Hai un ano, a nosa concelleira, Susana Camba, interpelaba no pleno ao alcalde sobre a grave situación de deterioro da Torre de Guimarei. Naquel entón, o alcalde indicou que falara coa familia propietaria e que se comprometeran a encargar un informe de situación a unha empresa especializada, así como das actuacións precisas para frear o deterioro deste ben patrimonial.
«Pasou un ano en nada se fixo», afirma a concelleira nacionalista, Susana Camba, «e a situación deste ben BIC é cada día peor». «Neste sentido, desde o BNG instamos ao alcalde a tomar medidas contra a familia propietaria deste ben patrimonial de todos os veciños e veciñas da Estrada», engade a concelleira nacionalista.
«Ter en propiedade un elemento BIC non só é un privilexio, senón tamén unha responsabilidade e non pode ser que pasen os días sen que nada se faga por consolidar a Torre, «afirma», «ao contrario, coa irresponsabilidade da familia propietaria e coa pasividade do alcalde, o único que se consolida é o deterioro deste ben patrimonial».
A concelleira nacionalista insta ao alcalde a actuar, «é hora de tomar medidas, legais, administrativas… as que sexa preciso para garantir a estabilidade e o futuro deste ben patrimonial de todos os veciños e veciñas».
É hora de tomar medidas para garantir o futuro da Torre de Guimarei
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.






































