A Estrada, berce de GastroTur, o salóndos recursos turísticos, gastronómicose deportivos nas Terras do Ulla

 Hoxe tivo lugar o acto de presentación do evento que terá lugar
o 17, 18 e 19 de maio de 2024 no Recinto Feiral da Estrada.
 Na iniciativa participan 20 concellos das provincias de
Pontevedra, Coruña e Lugo, integrados en sete xeodestinos.
 No acto de presentación participaron o alcalde da Estrada, José
López, a deputada provincial de Turismo, Nava Castro, o director
de AGACAL, José Luis Cabarcos, Cesáreo Pardal, presidente do
Clúster de Turismo, Cesáreo Pardal, Jesús Combarro, director
de Abanca Agro e Óscar Durán, edil de Promoción Económica,
Comercio e Emprego.

O salón de plenos da casa consistorial
acolleu hoxe a presentación de GastroTur, un proxecto impulsado polo
Concello da Estrada co apoio da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra
e a colaboración de Abanca.
No acto de presentación estiveron presentes o alcalde da Estrada, José López,
a deputada provincial de Turismo, Nava Castro, o director de AGACAL, José
Luis Cabarcos, Cesáreo Pardal, presidente do Clúster de Turismo, Jesús
Combarro, director de Abanca Agro e Óscar Durán, edil de Promoción
Económica, Comercio e Emprego.
O proxecto trátase dun salón dos recursos turísticos, gastronómicos e
deportivos nas Terras do Ulla que terá lugar o 17, 18 e 19 de maio de 2024 no
Recinto Feiral do Concello da Estrada.
‘GastroTur’, emprega o río Ulla como esqueleto vertebrador para dar a coñecer
as singularidades dos municipios que se bañan nas beiras deste río, sendo
unha iniciativa que busca ser escaparate da riqueza culinaria, turística e
deportiva converténdose nunha oferta innovadora dos distintos Concellos que
reivindican un mesmo nexo.
Un total de 20 concellos, 3 deputacións provinciais e sete xeodestinos
participan de xeito activo nun proxecto que busca consolidarse como un
potenciador turístico a través do cal o visitante poida mergullarse nas
potencialidades gastronómicas, deportivas e culturais destas localidades do
interior de Galicia.

Durante a súa intervención o rexedor estradense, José López Campos, definiu
o proxecto como “unha oferta turística ambiciosa que ven para quedar, para
medrar”. López Campos indicou que agora “hai que materializar o traballo que
levamos facendo desde hai moito tempo, traballo que hoxe nos permite
presentar un proxecto que implica turismo gastronómico, cultural e deportivo” e
do mesmo xeito asegurou que “estou convencido de que será un éxito
colectivo, a cooperación institucional foi clave para que hoxe GastroTur sexa
unha realidade”.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.