horas.

 

·       Aínda faltan por venderse ao redor de 100 localidades para a función dominical.

O musical Un médico na aldea co que Tequexetéldere e a Escola Municipal de Artes Escénicas lles renden homenaxe a Manuel Reimóndez Portela e ao seu fillo, Luis Reimóndez Fernández, vén de triunfar na súa estrea, celebrada este pasado sábado no ciclo de Convergências Portugal-Galiza que organizou a Cámara de Braga xuntamente coa Universidade do Minho e a Xunta de Galicia no Centro da Juventude de Braga.

As peripecias do médico dos pobres concitaron a aclamación unánime do público nunha actuación chea de nervios e emotividade.

Esta vindeira fin de semana Un médico na aldea poderá verse no Teatro Principal da Estrada.

A expectación que está a xerar esgotou, practicamente, as entradas do pase do sábado, ás 20.00 horas, e vai camiño de esgotar as do domingo, ás 19.00 horas, función da que restan pouco máis de 100 localidades por venderse das preto de 400 dispoñibles.

As persoas interesadas en acudir á función dominical aínda poden mercar as súas entradas no departamento de Cultura do Concello da Estrada a un prezo de 3,00 euros.

 

 

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

Luz verde ao inicio de contratación do expediente para a realización do XV Campus Deportivos de Verán

 

                                                                                               

·       A medida, aprobada hoxe en xunta de goberno, contará cun orzamento de 49.000 euros.

 

·       Os campus deportivos supoñen unha das actividades máis demandas polas familias nas vacacións estivais, supoñendo un importante activo na conciliación familiar.

O goberno local aprobou esta mañá na
xunta de goberno o inicio de contratación do expediente de contratación do
servizo para a coordinación e realización da actividade dos campus deportivos
do Concello da Estrada para este 2024, cun importe de 49.000 IVE incluído.
Deste xeito, avanzase cara a realización dunha actividade moi demandada
polas familias no verán, dado que supón un dos principais activos propostos
desde o Concello para favorecer a conciliación familiar durante o período de
vacacións académicas.
A celebración da que será xa a décimo quinta edición desta iniciativa reafirma a
aposta do goberno local por ofrecer unha alternativa de lecer saudable para a
mocidade. Dita aposta vese sempre acompañada pola resposta do público,
dado que na pasada edición o Campus Deportivo acadou o seu máximo
histórico con 334 solicitudes admitidas, implicando a asistencia de 129 mozos e
mozas máis que no 2022 e de 239 en relación ao 2021, dando mostra da
tendencia á alza desta iniciativa entre a veciñanza estradense.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O MOME acollerá esta tarde a presentación de Graduada Mixta. Bach a última obra de Fernando González Braña

Museo do Moble e da Madeira da Estrada acollerá este esta tarde, a presentación de Graduada Mixata. Bach a última obra do escritor cuntiense Fernando González Graña.

A cita, programada para as 20:30 horas, contará coa participación do autor, quen estará acompañado pola mestra Charo Bellot; o tamén mestre e escritor, Carlos Loureiro; e o ilustrador, Fernando González.

Ademais, a programación da xornada tamén incluirá unha breve lectura do libro por conta de Mavi Herrera e Chus Sánchez, así como unha actuación musical.

As persoas que desexen asistir poderán facelo de balde ata completar o aforo da sala.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada honra a Rosalía de Castro coa lectura de poemas e a presentación dun vídeo coa música da Banda da Loba

·       A xornada incluíu a lectura de poemas e a presentación dun vídeo institucional elaborado sobre o poema ‘Un pelouro que roda’.

O Concello da Estrada celebrou este serán unha xornada de homenaxe a Rosalía de Castro co gallo do 187 aniversario do seu nacemento.

O Teatro Principal foi o escenario escollido para levar a cabo as actividades coas que pór en valor a unha das figuras centrais para as letras e a cultura galega. A xornada vespertina deu comezo coa lectura de poemas por parte do alumnado dos centros educativos locais.

A continuación, foi presentado un vídeo institucional centrado no poema ‘Un pelouro que roda’, autoría da poetisa de Padrón.

A composición foi musicada e gravada pola agrupación ‘A Banda Loba’, xunto a diversos grupos de cativas e cativos que sumaron o seu gran de area na confección dun videoclip para o mesmo. A dirección do vídeo foi responsabilidade do realizador estradense Lucas Terceiro.

Na xornada participaron integrantes da agrupación musical responsable de poñerlle música ao vídeo, deleitando ao público congregado no Teatro Principal cunha interpretación.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A área de Xuventude pon en coñecemento da mocidade estradense o programa provincial +Xuventude

·       As asociacións xuvenís que así o desexen poderán realizar a súa solicitude ata o vindeiro 15 de marzo.

O Concello da Estrada, a través da área da Xuventude pon en coñecemento da mocidade local o programa +Xuventude, promovido pola Deputación de Pontevedra, ao cal poderán concursar ata o vindeiro 15 de marzo.

A liña de axudas, posta en marcha por vez primeira este ano, vai dirixida a asociacións xuvenís sen ánimo de lucro que sexan prestadoras de servizos dirixidos á mocidade e grupos formados por entre tres e oito persoas de entre 18 e 35 anos que queiran realizar proxectos de interese xeral e social.

As propostas deberán favorecer e promover o desenvolvemento persoal e comunitario; contribuír ao apoderamento xuvenil, á formación en valores, á consecución de hábitos saudables; e enriquecer a vida social, económica, científica e cultural da provincia.

O programa está dotado cun importe total de 100.000 euros e cada asociación que desexe concorrer ao mesmo poderá acceder a unha axuda cunha contía máxima de 5.000 euros. As persoas interesadas poderán obter toda a información na web provincial a través do enderezo www.depo.gal

A edil de Xuventude, Lucía Seoane, convida á mocidade da localidade a ser partícipe dunhas axudas “que axudarán á materialización de proxectos de gran interese para as nosas asociacións xuvenís e que á súa vez sumarán beneficios para o total da cidadanía”.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario