O Son dos Arrieiros desembarcou coa súa terceira edición na Estrada esta fin de semana

 A terceira edición deste festival de carácter gratuíto, organizado pola produtora musical dotbeat! conta co patrocinio da Xunta de Galicia e a colaboración do Concello da Estrada.

Con vontade continuísta, a organización apostou novamente por un evento paritario tanto enriba como debaixo do escenario e un cartel formado por máis dunha decena de artistas de diferentes tendencias musicais.

 

Este evento trata de ser un escaparate para recoñecer a valía de bandas e artistas noveis seleccionando as propostas máis xenuinas da nosa terra e integrándoas en espazos urbanos para poñer en valor a creación musical a plena luz do día.

 

En definitiva, O Son dos Arrieiros pretende amosar que é posible formular propostas de éxito en clave territorial e brindando a oportunidade de coñecer os cabezas de cartel do mañá que non teñen cabida en outros festivais.

 

A festa inaugúrouse o venres 22 de setembro ás 20:30 horas na Rúa Calvo Sotelo co concerto de Carolina Rubirosa, unha das artistas con maior proxección de Galicia que presentará o seu novo e ambicioso disco «Tierra de Nadie».

 

Continúou o sábado 23 de setembro cunha extensa xornada de doce horas de música ininterrumpida ubicada íntegramente na carballeira do Campo da Feira.

Dando o pistoletazo de saída ás 13:00 horas estará enriba do escenario Xacobeo o grupo Guezos, sucedidos ás 14:00 horas por Djow no escenario Galicia, as seguintes actuacións serán as de Rayo Taser (15:00 horas), o dj Maefield (16:00 e 18:00 horas), hydn (17:00 horas),

Playa Desmayo (19:00 horas), Babykatze (20:00 horas), Malandrómeda (21:00 horas), Elba (22:00 horas), Boyanka Kostova (23:00 horas) e o broche final da dj residente do festival ás 00:00 horas con Señora dj.

Nesta tercera edición seguimos crecendo na calidade dos artistas programados, mostrando as novas tendencias  en todos os estilos, e apostando pola calidade da creación en Galicia.
O público segue apoiando o festival, ao que cada vez se achega máis xente de fora, e continuamos na escoita activa da audiencia para atopar a fórmula perfecta para que O son dos arrieiros se asente definitivamente no mapa de festivais de Galicia, declaraba a súa organizadora Patricia á este medio.

 

 

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.