A secretaria xeral de Política Territorial do Ministerio de Política Territorial, Miryam Álvarez Páez; o delegado do Goberno, José Miñones; o secretario xeral provincial do PSdeG-PSOE e delegado do Goberno na Zona Franca, David Regades, e o voceiro do PSdeG-PSOE na Estrada, Luis López Bueno.
Durante o acto falouse da Estratexia contra o Reto Demográfico do Goberno de España e da chegada dos fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia aos concellos de Galicia, incluíndo o plan de Banda Ancha do Goberno de España, que está facendo posible a conectividade. López Bueno fixo énfase na rápida estensión da fibra óptica no rural galego, “igualando oportunidades”, e mesmo apuntou que “hai algún alcalde do PP por aí tratando de atribuírse o mérito, dicindo que a fibra chega polas súas xestións, cando todo o mundo sabe que chega gracias aos recursos millonarios que está a poñer o Goberno de España”.
A xestión do Goberno de España a prol dos concellos, posibilitando que desenvolvan proxectos propios con financiamento europeo e o papel intermediador da Deputación de Pontevedra para que eses fondos cheguen aos concellos, foi tamén outro dos eixes da intervención; en contraposición a unha Xunta de Galicia que trata de absorber tódolos fondos europeos e bloquear a súa chegada ao mundo local. Neste eido destacáronse os 12,2 millóns de fondos europeos que xa teñen chegado á nosa provincia a través da Deputación, entre eles os 1,5 millóns do Plan de Sostibilidade Turística en Destino das comarcas do Deza e Tabeirós-Tera de Montes.
Miryam Álvarez tamén explicou o labor do Goberno de España en favor da cohesión territorial de España, tomando decisións en tódolos ámbitos para destensionar a política española e facilitar o diálogo e o entendemento con tódalas comunidades autónomas.