O alumnado do IES Nº1 e IES Antón Losada Diéguez visualizaron o filme "A praia dos afogados" na AGASP

mesmo título do escritor vigués Domingo Villar

O inspector Leo Caldas, interpretado por Carmelo Gómez, enfróntase a un
novo caso, despois de aparecer un cadáver aboiando nun areal da localidade
de Panxón, en Nigrán. A película rodada nesta localidade e noutras da Ría
de Vigo conta cun completo elenco de prestixiosos actores e actrices
galegos como Marta Larralde, Tamar Novas, Pedro Alonso ou Carlos Blanco.

Tráiler: https://vimeo.com/130748842

Con esta iniciativa, os centros organizadores pretenden achegar o cinema
relizado no noso idioma ao alumnado estradense, de cara a poñer en valor o
seu uso para calquera actividade social e cultural.

Esta entrada fue publicada en Educación e Sociedade. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta