Convocado o IX Premio de Textos TeatraisVarela Buxán coa finalidade de promover acreación de nova dramaturxia galega

 O prazo de recepción dos textos pechará o 31 de outubro e a
dotación económica será de 1.200 euros, ademais da
publicación da obra vencedora.

A Fundación Cultural da Estrada, a
través da Escola Municipal de Artes Escénicas, convoca o IX Premio de Textos
Teatrais Varela Buxán co obxectivo de estimular a creación de nova
dramaturxia galega.
Poderán concorrer ao certame todas aquelas persoas que o desexen,
presentando para tal os seus textos, os cales deben ser inéditos e estar
escritos en lingua galega.
O prazo de recepción de orixinais pechará o día 31 de outubro e a dotación
económica será de 1.200 euros, ademais da publicación da obra gañadora. A
organización escollerá un xurado de recoñecido prestixio presidido polo
dramaturgo Santiago Cortegoso, que emitirá o seu fallo antes do 31 de
decembro de 2023.
As persoas que o desexen poderán acceder ás bases da convocatoria nos
portais web aestrada.gal e emae.aestrada.gal

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.