A Estrada reafirma a súa decididaaposta pola mellora da seguridadeviaria nos accesos dos centros de ensinanzas locais

 A actuación incluíu diferentes intervencións dirixidas á mellora da
seguridade no CEIP de Figueroa, no Pérez Viondi, na contorna dos
institutos e no Colexio Plurilingüe N. S. De Lourdes, no CEIP
Cabada Vázquez de Codeseda e no CEIP Plurilingüe de Oca, onde
os traballos remataron recentemente.
 Na actualidade tamén se está a levando a cabo tarefas de pintado e
sinalización no acceso á Escola Infantil Municipal.

O Concello da Estrada reafirma a súa
decidida aposta pola promoción da seguridade viaria no acceso aos centros
educativos de todo o termo municipal.
O plan de mellora levado a cabo polo goberno local ten por finalidade garantir
as mellores condicións de seguridade no acceso aos recintos educativos, tanto
para o tráfico rodado, como para os viandantes que transiten por estes
espazos, os cales rexistran unha gran afluencia, especialmente nas franxas de
saída e entrada do alumnado.
Deste xeito, no casco urbano actuouse no CEIP de Figueroa, no Pérez Viondi,
na contorna dos institutos e no Colexio Plurilingüe N. S. De Lourdes, onde se
repintaron os accesos, os pasos de peón, os bordos das beiravías e as zonas
de estacionamento.
Tamén se interveu no CEIP Cabada Vázquez de Codeseda, onde durante o
pasado mes de xullo se executaron tarefas de pintado, mentres que no CEIP
Plurilingüe de Oca finalizouse recentemente o pintado de elementos de
sinalización horizontal como pasos de peón, áreas de estacionamento de
autobuses e prazas de aparcadoiro para automóbiles.
Do mesmo xeito, estes días tamén se están executando traballos de pintado e
sinalización no acceso á Escola Infantil Municipal, que conta durante este curso
con 86 alumnos inscritos.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.