Avanzan a bo ritmo os traballos de mellorade accesos en diferentes puntos do rural estradense

• O concelleiro de Medio Rural, Gonzalo Louzao, comprobou o estado
das obras de mellora de accesos que se están a levar a cabo nos
lugares de Barco (Couso), Loureiro de Abaixo (San Xurxo de Vea),
Montillón de Arriba e Montillón de Abaixo (Souto).
• Na parroquia de Souto tamén se está a executar a construción dun
muro no local social de Montillón e mellorando o acceso a este.
• As actuacións integradas no proxecto están financiadas con cargo
ao Plan Concellos 2021 da Deputación de Pontevedra.

O Concello da Estrada dálle continuidade
ao seu plan de mellora de accesos nas parroquias grazas ao óptimo avance
destes traballos en diferentes núcleos do rural estradense.
O edil de Medio Rural, Gonzalo Louzao, desprazouse nas pasadas datas ata os
diferentes puntos nos que se están a desenvolver os traballos, próximos xa á
súa finalización, para comprobar o estado dos mesmos.
Deste xeito, o proxecto, financiado con cargo aos fondos do Plan Concellos 2021
promovido pola Deputación de Pontevedra, inclúe actuacións de mellora en
accesos con aglomerado e na recollida de pluviais nos lugares de Barco,
Montillón de Arriba e Montillón de Abaixo, na parroquia de Couso, e no lugar de
Loureiro de Abaixo, en San Xurxo de Vea.
Ademais, en Souto tamén se está a mellorar o acceso ao local social e estase a
edificar un novo muro.
O responsable da área de Medio Rural sinala que a través destas intervencións
“buscamos seguir mellorando a mobilidade no rural estradense, ofrecéndolle á
veciñanza as mellores condicións posibles”.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.