|
Comeza a conta atrás para que O Son dos Arrieiros inunde de música en directo as rúas do Concello da Estrada esta fin de semana.
A terceira edición deste festival de carácter gratuíto, organizado pola produtora musical dotbeat! conta co patrocinio da Xunta de Galicia e a colaboración do Concello da Estrada.
Con vontade continuísta, a organización aposta novamente por un evento paritario tanto enriba como debaixo do escenario e un cartel formado por máis dunha decena de artistas de diferentes tendencias musicais.
Este evento trata de ser un escaparate para recoñecer a valía de bandas e artistas noveis seleccionando as propostas máis xenuinas da nosa terra e integrándoas en espazos urbanos para poñer en valor a creación musical a plena luz do día.
En definitiva, O Son dos Arrieiros pretende amosar que é posible formular propostas de éxito en clave territorial e brindando a oportunidade de coñecer os cabezas de cartel do mañá que non teñen cabida en outros festivais.
A festa inaugúrase o venres 22 de setembro ás 20:30 horas na Rúa Calvo Sotelo co concerto de Carolina Rubirosa, unha das artistas con maior proxección de Galicia que presentará o seu novo e ambicioso disco «Tierra de Nadie».
Continúa o sábado 23 de setembro cunha extensa xornada de doce horas de música ininterrumpida ubicada íntegramente na carballeira do Campo da Feira. Dando o pistoletazo de saída ás 13:00 horas estará enriba do escenario Xacobeo o grupo Guezos, sucedidos ás 14:00 horas por Djow no escenario Galicia, as seguintes actuacións serán as de Rayo Taser (15:00 horas), o dj Maefield (16:00 e 18:00 horas), hydn (17:00 horas), Playa Desmayo (19:00 horas), Babykatze (20:00 horas), Malandrómeda (21:00 horas), Elba (22:00 horas), Boyanka Kostova (23:00 horas) e o broche final da dj residente do festival ás 00:00 horas con Señora dj.
|