O Teatro Principal acollerá o vindeiro 30 desetembro a estrea de Deadpan Karaoke, onovo espectáculo de Ibuprofeno Teatro

 A representación en primicia do décimo espectáculo da
compañía estrearase este sábado ás 20:30 horas, inaugurando
deste xeito a programación cultural de outono.
 Xa se poden retirar as entradas no departamento de Cultura do
Concello e tamén na propia billeteira do Teatro Principal a partir
das 20.00 horas do sábado.
 O edil de Cultura, Juan Constenla, xunto con Patricia Rodríguez,
directora da obra, e Marián Bañobre, intérprete, presentaron esta
mañá o espectáculo.

O Teatro Principal da Estrada acollerá
desde as 20:30 horas deste vindeiro sábado, 30 de setembro, a estrea de
Deadpan Karaoke, a nova proposta da compañía Ibuprofeno Teatro.
O concelleiro de Cultura, Juan Constenla, recibiu hoxe á directora da
representación, Patricia Rodríguez e á intérprete, Marián Bañobre na
presentación do que será o décimo espectáculo de Ibuprofeno Teatro.
A obra aposta por un equipo maioritariamente feminino para falar do amor na
sociedade contemporánea. A través da súa proposta sitúa ao espectador nun
karaoke que transita do real ao onírico, do cine á vida a través da música e da
sorpresa, construíndo un espazo participativo para “deixarse levar, para
atreverse e para cuestionarse”.
Deste xeito, Deadpan Karaoke supón unha viaxe a través do humor, da música
e do cine para tratar de descubrir se hai cabida para o amor nesta sociedade
tardocapitalista na que vivimos. A través do personaxe de Deadpan, que non
pode sentir nin expresar emoción, Marián Bañobre preséntanos cuestións que
ocupan aos filósofos e sociólogos contemporáneos.
O edil de Cultura, Juan Constenla, agradeceu a aposta da compañía por iniciar
na Estrada a andaina da obra dunha compañía “é unha marca consolidada no
sector das artes escénicas. Unha marca que aúna talento e calidade a partes
iguais e coa que colaboran grandes nomes da escena nacional” . Ademais, o
responsable de Cultura salientou que “unha estrea ten sempre ese plus
emocional que converte un evento teatral nun evento único, polo que non hai

 

escusas para non acompañar ás protagonistas do espectáculo nese día tan
importante para elas”

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.