Festas de #SanPaio2023!
O Sábado foia quenda para a segunda xornada de festexos, marcada pola lectura do pregón a cargo de Olaia Maneiro, a quen, por suposto, xa consideramos unha estradense máis.
Moitas grazas, Olaia. Por facernos partícipes do teu amor pola nosa terra, pola nosa querida #AEstrada.
E agora toca gozar do fantástico concerto de TANXUGUEIRAS !
E isto non remata aquí nin moito menos, consulta toda a programación 
*PROGRAMA DE FESTAS PARA HOXE LUNS 26 DE XUÑO*
– *11:00* // Bombas de Palenque
– *11:00* // *Festa da Bicicleta* (Praza do Mercado)
– *11:00* // *Programa de Radio Estrada en directo* coa presentación do libro de *Pedro Pérez* Historia do Teatro Principal e outras salas da Estrada (Rúa Calvo Sotelo)
– *13:00* // Concerto da *Banda de Música Municipal de Santiago* (Teatro Principal)
– *14:00* // Concerto de *The Narts* (Zona dos Viños)
– *17:00* // *Día do neno acuático*: inclables de auga e festa da escuma (Praza do Mercado)
– *18:00* // Parque de Atraccións de Feira (Praza da Feira)
– *20:00* // *Misa Cantada na honra a San Paio pola* Coral Polifónica San Salvador de Camanzo e procesión a cargo da Agrupación Musical de Cornetas, Tambores e Gaitas ACOTAGA de Ferrol.
– *22:00* // *BIG BAND OBRADOIRO DE MÚSICA MODERNA CARLOS BARRUSO* (Praza do Concello)
– *23:15* // *MONOLIOUS DOP* en concerto (Praza do Concello)
– *00:00* // *ORQUESTRA EL COMBO DOMINICANO* (Praza de Galicia)












































